Belónidos

Os Belónidos ou agullas (Belonidae) son unha familia de peixes teleósteos, pertencentes á orde Beloniformes.

Son peixes tanto mariños como de auga doce, distribuídos en augas temperadas e tropicais.

Belónidos
Agulla (Belone belone)

Características

Teñen un corpo alargado e estreito, con ámbalas mandíbulas, superior e inferior, prolongadas formando un longo pico dotado de dentes afiados, excepto no xénero Belonion

As aletas dorsal e anal sitúanse opostas e en posición posterior, a dorsal con 11-43 raios e a anal, algo máis curta, con 12-39 raios; as pelvianas, con 6 raios, en posición abdominal e as pectorais son moi curtas; en calquera caso, sen espiñas nas aletas. Aleta caudal fendida, co lobo inferior algo máis longo có superior. A liña lateral percorre todo o corpo ó longo da marxe ventral, desde a súa orixe na aleta pectoral. As escamas son cicloides, pequenas (130-150 na liña lateral) e despréndense con facilidade.

Belónidos 
Agullas á venda.

Algunhas especies de auga doce non alcanzan máis de 6–7 cm de lonxitude, mentres que as especies mariñas poden chegar a medir ata 2 m (FishBase).

Viven na superficie da auga, polo que a súa coloración é verde ou azul no lombo e branco prateado nos costados e ventre; é común unha banda percorrendo o lateral, de cor azul escura ou moura. A punta carnosa da mandíbula inferior frecuentemente é vermella ou laranxa.

Son peixes carnívoros que se alimentan de pequenos peces que capturan lateralmente cos seus longos picos. Tenden a dar saltosa sobre a superficie e coñécense casos de persoas feridas cando son alcanzados accidentalmente, sobre todo de noite ó sentirse atraídos polas luces dos barcos.

A pesca representa un notable interese comercial. A carne ten bo sabor, aínda que non sempre son apreciados por cousa da cor verde da espiña.

Clasificación

Divídense en 10 xéneros con 34 especies:

  • Xénero Ablennes (Jordan e Fordice, 1887)
  • Xénero Belone (Cuvier, 1816)
  • Xénero Belonion (Collette, 1966)
  • Xénero Petalichthys (Regan, 1904)
  • Xénero Platybelone (Fowler, 1919)
  • Xénero Potamorrhaphis (Günther, 1866)
  • Xénero Pseudotylosurus (Fernández-Yépez, 1948)
  • Xénero Strongylura (van Hasselt, 1824)
  • Xénero Tylosurus (Cocco, 1833)
  • Xénero Xenentodon (Regan, 1911)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Belónidos CaracterísticasBelónidos ClasificaciónBelónidos Véxase taménBelónidosBeloniformesFamilia (bioloxía)Orde (bioloxía)Teleósteos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

SanxenxoO incerto señor Don HamletBandeira de GaliciaManuel JaboisMinneapolis, MinnesotaAlfabeto galegoPardes, Laraño, Santiago de CompostelaCelestino Carbia CampañaBandeira AzulCaso Asunta BasterraZíngaroCopa da CostaMaría LadoPilar RubioÁreas lingüísticas do galegoLista de programas de Televisión EspañolaAresCanóns do SilProxyLorena González GuerreroOurizo cachoTito AsoreyChe GuevaraFisterraLugares de SantisoRelación sexual humanaEsther EstévezIslandiaGuimarãesJacobo BucetaShinovaOurenseDwight D. EisenhowerCrime de honraWolfgang Amadeus MozartSex and the CityCarballoOpinaSéchu SendeEstatuto de autonomía de Galicia de 1936Sigüeiro, Oroso, OrosoLista de palabras galegas de orixe celtaComplemento directoXHamsterPneumáticoXogo da chaveCélula de ClaraCastro de Punta do BicoBrad PittGalego-portuguésRibeiras de Lea, Castro de ReiCerdeiraMeninxitePontevedraCanadáPaul GauguinReikiSilledaLista de nomes femininos en galegoSantiago Tirado SerénSegunda guerra mundialLinda EvangelistaSexo analDía da NaiFrancisco Porto MellaDía das Letras GalegasMúsica tradicional galegaOllos de augaCristina MaróRodrigo CorralesRusiaTECOR societario🡆 More