Carreira Espacial

A carreira espacial foi a competencia entre os Estados Unidos de América e a Unión Soviética durante a guerra fría por desenvolver a tecnoloxía precisa para chegar ao espazo exterior e dominalo.

Orixes

En 1945, un grupo de científicos alemáns que traballaban no programa balístico do III Reich, encabezados por Wernher von Braun, rendéronse ás tropas americanas e foron trasladados a Huntsville (Alabama), onde se lles ofreceu continuar as súas investigacións. Despois da Vitoria en Europa, científicos rusos chegaron a Alemaña para avaliar a situación do programa alemán de foguetes. En setembro, Helmut Gröttrup e outros científicos alemáns, foron trasladados á URSS para retomar o programa alemán de míseis.

O 14 de outubro de 1947, Charles Yeager, piloto do X-1, rompeu a barreira do son. O 17 de setembro de 1948, os soviéticos lanzaron o R-1, versión do V-1 alemán. 24 de febreiro de 1949, o Bamper-5 americano alcanzou os 393 quilómetros de altitude. O 26 de abril de 1950 Serguei Korolev foi nomeado director do programa espacial soviético. O 18 de febreiro de 1953 a Academia de Ciencias da Unión Soviética fundou a Comisión Estatal para a Exploración do Espazo. Os americanos, co X-1A, estableceron un novo récord de velocidade (2.655 km/h) e altitude (27 km) en 1953.

En 1955, os EUA comezaron a desenvolver o proxecto Viking co obxectivo da posta en órbita dun satélite artificial. No verán de 1956, o X-2 estableceu unha nova marca nos 38 quilómetros de altura e 3.540 km/h. Comezou o programa Vanguard da Mariña dos Estados Unidos. No verán de 1957, o R-7 soviético (ICBM) completou con éxito as probas de lanzamento. Non obstante, o americano Atlas durou tan só 22 segundos no aire antes de estourar.

Carreira Espacial 
A cadela Laika.

Lanzamento de foguetes

O 4 de outubro de 1957, a Unión Soviética puxo en órbita o primeiro satélite artificial, o Sputnik 1. O 23 de outubro de 1957, a mariña americana volveu a fallar co foguete Vanguard. O 3 de novembro, o Sputnik 2, coa cadela Laika, foi satelizado con éxito. O instrumental a bordo constata que o animal sobreviviu á aceleración do lanzamento. O 6 de decembro un novo lanzamento do Vanguard americano durou tan só 2 segundos no aire.

O 31 de xaneiro de 1958, o Explorer-1 americano alcanzou a órbita. En febreiro a mariña volveu a fracasar co Vanguard. O 15 de maio, o Sputnik 3], primeiro satélite científico, foi satelizado sen novidade. O 1 de outubro, o congreso dos EUA creou a NASA. No aninovo de 1959, o Lunik-1 soviético foi o primeiro obxecto en abandonar a órbita terrestre. No mesmo ano, o Lunik-2 estrelouse contra a Lúa e o Lunik-3 transmitiu as primeiras fotografías da cara escura da Lúa á Terra. En abril de 1960, o Tiros-1 americano converteuse no primeiro satélite meteorolóxico. O primeiro satélite de posicionamento foi o Transit-1B americano. A mediados de maio, comezaron as probas do Vostok soviético. Belka e Strelka, dúas cadelas a bordo da primeira nave Vostok (Sputnik 5), aterraron e foron recuperadas con vida tralo voo espacial. O 31 de xaneiro de 1961, o programa Mercury foi estreado por un chimpancé chamado Ham. A URSS comezou a exploración de Venus co Venera-1.

Carreira Espacial 
Von Braun co Saturn V

O 12 de abril de 1961, Iuri Gagarin completou con éxito o primeiro voo orbital dun ser humano na cápsula Vostok. O 5 de maio, Alan Shepard na cápsula Mercury completou un voo suborbital, feito que foi promocionado pola NASA, como "o primeiro home libre no espazo". O 21 de xullo, Gus Grissom completa outro voo suborbital no Mercury. En agosto, o comandante Gherman Titov, pasou máis dun día na órbita terrestre a bordo do Vostok.

O 20 de febreiro de 1962, John Glenn foi o primeiro americano en completar un voo espacial, 10 meses despois da satelización de Gagarin. En agosto, produciuse o primeiro encontro espacial entre o Vostok-3 e o Vostok-4. Do 16 ó 19 de xuño de 1963, Valentina Tereshkova a bordo do Vostok-6 converteuse na primeira muller no espazo. En 1964, a URSS logrou o récord de tripulación dunha nave espacial, con tres persoas a bordo da nave Voskhod.

O 18 de marzo de 1965, o soviético Alexei Leonov foi o primeiro home en dar un paseo espacial. O 3 de febreiro de 1966, o Lunik-9 pousouse suavemente na superficie lunar. O foguete soviético Proton, o 10 de marzo de 1967, puxo en órbita ao redor da Lúa o Cosmos-146. Nese mesmo ano, o Saturno-V americano puxo en órbita o Apolo-IV (baleiro). Na noiteboa de 1968, o Apolo VII, con tres astronautas a bordo, rodeou a Lúa e volveu sen novidade.

Chegada á Lúa

Carreira Espacial 
Buzz Aldrin na superficie lunar.

O 20 de xullo de 1969, o Apolo-XI pousou a dous americanos na Lúa. O 11 de outubro, a Soyuz-6, Soyuz-7 e a Soyuz-8 protagonizaron a primeira manobra de tres naves xuntas, todas tripuladas. O 24 de abril de 1970, a China entrou na carreira espacial pondo en órbita o seu primeiro satélite artificial. O 22 de xullo a Venera-7 transmitiu información dende a superficie venusiana. O 17 de abril de 1971, a soviética Saliut-1 foi a primeira estación espacial. En 1972, Richard Nixon aprobou o orzamento para o desenvolvemento do transbordador espacial. En decembro, o Apolo-XVII, foi o sexto e último enxeño tripulado a aterrar na lúa. O 14 de maio de 1973, os EUA satelizaron a estación espacial Skylab, de tres tripulantes. En decembro, a Pioneer 10 americana chegou a Xúpiter.

En 1975 a Soyuz e o Apolo, xúntanse no espazo. A partir deste momento, darase por rematada a carreira espacial. A soviética Venera-9 transmitiu as primeiras imaxes da superficie venusiana. Un ano despois, as americanas sondas Viking transmitiron imaxes de Marte. En 1976, a URSS comezou a desenvolver o seu programa de transbordador espacial (o Buran). En 1977, o transbordador Enterprise comezou os seus primeiros voos. En 1979 o Pioneer 11 orbita Saturno. En 1981, o Columbia converteuse na primeira nave reutilizable. En 1988 o transbordador espacial Buran completou dúas órbitas en voo automático. O programa foi abandonado por falta de diñeiro.

A partir de mediados dos 80, moitos programas espaciais soviéticos foron apoiados pola NASA ou a ESA debido á escaseza económica. Mención especial merece a estación espacial MIR (paz), que ostenta o récord de permanencia en activo no espazo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Carreira Espacial OrixesCarreira Espacial Lanzamento de foguetesCarreira Espacial Chegada á LúaCarreira Espacial Véxase taménCarreira EspacialEspazo exteriorEstados Unidos de AméricaGuerra fríaUnión Soviética

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Cervo comúnJosé Manuel Pérez PenasHomosexualidadeMiñato comúnMasculino e feminino en galegoAzoresParadigmas dos verbos irregulares galegosREC (filme)José Manuel Rodríguez PuenteRelación sexual humanaDinhoFollaPartido Galeguista (histórico)Goián, TomiñoSantiago de CompostelaFrancisco Arriví LópezPremios da Cultura GalegaDani PedrosaAntón LouroPontevedraOurenseAlejandra SilvaTamara AndrésFesta dos maiosMera, OleirosEManuel Lois GarcíaLista de exónimos en galegoXosé Luís BernalFernando AlonsoAturuxo (folclore)Adrián CastiñeirasAlba ManceboDXabarilSaneamentoAmanda LearSilva bravaNoelia Rodríguez TraviesoLedicia CostasDiane LaneCoia, VigoAlfonso LáuzaraEduardo PondalLinuxJusto Martínez MartínezHenrique López VeigaRastroLuis ZaheraCarlos SedesMiguel Ángel Zabalza BerazaBrañaNosce te ipsumXosé Manuel PiñeiroJoseba Apaolaza1 de maioCindy CrawfordLugoDolores O'RiordanVilalbaSubstantivoManuel Taboada VigoUnión Soviética23Julián Iglesias del RíoXunta de GaliciaDaniel Carballo CodesidoMaría VázquezPediastrumMelónEspañaPrefectura de ShizuokaSarriaTonhito de PoiPoutaLingua casteláOrixe das aves🡆 More