Ducado Da Bretaña

O Ducado da Bretaña (en bretón: Dugelezh Breizh, e en francés: Duché de Bretagne) é o conxunto político que sucedeu despois dos reinos da Bretaña unificándoos, na Alta Idade Media na Bretaña (Francia).

Modelo:Xeografía políticaDucado da Bretaña
Duché de Bretagne (fr) Editar o valor em Wikidata
Ducado Da Bretaña
Ducado Da Bretaña
Imaxe

Localización
Ducado Da Bretaña
Ducado Da Bretaña Editar o valor em Wikidata
CapitalNantes
Rennes Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua usadalingua bretoa
Lingua gala
lingua francesa
lingua latina Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación939 Editar o valor em Wikidata
Disolución1547 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernofeudal monarchy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoEstates of Brittany (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata

Historia

Empezou no século IX e disolveuse no ano 1532 ao unirse ao reino de Francia. O personaxe máis destacado foi a duquesa Ana da Bretaña (Nantes, 25 de xaneiro de 1477 - Blois, 9 de xaneiro de 1514), que foi duquesa titular da Bretaña e por dúas veces raíña consorte de Francia.

Soberanos da Bretaña

Reino da Bretaña (séc. IX - séc. X)

Os carolinxios someteron aos bretóns no século VIII, pero as diversas expedicións organizadas durante os reinados de Carlomagno e Ludovico Pío mostran que os bretóns permaneceron insubmisos. En 831, Ludovico Pío cambiou de estratexia: pactou con Nominoe, un nobre bretón ao que fixo conde de Vannes, e nomeouno missi dominici para os territorios bretóns. Nominoe é considerado o Pai da Patria bretoa. Os seus sucesores até a invasión normanda noméanse reis da Bretaña. A lista de reis da Bretaña á a seguinte:

  • Erispoe (851-857)
  • Salomón I (857-874)
  • Pascweten (874-877)
  • Iudicael (877-888)
  • Alan I (890-907)
  • Gourmaelon (908-913)

Ducado da Bretaña (séc. X - séc. XVI)

Ducado Da Bretaña 
A Kroaz Du (Cruz Negra), estandarte do ducado da Bretaña desde o século XIV.

A pesar da soberanía nominal francesa, o ducado foi case independente até 1532, ano en que foi incorporado definitivamente a Francia. Os duques da Bretaña até 1532 foron:

Dinastía de Nantes

O ducado naceu en 936, ao final da ocupación normanda da Bretaña. Alan II, neto do último rei da Bretaña, Alan I, liberou o país do xugo normando e converteuse no primeiro duque da Bretaña.

Dinastía de Rennes

Dinastía de Cornualla (1066-1203)

  • Hoel de Cornualla (1066-1084), casado con Havoisa
  • Alan IV Fergent (1084-1119)
  • Conan III (1119-1148)
  • Bertha (1148-1154)
    • Eudon II de Porhoet (1148-1154), casado con Berta, rexente (1148-1154)

Dinastías de Penthièvre, Plantagenet e Thouars

En 1154, o conde de Cornualla, Hoel, herdou o condado de Nantes e, en 1066, casou con Havoisa, herdeira do ducado da Bretaña. O poder ducal durante a dinastía de Cornualla non foi moi forte até a intervención dos Plantagenet, condes de Anjou, duques de Normandía e reis de Inglaterra: en 1171, Henrique II de Inglaterra organizou o casamento do seu moi xove fillo Godofredo (morto en 1186) coa moi xove herdeira do ducado, Constanza (morta en 1201). Henrique II, co título de baillistre (rexente) foi o verdadeiro duque da Bretaña de 1166 a 1186, e o rei Ricardo I de Inglaterra, de 1186 a 1199.

  • Conan IV o Negro (1154-1166), fillo de Berta e Alan o Negro, conde de Richmond (1154-1166, abdicou)
  • Constanza da Bretaña (1166-1201), filla de Conan IV, nacida ao redor de 1161
  • Godofredo II Plantagenet (1181-1186), casado con Constancia
  • Artur I da Bretaña (1196-1203), fillo de Constancia e Godofredo Plantagenet
  • Guido de Thouars (1199-1201, e 1203-1213), casado con Constanza, e despois rexente da súa filla
  • Adelaida ou Alix (1203-1221)

Dinastía de Dreux (1203-1341)

A vitoria dos reis de Francia contra os Plantagenet provocou consecuencias na Bretaña. Despois da morte de Artur I, Filipe Augusto organizou o casamento da herdeira, Alix (filla de Constanza e do seu terceiro marido, Guido de Thouars) cun francés, Pedro de Dreux (Pedro I Mauclerc).

  • Alix (1203-1221), filla de Constanza e Guido de Thouars (rexente desde 1203), casada con Pedro de Dreux en 1213
  • Pedro I Mauclerc (1203-1236), casado con Alix (rexente 1221-1236, renunciou)
  • Xoán I da Bretaña (1236-1286)
  • Xoán II da Bretaña (1286-1305)
  • Artur II da Bretaña (1305-1312)
  • Xoán III da Bretaña (1312-1341)

A guerra de sucesión da Bretaña (1341-1364)

Despois da morte sen descendencia de Xoán III houbo un conflito entre Xoana de Penthièvre, sobriña de Xoán III, esposa de Carlos de Blois, apoiada polo rei de Francia, e Xoán de Montfort, medio irmán do duque, apoiado polo rei de Inglaterra. Xoán de Montfort morreu en 1345, pero Eduardo III de Inglaterra continuou a guerra na Bretaña, dirixida desde o 1352 por "tenentes xenerais" e capitáns ingleses.

Esta longa e devastadora guerra concluíu en 1364, coa vitoria en Auray dun exército dirixido por John Chandos e o fillo de Xoán de Montfort, tamén chamado Xoán. Carlos de Blois morreu durante esta batalla. Tras o tratado de Guérande (1365), Xoán de Montfort foi recoñecido como duque da Bretaña, vasalo do rei de Francia; Xoana de Penthièvre conservou o seu dominio.

Dinastía de Montfort (1364-1491)

Ducado Da Bretaña 
Cadière da duquesa Ana da Bretaña (1498)

Ducado Da Bretaña 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Ducado Da Bretaña HistoriaDucado Da Bretaña Soberanos da BretañaDucado Da BretañaAlta Idade MediaBretaña (histórica)FranciaLingua bretoaLingua francesa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Apollo 11Rapa das bestasAWStatsFestas MinervaisEleccións municipais de 2015 en GaliciaLoureiroVertoCultura castrexaIllas BalearesXinzo de LimiaEuropaVacaPatacaEstrutura terciaria das proteínasQuenllaCouto MixtoMesopotamiaInstituto de Montes do PennJosé Juan FigueirasAlfonso ZarauzaTrigoRomaLaosNavarraEstatística15Calendario persaJosé CoronadoConverxencia Nacionalista GalegaGloteRaposoCasinoErros e TánatosBoiro NovoValderreiReino UnidoAlcaldes da CoruñaLuís RubidoHells AngelsAbraham BobaRamón NicolásOrquídeaDólar EisenhowerAlberto Luis DíazO MariscalReino de Castela8KurdistánTelescopioLionel MessiRotacismoXosé Antonio TouriñánLista de monarcas de GaliciaPaspallásO incerto señor Don HamletJosefina Ling LingMarián Ferreiro DíazManuel Curros EnríquezManuel Gago MariñoUManuel CabezasJimmy GaroppoloMichael JacksonAníbal MalvarurlCecilia BaenaA borracheira na cultura popular galegaMoncho ReboirasAnselmo López Carreira2008Negra sombra🡆 More