Cabo De Palos

0°41′24″O / 37.636, -0.69

O cabo de Palos é un cabo situado no concello de Cartaxena, na Rexión de Murcia. Orograficamente, o cabo forma parte dunha pequena cordilleira de outeiros volcánicos que forman unha pequena península. Unha proba desta cordilleira son as illas próximas no mar Mediterráneo: illa Grosa e as illas Hormigas, así como as cinco situadas no mar Menor.

Cabo De Palos
Vista do porto de cabo de Palos.
Cabo De Palos
Faro de cabo de Palos.

A proximidade do mar Menor (palus ou lagoa en latín) é a que dá orixe á etimoloxía do lugar.

Historia

Segundo Plinio o Vello e Rufo Festo Avieno, sobre o promontorio do cabo houbo na antigüidade un templo consagrado a Baal Hammón, identificado logo polos romanos como Saturno.

No século XVI, no reinado de Filipe II construiose sobre o promontorio unha torre de vixilancia para defensa da costa contra os ataques dos piratas berberiscos.

En 1862 iniciouse a construción do actual faro que se alza ata os 80 metros de altura sobre o nivel do mar e 50 sobre o terreo situado na parte oriental do cabo, sobre un pequeno outeiro. Iluminouse por primeira vez o 31 de xaneiro de 1865.

O pobo de Cabo de Palos, foi na súa orixe un poboado de pescadores, aínda que hoxe é principalmente unha localidade turística coñecida pola súa gastronomía (en especial polo seu "Caldeiro do Mar Menor", receita local a base de arroz e peixes da zona, en particular o mero) e como destino de mergullo.

Cabo de Palos forma parte da Estación Náutica do Mar Menor, o que asegura ao turista que acode á zona unha ampla oferta en deportes náuticos, sobre todo o mergullo, en todas as épocas do ano, grazas ao clima cálido do sueste murciano e aos seus impoñentes fondos mariños.

A riqueza e bo estado de conservación dos seus fondos mariños motivaron a protección dos mesmos dentro da reserva mariña de cabo de Palos e Illas Hormigas.

Véxase tamén

  • Faro de cabo de Palos
  • Reserva mariña de cabo de Palos e Illas Hormigas

Ligazóns externas

Notas

Tags:

Cabo De Palos HistoriaCabo De Palos Véxase taménCabo De Palos Ligazóns externasCabo De Palos NotasCabo De PalosCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Nacho CastañoFactor de virulenciaCastro de BaroñaReino de InglaterraLáncaraCabraCowboy BebopComplemento directoExaculaciónPíntega comúnColumbia RecordsContactHandle SystemGalego-portugués2001AdhesivoStudio GhibliCarrizo (paxaro)Noite de WalpurgisFesta dos maiosFed CupOleirosRianxoVíctor DupláBlizzard EntertainmentVirtual ConsoleA Costa, MacedaPampallínOs mortos van á présaFernando Alonso2023BuxoLaosLugoWestworldDavid HilbertWarner Bros.DerivaciónRevolución CulturalO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoChete LeraMarina CastañoAlan RickmanXEsponxaPiñor, BarbadásTDictiotenoMorgadáns, GondomarDiocese de BritoniaRuxe RuxeBorja VereaSó na casaXogo da chavePaco LodeiroXosé Luís Franco GrandeA Pobra do BrollónSBeastie BoysA Ponte Maceira, Portor, NegreiraAlcalá la RealVerducido, A LamaPingüínsCommodore 64Manuel TurizoMaría José CaldelasAmador Vázquez VázquezVideoxogo de estratexia en tempo realSolsticio de veránXabier Deive🡆 More