Angoulême é un concello do departamento Charente e da rexión de Poitou-Charentes, Francia, atravesado polo río Charente.
Ten 43.100 habitantes (1999).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Aquitania-Lemosín-Poitou-Charentes | ||||
Departamento | Charente | ||||
Distritos | Arrondissement of Angoulême (en) | ||||
Cantón | canton of Angoulême-Est (en) | ||||
Capital de | Charente canton of Angoulême-Nord (en) canton of Angoulême-Ouest (en) canton of Angoulême-Est (en) Arrondissement of Angoulême (en) Angoumois (en) canton of Angoulême-2 (en) (2015–) canton of Angoulême-3 (en) (2015–) canton of Angoulême-1 (en) (2015–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 41.086 (2021) (1.880,37 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921151 Q3550913 | ||||
Superficie | 21,85 km² | ||||
Bañado por | Rio Charente (pt) | ||||
Altitude | 100 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Xavier Bonnefont (pt) (2014–) | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2019–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 16000 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Turda (pt) Hoffman Estates (pt) Ségou (pt) Vitoria Hanoi Chicoutimi (pt) Gelendzhik (pt) Bury (pt) Hildesheim (1965–) | ||||
Páxina web | angouleme.fr | ||||
Angoulême (Iculisma) conquistouna Clodoveo I aos visigodos no ano 507, os normandos conquistárona no século IX. En 1360 polo Tratado de Brétigny pasou a poder inglés, pero foron expulsados en 1373 polas tropas de Carlos V de Francia, que deu á cidade numerosos privilexios. Durante as Guerras de Relixión resultou duramente afectada, en especial en 1568 cando os protestantes a capturaron. O condado de Angoulême data do século IX, a liñaxe de William Taillefer retivo o condado ata o século XII. Pasou ao rei Xoán de Inglaterra polo seu matrimonio coa filla do Conde Adhémar. En 1220 pasou á familia Lusignan, condes de Marche. En 1302 pasou á coroa. En 1394 o condado pasou á casa de Orleáns, un dos seus membros, Francisco I de Francia, converteuse en rei de Francia en 1515.
Conserva numerosos edificios medievais, entre eles a catedral de Saint-Pierre (século XII).
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O alcalde de Angoulême é Xavier Bonnefont, do conservador Unión por un Movemento Popular, que en 2014 substituíu o socialista Philippe Lavaud.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Angoulême, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.