Berilo

O berilo (do grego Βήρυλλος beryllos, aludindo á cor azul verdosa da augamariña) é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é Be3Al2(Si6O18) (contén un 15% de BeO, un 20% de Al2O3 e un 65% de SiO2).

Berilo
Berilo
Berilo variedade morganita
Fórmula químicaBe3Al2(Si6O18)
ClaseSilicatos
SubclaseCiclosilicatos
Sistema cristalinoHexagonal
CorIncolora, amarela, rosa, vermella, verde e azul
BrilloVítreo
Dureza7,5-8
FracturaConcoidea
ExfoliaciónImperfecta, segundo as caras da base
RaiaBranca
Densidade2,63-2,80 g/cm3

Aspecto

O berilo preséntase en forma de cristais hexagonais tabulares. Estes cristais hexagonais poden chegar a medir varios metros de lonxitude, mais os exemplares máis puros son os de tamaño máis reducido.

Variedades do berilo

Segundo sexa a súa coloración podemos diferenciar entre:

  • Augamariña, de cor azul verdosa.
  • Bixbito, de cor vermella.
  • Esmeralda, de cor verde.
  • Goshenita, é o berilo incoloro e puro.
  • Heliodoro, de cor amarela.
  • Morganita, de cor rosa.

Case tódalas variedades de berilo son consideradas pedras preciosas.

Lugares onde se atopa

É frecuente atopar berilos nas rochas de orixe pegmatítico e en filóns hidrotermais de calcita (como as esmeraldas de Colombia).

Os xacementos máis importantes do mundo son os de Austria, Alemaña e Irlanda (en Europa) e Madagascar (en África, cos seus famosos depósitos de morganita). Podemos atopar berilo, aínda que de moita menor calidade, no Monte Pedroso (Santiago de Compostela) e en Monterrei (Ourense).

Usos do berilo

O berilo utilízase para extraer berilio.

As variedades esmeralda e augamariña son as máis utilizadas como pedras preciosas.

Outros silicatos

Outros silicatos importantes son o cuarzo, o feldespato, a mica e a olivina, entre outros.

Notas

Tags:

Berilo AspectoBerilo Lugares onde se atopaBerilo Usos do beriloBerilo Outros silicatosBerilo NotasBeriloAugamariñaFórmula químicaLingua gregaMineralSilicato

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Hard GZPosición do coito lateralSalgueiroLeninismoStreptococcusLeopoldo RubidoLista de paísesAranésDía do LibroYolanda DíazMaría Antonieta de AustriaMy Little PonyMámoaVox populiElvira RiveiroMarcos PereiroVisigodosBaionaAntonio Crespo IglesiasSílvia OrriolsRomán Rodríguez GonzálezNuno García PicoLingua casteláEstrella GaliciaPaula GodinhoManuel Lago GonzálezVladimir PutinBarónAlejandra PizarnikCatedral de la Seu d'UrgellPRECLingua portuguesaDiáspora galegaXela AriasLista de xentilicios de concellos galegosAriadna Fernández GonzálezArcos, CuntisLareiraWikipedia en betawiCarlos CallónJulio IglesiasPrehistoriaMaceiraBispoFabiola GarcíaAlcaldes da CoruñaXesús Alonso MonteroGalaicosXavi HernándezQueiroaDepartamento de ApurímacGuillermo Alonso BarciaGres, Vila de CrucesYolanda CastañoUnión EuropeaQuerela das mulleresFlora invasora de GaliciaOs pronomes persoais galegosPaulino PereiroVasoiraRamiro CarregalBreixoViquingos en GaliciaAdejeRochoHarry PotterHeredeiros da CrusNintendo 64Lingua kusaalDisoluciónLuka ModrićSonia FerrerLuis Mateo DíezAguacatePablo PicassoOurensePremio Nacional de Literatura de España🡆 More