Na mitoloxía grega, Ares (en grego Ἂρης, home, conflito) era o deus da guerra, fillo de Zeus e Hera e un dos deuses olímpicos.
Os romanos chamábano Marte.
Cando Halirrotio violou a Alcipe, filla de Ares e Agraulo, Ares matouno, polo que foi levado a xuízo: o primeiro xuízo por asasinato da historia. Foi absolto. Entre os seus compañeiros estaban a súa irmá Eris, os seus fillos Fobos e Deimos e Enio. A Ares acompañábao un séquito que incluía a Dor, o Pánico, a Fame e o Esquecemento. A pesar de ser inmortal, era moi sensíbel á dor e acudía correndo onda o seu pai, Zeus, cada vez que era ferido. Foi adorado principalmente en Tracia.
Ares deu a Hipólita o cinto que logo lle arrebataría Heracles.
Unha noite, mentres mantiña relacións sexuais con Afrodita (que era esposa de Hefestos), Ares puxo a un mozo chamado Alectrión á súa porta para que os gardase. Pero este quedou durmido e Helios, o sol, sorprendeu á parella. Ares transformou a Alectrión nun galo, que dende entón anuncia a chegada do sol pola mañá.
Durante a Guerra de Troia, Diomedes loitou con Heitor e viu a Ares loitando no bando troiano. Diomedes pediu ós seus soldados que se retirasen lentamente. Hera, nai de Ares, viu a interferencia deste e pediu permiso a Zeus, para apartar a Ares do campo de batalla. Hera animou a Diomedes a atacar a Ares e este lanzou a súa lanza contra o deus. Atenea guiou a lanza ata o corpo de Ares, que ruxiu de dor e fuxiu ó monte Olimpo, o que obrigou ós troianos a retirárense.
Aínda que foi importante na poesía e na mitoloxía, Ares foi raramente obxecto de adoración. E era case sempre venerado en conxunción con outros deuses: por exemplo, compartía un templo con Afrodita en Tebas.
Homero chamouno nalgunhas ocasións:
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ares |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Ares (deus), which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.