Casa Da Moeda Real De Bélxica: Ceca oficial de Bélxica

4°21′40″L / 50.8510528, -4.36111

    Para outros artigos con títulos relacionados, véxase a páxina de homónimos Real Casa da Moeda

A Casa da Moeda Real de Bélxica (en francés: Monnaie royale de Belgique -MRB-; en neerlandés: Koninklijke Munt van België -KMR-) foi o establecemento público do Reino de Bélxica encargado da cuñaxe de moeda ata o cesamento da súa actividade en 2017.

Casa da Moeda Real de Bélxica
Monnaie royale de Belgique (MRB)
Koninklijke Munt van België (KMR)
Casa Da Moeda Real De Bélxica: Galería de imaxes, Notas, Véxase tamén
Edificio da
Casa da Moeda Real de Bélxica
TipoEstablecemento público de carácter industrial e comercial.
Fundación1832
Cesamento da actividade: 2017
LocalizaciónPachecolaan / Boulevard Pachéco 32.
Casa Da Moeda Real De Bélxica: Galería de imaxes, Notas, Véxase tamén Bruxelas.
Bélxica Bélxica.
IndustriaMetal.
ProdutosMoedas e medallas.
Na rede
http://www.europemint.eu/en_2.htm e http://europemint.eu/crbst_5_nl.html
editar datos en Wikidata ]

A Casa da Moeda Real de Bélxica data de 1832. Con anterioridade etablecérase, xa en 1567, a ceca dos Países Baixos, coa denominación de Munthuis ("Casa da Moeda") na cidade de Utrecht. Desde 1815, só se lle permitiu a esta ceca a cuñaxe das moedas do Reino Unido dos Países Baixos, xunto coa súa sucursal independente en Bruxelas. Logo da secesión belga en 1830, a casa da moeda de Utrecht mantívose como a única institución nos Países Baixos autorizada para cuñar moedas, en tanto que a sucursal de Bruxelas se converteu na Casa da Moeda Real de Bélxica.

As moedas producidas nesta factoría eran logo distribuídas polo Banco Nacional de Bélxica.

Na súa condición de empresa estatal, a ceca belga dependeu da Administración do Tesouro (Administration de la Trésorerie), baixo a autoridade do Ministerio das Finanzas.

Os seus eidos de actividade foron:

  • A cuñaxe das moedas belgas en circulación e as de colección.
  • A cuñaxe de moedas por encarga doutros países.
  • A cuñaxe de medallas e fichas de diversos tipos.

O edificio que albergou a Monnaie royale de Belgique está en Bruxelas, entre a estación Central e a estación do Norte, preto da Torre das finanzas (Tour des Finances).

O 23 de outubro de 2017, a Casa Real de Moeda de Bélxica realizou as súas derradeiras cuñaxes, xa que a partir desa data o Goberno belga decidiu encomendar a produción das súas moedas a unha compañía privada.

O 16 de maio de 2018, a prensa belga anunciou a emisión dunha moeda de 2,5 euros en latón coa imaxe do equipo nacional de fútbol do país, non cuñada por unha sociedade privada, senón pola Real Casa da Moeda dos Países Baixos, que será a encargada de realizar todas as cuñaxes conmemorativas de Bélxica.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Casa Da Moeda Real De Bélxica Galería de imaxesCasa Da Moeda Real De Bélxica NotasCasa Da Moeda Real De Bélxica Véxase taménCasa Da Moeda Real De BélxicaCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de series de televisión con versión en galegoSitio webEl laberinto del faunoPepsiCoSerra da GrobaJuan Manuel de PradaCelso Emilio FerreiroFollas novasManuel Vázquez OuteiriñoBen AffleckLola ÍndigoCunnilingusJosé Antonio Martín PallínPico SacroAlejandra PizarnikPanteón de Galegos IlustresPragaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoAcción Social (Mondoñedo)Víctor DupláUnión monetariaYouPornIraqSaramagoArturo Fernández (xornalista)Nova YorkAlcaldes da CoruñaFernando TatoCristina Fernández-BugallalPita do monteFederico García LorcaVacaRamiro CarregalXosé Manuel PiñeiroVinícius JúniorUsain BoltLingua galegaSistema operativoSunnismoPili PampínOs posesivos galegosClítorisBruce WillisLa Voz de GaliciaPortadaVogais da lingua galegaXílgaroPíntega comúnBritish AerospaceMullerAlakranaMarcos PereiroJuan Díaz PorlierCaínGaio (ave)ViñoMinneapolis, MinnesotaEstadio Municipal de BalaídosPablo DíazBilly ElliotVG-1.2Mercedes GallegoXosé Luís Méndez FerrínEstadio José Rico PérezRaphaelManchester City F.C.César Luis MenottiA Ponte Maceira, Portor, NegreiraIgnacio GarrigaRafael LouzánDakota FanningHércules de Alicante Club de FútbolAida PenaA CoruñaUnidade de procesamento gráfico🡆 More