Cafu: Futbolista brasileiro

Marcos Evangelista de Morais, coñecido como Cafu, nado en Itaquaquecetuba o 7 de xuño de 1970, é un exfutbolista brasileiro.

Foi 142 veces internacional coa selección brasileira, sendo o futbolista brasileiro con máis partidos como internacional. Coñecido pola súa velocidade e as súas enérxicas internadas pola banda dereita, está considerado un dos mellores laterais de todos os tempos, así como un dos mellores xogadores brasileiros e suramericanos da súa xeración.

Cafu
Cafu: Traxectoria, Vida persoal, Palmarés
Información persoal
Nome Marcos Evangelista de Morais
Nacemento 7 de xuño de 1970
Lugar de nacemento São Paulo
Altura 1,76 m.
Posición Lateral dereito
Carreira xuvenil
Nacional-SP
Portuguesa
Itaquaquecetuba
1988–1990 São Paulo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1989–1995 São Paulo 216 (33)
1995 Zaragoza 16 (0)
1995 Juventude 2 (0)
1995–1997 Palmeiras 81 (8)
1997–2003 Roma 163 (5)
2003–2008 Milan 119 (4)
Total 597 (50)
Selección nacional
1990–2006 España sub-17 142 (5)
Na rede
Twitter: officialcafu FIFA: 76824 UEFA: 27319 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

A nivel de clubs, gañou varios títulos nacionais e internacionais mentres xogaba no Brasil, en España e en Italia, e é coñecido sobre todo polos seus pasos polo São Paulo, Roma e Milan, equipos cos que fixo historia, aínda que tamén xogou no Zaragoza, Juventude e Palmeiras ao longo da súa carreira. En 1994 foi elixido Futbolista Suramericano do Ano, e en 2004 foi nomeado por Pelé na lista FIFA 100 dos mellores xogadores vivos do mundo. Ademais, foi incluído no FIFPro World XI en 2005, e en 2020 foi incluído no Dream Team do Balón de Ouro.

Disputou co Brasil catro Copas do Mundo (1994, 1998, 2002 e 2006) e é o único xogador da historia que participou en tres finais consecutivas do Mundial, gañando as edicións de 1994 e 2002, esta última como capitán. Tamén disputou catro edicións da Copa América, conseguindo o título en dúas ocasións, en 1997 e 1999. Ademais foi membro da selección brasileira que gañou a Copa Confederacións de 1997.

Traxectoria

Comezos

Naceu en Itaquaquecetuba, na rexión metropolitana de São Paulo, sendo un dos seis fillos de Célio de Morais e Cleusa Evangelista, e criouse na favela Jardim Irene de São Paulo. Aos sete anos ingresou nunha academia de fútbol e pronto pasou aos equipos xuvenís de Nacional-SP, Portuguesa e Itaquaquecetuba. Tamén xogou dous anos ao fútbol sala. A principios dos anos 80 foi rexeitado polas canteiras do Corinthians, o Palmeiras, o Santos, o Atlético Mineiro e o Portuguesa. Non foi ata 1988 cando entrou no equipo xuvenil do São Paulo, co que ese mesmo ano gañou o torneo xuvenil Copa São Paulo.

São Paulo

En 1989 debutou co primeiro equipo do São Paulo, co que xogou durante os seguintes cinco anos. Aínda que pasou á historia como lateral dereito, o seu mentor no equipo, o adestrador Telê Santana, probouno en varias posicións diferentes, incluída a dianteira, ata que a chegada ao conxunto paulista do lateral Vítor, fixo que Cafu fose recolocado no medio do campo, lugar ao que se adaptou con facilidade.

En 1991 conquistou tanto o Campionato Paulista como o Campionato Brasileiro, sendo titular en senllas finais, contra Corinthians e Bragantino respectivamente. En 1992 repetiu título paulista, realizando unha destacada actuación na final ante o Palmeiras, na que marcou un gol, repartiu dúas asistencias a Raí e provocou un penalti que converteu o propio Raí. Ese mesmo ano conquistou a súa primeira Copa Libertadores, derrotando na final ao Newell's Old Boys, despois dunha quenda de penaltis na que el mesmo marcou o cuarto e último lanzamento do seu equipo. O 13 de decembro gañou en Toquio a Copa Intercontinental, vencendo por 2-1 ao Barcelona de Cruyff.

En 1993 gañou unha segunda Copa Libertadores consecutiva, superando na final ao Universidad Católica de Chile, e uns meses despois tamén outra Copa Intercontinental, de novo en Toquio, derrotando ao Milan de Fabio Capello. Sumou ademais dous títulos da Recopa Suramericana (en 1993 e 1994) e un da Supercopa Libertadores (en 1993) En 1994 foi nomeado Futbolista Suramericano do Ano. Disputou un total de 272 partidos co São Paulo, marcando 38 goles.

Zaragoza

En xaneiro de 1995 trasladouse a España, onde fichou polo Real Zaragoza. Debutou na 19ª xornada da tempada 1994/95 da Primeira División, nunha derrota por 3-0 ante o Valencia en Mestalla, ingresando no campo na segunda metade para substituír a Fernando Cáceres. Co club aragonés conquistou a Recopa de Europa, pero non chegou a facerse totalmente coa titularidade, pechando o seu paso por España cun total de 19 partidos disputados, 12 deles dende o once inicial.

Cafu: Traxectoria, Vida persoal, Palmarés 
Cafu xogando no Milan.

Palmeiras

A continuación foi adquirido por Parmalat para incorporalo ao Palmeiras. Con todo, unha cláusula no contrato de venda do São Paulo ao Zaragoza, obrigaba ao pago dunha "multa" de 3,6 millóns de dólares se o xogador fichaba por algún club paulista antes de 1996. Mentres buscaban a forma de evitar o pago, Cafu foi enviado ao Juventude, club tamén patrocinado por Parmalat, co que disputou dous partidos do Campionato Gaúcho. Incorporado finalmente ao Palmeiras, o São Paulo recorreu á FIFA, que acabou obrigando ao Palmeiras ao pago dun millón de dólares.

Disputou máis de 100 partidos co club paulista durante os seguintes dous anos, e foi un dos piares do equipo na histórica tempada 1996. Dirixido por Vanderlei Luxemburgo e con xogadores como Cléber, Müller, Amaral, Flávio Conceição, Djalminha, Rivaldo e Luizão, o Palmeiras comezou marcando 13 goles nos dous primeiros partidos do Campionato Paulista, un preludio do que sería a tempada. O equipo verde completou un campionato para a historia, rematando en primeira posición con 83 puntos (récord aínda non superado), 28 máis que o segundo clasificado, o São Paulo. Marcaron a cifra récord de 102 goles en 30 partidos, 2 deles anotados por Cafu.

Roma

Cafu: Traxectoria, Vida persoal, Palmarés 
Cafu adestrando coa selección brasileira antes do Mundial de 2006.

En xullo de 1997 volveu a Europa, onde asinou contrato coa Roma. Militou durante os seguintes seis anos no club lacial, disputando máis de 200 encontros e gañando un campionato da Serie A e unha Supercopa italiana. Foi durante a súa época na Roma cando recibiu o alcume de Pendolino, en referencia á familia de trens italianos de alta velocidade. En 2003 perdeu a final da Copa Italia contra ao Milan, club polo que fichou xusto despois.

Milan

Co club lombardo gañou o seu segundo scudetto na tempada 2003/04, seguido da súa segunda Supercopa italiana, e en 2005 disputou a súa primeira final da Liga de Campións, caendo na quenda de penaltis ante o Liverpool. Na tempada 2006/07 o Milan clasificouse en primeiro lugar no grupo H da Liga de Campións, e a continuación eliminou sucesivamente a Celtic de Glasgow, Bayern de Múnic e Manchester United, para acadar unha nova final, outra vez contra o Liverpool, ao que desta vez conseguiu derrotar por 2-1.

Na seguinte tempada gañou a súa segunda Supercopa de Europa e tamén a Copa Mundial de Clubs da FIFA, o seu terceiro título mundial a nivel de clubs. O 18 de maio de 2008 disputou en San Siro o seu derradeiro partido como futbolista, marcando contra o Udinese o terceiro dos catro goles do seu equipo (4-1).

É membro dos Salóns da Fama tanto do Milan como da Roma.

Selección brasileira

Cafu é o futbolista con máis partidos na historia da selección brasileira (142) e o xogador brasileiro con máis partidos nas Copa do Mundo (20). Disputou catro Mundiais (1994, 1998, 2002 e 2006), portando o brazalete de capitán nos dous últimos e proclamándose campión dúas veces, en 1994 e 2002. É ademais o único futbolista que participou en tres finais da Copa do Mundo. Tamén ostentou o récord de máis partidos gañados nos Mundiais (15), antes de ser superado polo alemán Miroslav Klose no Mundial de 2014.

Cafu: Traxectoria, Vida persoal, Palmarés 
Cafu coa camiseta do Brasil en 2010.

Debutou coa selección brasileira nun amigable contra España o 12 de setembro de 1990 e chegou ao Mundial de 1994 como suplente. Na final disputada contra Italia en Pasadena, comezou o encontro dende o banco, pero entrou ao campo no minuto 21 para substituír o lesionado Jorginho. O equipo brasileiro acabou conquistando o título na quenda de penaltis despois de que non se marcasen goles no tempo regulamentario nin na prórroga.

Tralo Mundial dos Estados Unidos, Cafú pasou a ser un habitual nos onces iniciais do Brasil e participou da conquista de dúas Copas América (1997 e 1999) e da Copa Confederacións de 1997. Foi o lateral dereito titular na final do Mundial de 1998 no Stade de France, na que a vitoria foi para a selección francesa con dous goles de Zidane e outro de Petit.

Brasil sufriu para lograr a clasificación para o Mundial de 2002, durante a cal Cafú foi obxecto de fortes críticas por parte do seleccionador Vanderlei Luxemburgo, que o desposuíu da capitanía do equipo tras ser expulsado nun encontro diante de Paraguai. Pouco despois Luxemburgo foi substituído por Luiz Felipe Scolari, que lle deu o brazalete de capitán a Emerson. Este, con todo, acabou perdendo o Mundial ao dislocar un ombreiro pouco antes do comezo, polo que Cafú recuperou o brazalete. Disputou completos tódolos encontros do Mundial e fixo historia ao converterse no primeiro e único futbolista en disputar tres finais dun Mundial. Tras derrotar a Alemaña por 2-0 con dous goles de Ronaldo, ergueu o trofeo mundial mentres berraba para a súa muller as palabras "Regina, eu te amo!".

Catro anos máis tarde, Cafú e o Brasil non alcanzaron as altas expectativas creadas, ao caer nos cuartos de final ante Francia. O adestrador Carlos Alberto Parreira foi criticado por apostar demasiado por xogadores veteranos como Cafu e Roberto Carlos no lugar de xogadores máis novos. Cafu foi un dos poucos xogadores do equipo que falou coa prensa tras o regreso do equipo ao país no medio dunha sarabiada de críticas por parte dos afeccionados e dos medios brasileiros. O encontro ante Francia no Mundial foi a súa última aparición coa camisola da canarinha.

Características técnicas

Cafu: Traxectoria, Vida persoal, Palmarés 
Cafu coa camiseta do Milan en 2007.

Considerado como un dos mellores laterais de todos os tempos, un dos mellores futbolistas da súa xeración e un dos mellores xogadores brasileiros da historia, Cafu era un lateral dereito de corte ofensivo moi dinámico, traballador e enérxico, lembrado principalmente pola súa velocidade, resistencia, intelixencia táctica, distribución e habilidades técnicas, así como pola súa habilidade para subir pola banda dereita e colocar precisos centros aos compañeiros da área.

Ademais das súas habilidades futbolísticas, tamén era coñecido pola súa disciplina, liderado e polo seu carácter alegre. Aínda que adoitaba xogar como lateral dereito, tamén era capaz de xogar como central ou en posicións máis avanzadas, e moitas veces foi despregado como extremo dereito. Durante a súa estancia en Italia, recibiu o alcume de Pendolino, en referencia aos trens de alta velocidade do país.

Vida persoal

Casou con Regina Feliciano de Moraes, coa que tivo dous fillos, Wellington e Danilo Feliciano de Moraes, este último falecido aos 30 anos en 2019, vítima dun infarto.

Palmarés

Cafu: Traxectoria, Vida persoal, Palmarés 
Cafu na Copa América de 2019
    São Paulo
    Zaragoza
    Palmeiras
    Roma
    Milan
    Selección brasileira

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Cafu TraxectoriaCafu Vida persoalCafu PalmarésCafu NotasCafu Véxase taménCafu19707 de xuñoBrasilFútbolSelección de fútbol do Brasil

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Golfiño comúnGuerra civil españolapdwqjDelfínPaspallásCoordenadas xeográficasAdrenalinaO divino saineteÁlex FidalgoHans ZimmerJavier CasqueiroImperio BritánicoVicepresidencia do Goberno de EspañaLipoproteína de BraunCamilo Díaz BaliñoGalería de imaxes de arañas de GaliciaPDeportivo da CoruñaRaquel Castro MartínezOman AirEstadio de TammelaVerónica ForquéInglaterraRataMariano RajoyToxo arnalCanle (enxeñaría)Mártires de CarralFillas de CassandraJéssica BouzasPontellaBojan KrkićFC Ilves (feminino)Leyma1868Federico Jiménez LosantosXeración dos 80FranciaGerardo Pardo de VeraAmazonFrancisco Varela OuroDiáspora galegaManuel Lourenzo SobralCangasEva CárdenasFauna de GaliciaMoisés Rodríguez PérezLista de emperadores romanosOs vellos non deben de namorarseMiss Vaca (certame)DodroEmilio Pérez TouriñoXiros idiomáticos galegosTradescantia fluminensisPablo Escobar2020The HivesIbn al-AbbarDiego González RivasMarçal MolinéRosario Porto OrtegaAguia imperial ibéricaVincent van GoghRevolución dos CaraveisWikipediaVertoRicardo BeirasEstadio Municipal de RiazorMañónAltriLino LópezUniversidade de Santiago de CompostelaXXXTentacion🡆 More