Artur I Da Bretaña: Nobre bretón, fillo póstumo de Godofredo II, duque da Bretaña

Artur I (en bretón: Arzhur Iañ; francés: Arthur Ier de Bretagne), nado o 29 de marzo de 1187 en Nantes e finado o 3 de abril de 1203,,, foi o fillo póstumo de Godofredo II da Bretaña e de Constanza, duquesa da Bretaña e condesa de Richmond.

Artur I
Duque da Bretaña
Artur I Da Bretaña: Traxectoria, Notas, Véxase tamén

Reinado11961203
Nacemento29 de marzo de 1187
Nantes
Falecemento3 de abril de 1203 (16 anos)
Castelo de Ruán ou Cherburgo (especulación)
PredecesorConstanza da Bretaña
SucesorAlix de Thouars
ProxenitoresGodofredo II da Bretaña
Constanza da Bretaña

Na rede
WikiTree: Plantagenet-154 Find a Grave: 26789678 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Primeiros anos

Foi proclamado duque da Bretaña pola súa nai Constanza da Bretaña e os grandes en 1196, ducado asociado a Constanza, que era a duquesa herdeira. Foi educado na corte de Filipe Augusto, que o protexeu da cobiza do seu tío Ricardo Corazón de León. Porén, este nomeouno herdeiro do trono inglés á súa morte en 1191, relegando ó seu irmán máis novo Xoán sen Terra. Mais Filipe Augusto foi máis hábil: en 1198, convenceu ós nobres bretóns para que enviasen a Artur á corte francesa co obxectivo de ser educado alí, por ser o seu vasalo, o cal representaba unha clara amenaza para Ricardo, pois sendo Artur o seu herdeiro, este, educado polo rei francés, acabaría por volverse na súa contra. Evidentemente o rei inglés lembraba os amargos momentos que lle fixo pasar ó seu pai Henrique II cando era o herdeiro, e non quería que isto se repetise. Ricardo decidiu desherdar a Artur e nomeou novo herdeiro ó seu irmán Xoán. Porén, o herdeiro lexítimo de Ricardo era Artur, por evidente liña sucesoria (ó ser o fillo do irmán inmediatamente menor do rei). Isto ocasionou unha grave confusión en Inglaterra.

Perda da coroa

Ó morrer Ricardo (1199), Artur debía ser o sucesor do defunto rei, mais estando ausente do país, Xoán sen Terra aproveitou a ocasión para proclamarse rei, apoiado pola súa nai Leonor de Aquitania, que lle cedeu a rexencia do ducado de Aquitania. Os nobres do condado de Anjou proclamaron como conde a Artur, co apoio do rei de Francia, mentres que os nobres de Normandía e os propios ingleses recoñeceron a Xoán como o seu soberano. Porén, ó ser derrotado o novo rei inglés, decidiu pactar co monarca francés cedéndolle algúns terreos e unha abondosa compensación económica. En troques, o rei de Francia retirou o seu apoio a Artur deixándolle só o ducado da Bretaña como feudo vasalo de Xoán sen Terra. En 1201, ó morrer a súa nai, Artur asumiu o goberno do ducado da Bretaña.

Morte

No marco da guerra, Artur intentou secuestrar á súa avoa, Leonor de Aquitania, no castelo de Mirebeau, achegado a Poitou. Esta pediu axuda ó seu fillo Xoán, que derrotou o exército francés do duque da Bretaña na batalla de Mirebeau e Artur foi apresado polo cabaleiro Guillerme des Roches e encarcelárono primeiro en Falaise e logo en Ruán, onde Xoán sen Terra tratou de obrigalo a renunciar ás súas pretensións ó trono inglés, primeiro con ameazas, e logo segundo algúns, mediante a tortura. Ninguén sabe que ocorreu con Artur despois diso. Segundo os anais de Margam, o 3 de abril de 1203: «Logo de que o rei Xoán capturase a Artur e mantivese vivo en prisión algún tempo no Castelo de Ruán... cando Xoán estaba bébedo e posuído polo demo, matou a Artur coas súas propias mans e, atando o corpo a unha pedra pesada, botouno no Sena». Porén, o oficial que comandaba a fortaleza de Ruán, Huberto de Burgh, declarou ter entregado a Artur por volta da Pascua de 1203 ós axentes do rei para ser castrado e que Artur morreu dunha conmoción. Máis tarde, Huberto retractouse e declarou que Artur aínda estaba vivo, pero ninguén o volveu con vida, e a suposición do seu asasinato causou unha rebelión contra o rei Xoán na Bretaña e despois en Normandía. Ademais de Arturo, Xoán tamén capturou á súa sobriña, Leonor, primeira doncela da Bretaña, que permaneceu prisioneira o resto da súa vida.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Carley, James P.; Riddy, Felicity, eds. (1998). Arthurian Literature XVI. D.S. Brewer. 
  • Everard, J. A. (2004). Brittany and the Angevins: Province and Empire 1158–1203. Cambridge University Press. 
  • Gillingham, John (1984). The Angevin Empire. Hodder Arnold. 
  • Legge, M. Dominica (1982), "William the Marshal and Arthur of Brittany", Historical Research, volume 55
  • McAuliffe, Mary (2012). Clash of Crowns: William the Conqueror, Richard Lionheart, and Eleanor of Aquitaine. Rowman & Littlefield Publishers, Inc. 
  • McDougall, Sara (2017). Royal Bastards: The Birth of Illegitimacy, 800-1230. Oxford University Press. 
  • Powicke, F. M. (outubro de 1909), "King John and Arthur of Brittany", The English Historical Review, volume 24, pp. 659–674
  • Seel, Graham E. (2012). King John: An Underrated King. Anthem Press. 

Tags:

Artur I Da Bretaña TraxectoriaArtur I Da Bretaña NotasArtur I Da Bretaña Véxase taménArtur I Da Bretaña1187120329 de marzo3 de abrilConstanza da BretañaGodofredo II da BretañaLingua bretoaLingua francesaNantes, Francia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Montse DopicoPegaManuel FragaLuka ModrićShan TaoReal Club Celta de VigoLisboaFrancisco PazosIasir ArafatPLobernoJosé Luis ValladaresLingua casteláSete Sabios da Fraga de BambúEstados Unidos de AméricaHLA-DMTuiJosé Manuel LageZakat al-FitrBugalloMonforte de LemosDjalminhaGame Boy AdvanceMediaWikiLogroñoAC-101Francisco FrancoFalange EspañolaImmanuel KantCarlos García BayónGran Guerra IrmandiñaMontañésLuísa VillaltaLuís MenorUrueñaJoe BidenComarcas de GaliciaContactLucas VázquezPartido Nazonalista Republicán de OurenseMáquina comecartosCopia por contactoBrieva, ÁvilaSistema operativoAterínidosAsunta Basterra PortoXabarín ClubRafael Rodríguez VillarinoNormandía1890Os ÁnxelesOurensePonte das PíasJosé Galera MorenoDolores IbárruriAngelina JolieBeatriz MatoDavid BustamanteLeBron JamesCastelo de PambreManuel Lugrís FreireEstíbaliz EspinosaUniversidade de Santiago de CompostelaNee BarrosTeoAlfonso Basterra CamporroEl laberinto del faunoPatricia Argerey VilarVilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de ArousaDistritos de PortugalMasturbación🡆 More