Celidonia: Especie de planta

A celidonia, ceruda ou herba da andoriña (Chelidonium majus), tamén coñecida como herba das espullas, herba leiteira, ciridonia ou ciridoña é unha planta herbácea perenne da familia das papoulas (Papaveraceae) de trinta a oitenta centímetros de altura, follas alternas de cor verde clara pola face e azulada polo revés, flores amarelas e froito en cápsula., que contén un zume cáustico usado en medicina  Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC e DRAGÉ a única especie do xénero Chelidonium.

Celidonia
Celidonia: Descrición, Hábitat e distribución, Principios activos
Chelidonium majus L.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Papaverales
Familia: Papaveraceae
Subfamilia: Papaveroideae
Tribo: Chelidonieae
Xénero: ''Chelidonium''
Especie: ''C. majus''
Nome binomial
Chelidonium majus
L.

En Galicia usábase para sandar as espullas. Existen datos clínicos que suxiren que podería ser eficaz no tratamento da dermatitis atópica.

Descrición

É unha herbácea perenne con rizoma carnoso do que xorden varios talos aéreos de até 80 cm de altura, moi ramificados e fráxiles. As follas, moi divididas, de 30 cm de longo, son alternas, pinnatisectas, con tres a cinco lobos irregularmente crenados, pinnatífidos e obtusos, glaucos polo envés e con numerosos pelos.

As flores aparecen en inflorescencias umbeliformes terminais, desde maio até outubro. O cáliz está formado por dous sépalos averdados, caedizos na antese. A corola, de 1,5 a 2,5 cm de diámetro, ten catro pétalos amarelos, cada un dun centímetro aproximadamente, e estames numerosos. O xineceo é bicarpelar, con ovario súpero que frutifica nunha cápsula alongada de tres a cinco centímetros de lonxitude con dehiscencia valvar. Toda a planta produce un característico látex alaranxado ao que se lle atribúen propiedades curativas das espullas.

As cápsulas do froito lembran a unha sílicua (ao abrírense caen as dúas valvas, ficando a zona das placentas coas sementes). As sementes son pequenas e negras, con arilo e eleosoma; este atrae as formigas, que espallan as sementes (zocoria).

Hábitat e distribución

Atópase en herbais, nitrófilos, en lugares sombrizos e frescos, especialmente en tapias, vertedoiros e muros vellos.

Celidonia: Descrición, Hábitat e distribución, Principios activos 
Flor

Planta orixinaria de Europa e da conca mediterránea. Tamén é común en Norteamérica, xa que foi introducida por colonos europeos, quen a usaban para curar as espullas xa en 1672. Toda a planta é tóxica, e contén varios alcaloides; pode causar dermatite, especialmente o zume.

Celidonia: Descrición, Hábitat e distribución, Principios activos 
Detalle das follas

Principios activos

  • Ácido chelidónico (gamma pirona dicarbónico) é un composto heterocíclico osixenado.
  • Alcaloides derivados da fenantridina (chelidonina, é a principal, cheleritrina e sanguinarina).
  • Derivados isoquinoléicos (protopina).
  • Alfa e beta allocriptopina
  • Berberina e substancias relacionadas (coptisina, stilopina).

Propiedades

Utilízase a planta enteira e o látex. Polo seu contido en alcaloides posúe propiedades antiespasmódicas, coleréticas e colagogas, hipolipemiante (ac. chelidónico), sedante do SNC, hipnótica, analxésica e antitusivo de acción central. Antiasmáticas, antivírico e antimitótica (sanguinarina e chelidonina).

Utilízase en uso interno en disquinesias de vías biliares, bronquites, asma, tose irritativa, etc.

O seu zume é cáustico e utilízase en uso externo para axudar a pechar feridas e contra espullas, calos e tumores.

A grandes doses, a inxestión da planta fresca e do látex, provoca somnolencia, parálise das terminacións nerviosas sensitivas e bradicardia. Recoméndase administrala mesturada con outras plantas, nunca soa pola súa toxicidade e non administrala en doses elevadas durante moito tempo (citotóxico a grandes dose debido á coptisina).

Taxonomía

Chelidonium majus foi descrita por Carl  von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 505–506. 1753.

Chelidonium: nome xenérico que deriva do grego chelidon = (andoriña), de acordo con Maurice Mességué porque as andoriñas frengan con algunhas partes os ollos que non se abriron aínda nas máis pequenas. O látex cáustico abre as tonas da pel permitindo ver ás andoriñas. En galego é coñecida tamén co nome común de herba andoriña ou herba da andoriña, que antigamente se cría boa para as enfermidades dos ollos. Este uso medicinal, que tamén se chegou a aplicar ás propias andoriñas , vén da antiga crenza de que os polos de andoriña nacían cegos pero a nai curábaos ao lles refregaren os ollos cun anaco desta herba .

majus: epíteto latino que significa "o máis grande".

  • Chelidonium haematodes Moench
  • Chelidonium laciniatum Mill.
  • Chelidonium laciniatum var. fumariifolium DC.
  • Chelidonium luteum Gilib.
  • Chelidonium murale P.Renault
  • Chelidonium olidum Tarscher. ex Ott
  • Chelidonium quercifolium Willemet
  • Chelidonium ruderale Salisb.
  • Chelidonium umbelliferum Stokes
    subsp. grandiflorum (DC.) Printz
  • Chelidonium cavaleriei H.Lév.
  • Chelidonium dahuricum DC.
  • Chelidonium grandiflorum DC.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Celidonia DescriciónCelidonia Hábitat e distribuciónCelidonia Principios activosCelidonia PropiedadesCelidonia TaxonomíaCelidonia NotasCelidonia Véxase taménCelidoniaPapaverPerenne

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Terceira InternacionalConil de la FronteraTeobrominaEva Iglesias MiguénsMarxismoLisboaMatriz (matemáticas)MarylandLiberdadeFervenza do ÉzaroBasilio Río BrenllaA EstradaAmérica do NorteLuis Fraga EgusquiaguirreLingua galegaTerence HillSylvester StalloneDitaduraRusiaTwitterJoaquin PhoenixCarlos de Matos GomesUltradereitaAzorGalería de imaxes de arañas de GaliciaTratado internacionalAymeric LaportePedrafita do CebreiroAntigo ExiptoFrancisco Llanos MasMetabolismoMarcos PereiroFernando AlonsoLiam NeesonCornizóHarry PotterGmailSydney Sweeney7 de febreiroRoscón de CaldasIndonesiaHermann Heinrich GossenBetanzosLuis ZaheraAníbal MalvarJosé SacristánO BierzoHototogisuA Trabe, San Román de Montoxo, CedeiraCastro CaldelasCapela SistinaMRevolución Rusa de 1917O Barco de ValdeorrasVómito (grupo musical)Miguel de MiguelJosé Pérez-ArdáEconomía de GaliciaCasa de BonapartePúrpuraFlorentino PérezHindemburg Melão Jr.Eva CárdenasMatriz identidadeDitadura do proletariadoLerma, BurgosManuel Monge🡆 More