Balaenoptera: Xénero de mamíferos

Balaenoptera é un xénero de cetáceos misticetos da familia dos balenoptéridos, único da subfamilia dos balenopterinos (Balaenopterinae).

Balaenoptera
Balaenoptera: Taxonomía, En Galicia, Notas
Balaenoptera physalus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Mysticeti
Familia: Balaenopteridae
Subfamilia: Balaenopterinae
Gray, 1864
Xénero: Balaenoptera
Lacépède, 1804
Especies
    Véxase o texto
Sinonimia
    Véxase o texto

Este xénero comprende oito especies de rorcuais, todas as da familia excepto o xibardo (Megaptera novaeangliae) que, por si só, constitúe a outra subfamilia, a dos megapterinos (Megapterinae).

A especie Balaenoptera omurai foi descrita en 2003.

Taxonomía

Descrición

O xénero Balaenoptera foi descrito en 1804 polo Wiki Galegozoólogo francés Bernard-Germain de Lacépède na páxina 114 da súa obra Hist. Nat. Cetacees.

Etimoloxía

Lacépède construíu o termo Balaenoptera a partir dos elementos do latín científico Balaen-, tirado do latín bālæna, 'balea' (que, á súa vez, deriva do grego antigo φάλαινα phálaina), e -ptera, derivado do grego antigo πτερόν pterón, 'á' (intercalando un -o- para facilitar a pronuncia), en alusión ás longas aletas pectorais das súas especies. Literalmente: 'as baleas con ás'.

Sinónimos

Ademais de polo nome cuñado por Lacépède, o xénero coñécese tamén polos sinónimos seguintes:

Clasificación

O xénero Balaenoptera comprende as sete especies (oito, para algúns autores) seguintes:

En Galicia

En augas próximas ás nosas costas, segundo a biibliografía dispoñíbel, pódense encontrar varias especies do xénero Balaenoptera.

Na Lista patrón de vertebrados de Galicia da SGHN, publicada no Tomo I da Xeografía de Galicia dirixida por Pérez Alberti, aparecen as dúas especies seguintes (indícanse os nomes vulgares galegos propostos):

  • Balaenoptera physalus – rorcual de Bryl
  • Balaenoptera borealis – rorcual boreal

Pola súa pare, no Vocabulario multilingüe dos profesores Lahuerta e Vázquez, cítanse (o que no quere dicir que forzosamente teñan que frecuentar augas galegas, senón só que teña nome no noso idioma), relaciónanse as seguintes:

  • Balaenoptera acurrostrata – rorcual alibranco
  • Balaenoptera musculus – rorcual azul
  • Balaenoptera edeni – rorcual de Bryde ou balea de Bryde
  • Balanoptera physalis – rorcual común
  • Balaenopterus borealis – rorcual de pintas

Finalmente, na moderna Guía dos mamíferos de Galicia, os seus autores, Díaz d'a Silva e Cartelle, consideran catro especies (e inclúen os catro mapas de distribución correspondentes):

  • Balaenpotera acurrostrata – balea alibranca
  • Balenoptera borealis – balea de pintas
  • Balaenoptera musculus – balea azul
  • Balaenoptera physalus – balea común

Nota: sobre os nomes galegos destes rorcuais (ou baleas) véxase o artigo Balenoptéridos e a súa páxina de conversa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Balaenoptera TaxonomíaBalaenoptera En GaliciaBalaenoptera NotasBalaenoptera Véxase taménBalaenoptera

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Joan de NovoaIES PerdouroPratos combinadosLa Voz de GaliciaNoelia ReyO MariscalProduto interior brutoNuno García PicoLípidoMaría VázquezRevolución dos CaraveisOpenGLFeiracoChaira abisalBelén Regueira45Javier LosadaCasto Sampedro FolgarAnagnórise (novela)Manuel Miñones BarrosVagalumeMontsiàTCondónFauna de GaliciaPneumáticaSamuel JuárezSexoIrmandiñosCasinoBrasilEleccións municipais en ArteixoAlfabeto galegoMoinanteEstados membros da Unión EuropeaContigo PódeseXIrmandades da FalaAlejandro Mon Landa LandaXunta de GaliciaMar TirrenoSingapurEmiratos Árabes UnidosTelevisión de Galicia5Lista de episodios de O detective ConanQuintaElisa LoncónFausto CercignaniDiálogoSistelo, Arcos de ValdevezPepe CoiraMalores VillanuevaChus PatoAxoloteTimeBoiro NovoExtremo, Arcos de ValdevezCarlos PajaresSisteloFilipe I de CastelaThe ArtistTrazaCastiñeiroMesopotamia1999Juan Almeida de Sousa e SaaCaixa de HockettMáis alá!Marcos PereiroJosé Luís Valladares FernándezTrasnoAciñeira🡆 More