Antonio Azarola

Antonio Azarola Gresillón, nado en Tafalla en 1874 e finado en Ferrol o 4 de agosto de 1936, foi un militar navarro, executado polos sublevados ós poucos de comezar a Guerra Civil.

Infotaula de personaAntonio Azarola
Antonio Azarola
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Antonio Azarola y Gresillón Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Antonio Azarola Gresillón Editar o valor em Wikidata
18 de novembro de 1874 Editar o valor em Wikidata
Tafalla (Primeira República Española) Editar o valor em Wikidata
Morte4 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Antonio Azarola Ministro de Mariña de España
14 de decembro de 1935 – 19 de febreiro de 1936
← Francisco Javier de Salas González (en) TraducirJosé Giral → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial da armada Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarArmada Española Editar o valor em Wikidata
Rango militarcontra-almirante (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsEmilio Azarola (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Dende novembro de 1934, era segundo xefe da Base Naval de Ferrol e xefe do seu Arsenal. Foi subsecretario do Ministerio de Mariña e posteriormente ministro do mesmo departamento no gabinete presidido por Manuel Portela Valladares dende o 30 de decembro de 1935 ao 19 de febreiro de 1936, o último antes das eleccións de febreiro de 1936. Baixo o seu ministerio produciuse o último Plan Naval antes do estalido da Guerra Civil (11 de xaneiro de 1936), no que se prevía a construción de dous destrutores, dous canoneiros e outros barcos menores.

Aínda que ao producirse a sublevación na Base do Ferrol, o 20 de xullo, o contralmirante Azarola adoptou unha actitude vacilante, finalmente inclinouse por non tomar parte na sublevación, polo que ao triunfar esta en Ferrol, foi detido, sometido a xuízo sumarísimo e condenado a morte por:

...un delito de abandono de destino do Xefe do Arsenal ante rebeldes e sediciosos, inhibíndose nas súas funcións, retirándose ás súas habitacións particulares e opoñéndose a que se declarase o estado de guerra nesta praza.

O contraalmirante Azarola declarou no xuízo que, aínda que simpatizaba cos propósitos da sublevación, non podía quebrantar os seus principios militares:

...consideracións de carácter militar impedíanme en absoluto o sumarme a un acto que consideraba sedicioso (aínda que inspirado nas máis nobres intencións).

Foi fusilado ás seis da mañá do 4 de agosto, no cuartel de Dolores. Os seus restos atópanse enterrados no cemiterio de Vilagarcía de Arousa.

A súa sobriña Amelia Azarola Echevarría estaba casada co aviador falanxista Julio Ruiz de Alda, que foi asasinado no Cárcere Modelo de Madrid o 23 de agosto de 1936.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Laruelo Roa, M.: Muertes Paralelas. El destino trágico de los prohombres de la República.

Ligazóns externas

Tags:

Antonio Azarola TraxectoriaAntonio Azarola Véxase taménAntonio Azarola187419364 de agostoFerrolGuerra civil españolaNavarraTafalla

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

FranciaJuan Carlos Rodríguez CebriánAntón LouroLingua casteláPoallaLago ComoGrupo NósHidrografía de GaliciaTNarónDugongoProduto interior brutoA carta roubadaSubstantivoColocación do pronome átono en galegoHTTPNava CastroCampionato de España de segunda categoríaPremio Antón Losada DiéguezAhí ven o maioLagarto arnalEscáncerProvincia de PontevedraA BañaPedro NimoÁcido oxalacéticoFlora invasora de GaliciaFala de EstremaduraMiniTribadismoCira, SilledaMucha e NuchaAsa ga KuruEduardo PondalLista de programas de Televisión EspañolaEleccións municipais en TouroRede neural artificialWikiBetanzosVertoMadridManuel LourenzoQue me queres, amor?MoldaviaRubiáMatrimonio entre persoas do mesmo sexoAcerbaixánGalipediaSarriaIulia DrúninaEva Iglesias MiguénsYouTubeManuel CabezasAtaque EscampeHomosexualidadeMaría JamardoPilar BahamondeÁnxel CasalLobiosRevolución galega de 1846Xinzo de LimiaEspazo ComúnXosé Luís Franco GrandeTino SaquésManuel Taboada VigoPimpín común1Xosé Ramón Gayoso2Xoán (nome)Elena CandiaTraxe galegoAntonio Muñoz Molina🡆 More