O cancro de estómago ou cancro gástrico é un tipo de crecemento celular maligno producido con capacidade de invasión e destrución doutros tecidos e órganos , en particular o esófago e o intestino delgado, causando cerca dun millón de mortes no mundo anualmente.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
Nas formas metastásicas, as células tumorais poden infiltrar os vasos linfáticos dos tecidos, diseminarse aos ganglios linfáticos e, superando esta barreira, penetrar na circulación sanguínea, despois do cal queda aberto virtualmente o camiño a calquera órgano do corpo.
Cancro gástrico | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
ICD-10 | C16 |
ICD-9 | 151 |
OMIM | 137215 |
MedlinePlus | 000223 |
eMedicine | med/845 |
MeSH | D013274 |
GeneReviews | Hereditary Diffuse Gastric Cancer |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A pesar da diminución da incidencia do carcinoma nos últimos anos, esta enfermidade aínda é a causa de morte máis común por cancro en todo o mundo. A incidencia é moi variable por países. Por exemplo, nos Estados Unidos de América preséntase unha incidencia de 11,1, en Inglaterra de 22,1 e no Xapón de 100,2 por 100.000 habitantes. O que demostra a gran variabilidade que existe entre distintas rexións. A nivel mundial é a cuarta causa de casos novos de cancro por ano segundo un estudo do ano 2000, con 945.000 casos novos. O feito de que as poboacións que migran dun país con alta incidencia a outro onde é baixa mostren a partir da segunda xeración, un descenso significativo de casos de cancro gástrico suxire que a causa pode ser ambiental, e que existe un factor causal nos hábitos alimenticios. A pesar de que as diferenzas internacionais na incidencia son moi pronunciadas, as variacións con respecto ao sexo son escasas, pero é dúas veces máis frecuente en homes que en mulleres. A maior incidencia por idade encóntrase entre os 50 e 70 anos, cunha incidencia máxima arredor dos 60 anos, sendo infrecuente antes dos 30 anos. Petterson en 1987 nun estudo retrospectivo demostrou un incremento na incidencia de carcinomas da rexión do cardias. Por outra parte ; Meyer no mesmo ano publicou un descenso dos carcinomas da rexión antral. En Latinoamérica, Chile e Costa Rica destacan pola súa mortalidade de máis de 40 por 100.000 habitantes.
O cancro de estómago pode ser difícil de detectar nos seus inicios xa que acotío non presenta síntomas, e en moitos casos , o cancro xa está estendido cando se encontra. Cando ocorren os síntomas, son a miúdo tan discretos que a persoa non se preocupa por eles. Pode causar os seguintes efectos:
Calquera destes síntomas pode ser causado polo cancro ou por outros problemas de saúde menos serios, tales como un virus que afecta ao estómago ou unha úlcera. Polo tanto, soamente un médico pode determinar a causa real. Se unha persoa ten calquera destes síntomas debe visitar un profesional da medicina. Despois, este médico, pode enviar ao paciente a un especialista en problemas dixestivos. Será este último, o gastroenterólogo, quen diagnisticará e determinará exactamente o diagnóstico correcto.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Cancro de estómago, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.