Xosé Carlos Mella Villar, nado no Foxo (A Estrada) o 13 de agosto de 1930, é un economista, político e escritor galego.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Entrevista en Nós TV. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de agosto de 1930 (93 anos) A Estrada, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Dereito, Ciencias económicas |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Ensaio narrativa |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Estudou a carreira de dereito na Universidade Complutense de Madrid e ciencias económicas na Sorbona de París. Foi director xeral de política financeira do Goberno español, e profesor de Economía Política na Universidade Complutense.
Elixido deputado por UCD nas primeiras eleccións ao Parlamento de Galicia (1981), tras a desfeita de UCD nas eleccións xerais de 1982 liderou un grupo de oito deputados de UCD que pactaron con Alianza Popular entrar no goberno galego, converténdose Mella en vicepresidente para asuntos económicos o 7 de marzo de 1983 do goberno presidido por Xerardo Fernández Albor.
A decisión da Casa Real de designar a Domingo García Sabell para facer a ofrenda do Apóstolo do ano 1984 provocou o malestar do goberno galego ao considerar que o elixido debera ser o Presidente da Xunta. Carlos Mella, nunha rolda de prensa, manifestou que a Casa Real cometera un grave erro político e ofendera a Galicia; duramente criticado desde os medios políticos e de comunicación de Madrid, recibiu non obstante o apoio de Manuel Fraga e da prensa galega; o rei de xira en Suramérica decidiu volver antes de tempo e facer el mesmo a ofrenda poñendo fin á polémica.
Dimitiu por discrepancias con Xosé Luís Barreiro Rivas, o vicepresidente para asuntos políticos, en abril de 1984. Mella integrou o proxecto de partido nacionalista de centro, Coalición Galega co que consegue acta de deputado nas eleccións de 1986, posteriormente secundou a escisión que deu orixe ao Partido Nacionalista Galego, partido que abandonou xunto a Luís Cordeiro logo dunha serie de enfrontamentos que culminaron coa votación contraria do seu partido a unha emenda súa no que se creaba o Instituto de Crédito Galego. Quedou como independente na Cámara o resto da lexislatura. En 1994 encabezou a candidatura do BNG ao Parlamento Europeo, sen saír elixido.
Carlos Mella foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, porén só ocupou o cargo durante vinte días en xullo de 2001. En febreiro de 2013 foi nomeado presidente da Fundación Castelao en substitución de Avelino Pousa Antelo.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Mella |
Predecesor: Carlos Otero Díaz | Conselleiro de Economía, Facenda e Comercio 1983-1984 | Sucesor: Xaime Trebolle |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Carlos Mella, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.