Axencia Mundial Antidopaxe

A Axencia Mundial Antidopaxe (AMA, e WADA nas súas siglas inglesas) é unha organización non gobernamental independente que financia, educa e sensibiliza na loita contra a dopaxe.

Foi creada o 10 de novembro de 1999 en Lausana (Suíza) como consecuencia dunha iniciativa colectiva liderada polo Comité Olímpico Internacional. A súa sede actual áchase en Montreal (Canadá). O actual presidente é Richard W. Pound (Canadá), que ostenta o cargo dende 1999.

Axencia Mundial Antidopaxe
AcrónimoAMA e WADA
Tipoorganización sen ánimo de lucro e anti-doping organization
Data de fundación10 de novembro de 1999 e 1999
Presidente/aWitold Bańka (en) Traducir (2020-) Editar o valor em Wikidata
SedeTour de la Bourse
EnMontreal
PaísCanadá
45°30′03″N 73°33′43″O / 45.500833333333, -73.561944444444
Na rede
http://wada-ama.org e https://www.wada-ama.org/fr
Facebook: wada.ama Twitter: wada_ama Instagram: wada_ama LinkedIn: wada Youtube: UC214Daj40byFBBLWvDQ8eDw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

Como consecuencia do caso Festina, o primeiro grande escándalo que sacudía o mundo do ciclismo coa revelación dunha dopaxe a grande escala, o Comité Olímpico Internacional decidiu convocar unha xuntanza de todos os estamentos deportivo para pórlle fin ao mal da dopaxe. Esta conferencia internacional desenvolveuse en Lausana entre o 2 e o 4 de febreiro de 1999 e tivo como consecuencia escrita a Declaración de Lausana sobre a dopaxe no deporte. Esta declaración tivo efecto con carácter inmediato e deu lugar á creación dunha axencia internacional contra a dopaxe que debía estar operativa para os Xogos Olímpicos de Sydney 2000.

En 2001, a AMA decidiu mudar as súas oficinas principais a Montreal, que foron inauguradas en 2002.

Obxectivos e accións

O obxectivo inicial que se marcou a AMA durante o seu primeiro ano de funcionamento foi o de lanzar un programa de controis non sistemáticos fóra da competición e antes dos Xogos Olímpicos de Sydney, así como de organizar un grupo de expertos independentes que estarían encargados de emitir un informe sobre as actividades de control antidopaxe durante os xogos australianos. En moitos casos, os controis realizados fóra de competición eran os primeiros que se realizaban con esas características nos deportes específicos.

O seguinte obxectivo, xa pasados os Xogos, foi o de harmonizar as regras antidopaxe que existían, con moi diversa fondura e carácter, nas distintas federacións deportivas internacionais e nos distintos comités olímpicos nacionais. Como fin deste proceso de consolidación, convocou a AMA a segunda conferencia mundial sobre a dopaxe no deporte, que se celebrou en Copenhague en marzo de 2003. Este conclave xuntou máis de 1200 participantes, dos que 80 representaban a gobernos. Ao remate da conferencia, os seus integrantes aprobaron por unanimidade o Código Mundial Antidopaxe. Este Código foi adoptado polo COI en 2003, para o que houbo de emendar a Carta Olímpica.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Axencia Mundial Antidopaxe HistoriaAxencia Mundial Antidopaxe Obxectivos e acciónsAxencia Mundial Antidopaxe Véxase taménAxencia Mundial Antidopaxe10 de novembro1999CanadáComité Olímpico InternacionalDopaxeLausanaMontrealOrganización non gobernamentalSuíza

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

José Manuel Pérez PenasVómito (grupo musical)Xabier DeiveMarín25NarónSSica RomeroManuel Lois GarcíaAnniken HuitfeldtMarta DarribaMucha e NuchaLuísa VillaltaMelónVíctor MosqueiraZoe SaldanaVictoria Álvarez Ruiz de OjedaFauna de Galicia1Gran Premio de Acerbaixán de 2023Polbo á feiraAntonio Muñoz MolinaCoalición GalegaAlternativa por ArzúaÁlex FidalgoEscáncerMera, OleirosVertoSantoalla do Monte, PetínO Alto do Castiñeiro, Narón, NarónFreixoFragas do EumeAcerbaixánFamilia CaamagnoPansexualidadeXabarilMofa e BefaTraxe galegoIraqPimpín comúnGerardo Pardo de VeraBaltar, MelideAmeixa (froito)Flora invasora de GaliciaLonga noite de pedraTerra Chá (poemario)Ana RomaníCangasMiguel Ángel Zabalza BerazaDugongoEsgonzo comúnFranciaGalería de imaxes de GaliciaKarim BenzemaO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoBAguiño, RibeiraAL-VLAxolotePontevedraPosición do canTamara CanosaCandorcaPena Verde, Rebordondo, CualedroPartido Galeguista (histórico)Festa dos maiosLista de nomes femininos en galegoAlba ManceboPablo López JiménezI2Os ÁnxelesHarry Belafonte🡆 More