Anders Jonas Ångström: Físico sueco

Anders Jonas Ångström, nado en Medelpad o 13 de agosto de 1814 e finado en Uppsala o 21 de xuño de 1874, foi un físico e astrónomo sueco.

Infotaula de personaAnders Jonas Ångström
Anders Jonas Ångström: Físico sueco
Biografía
Nacemento13 de agosto de 1814 Editar o valor em Wikidata
The iron factory Lögdö bruk, Suecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xuño de 1874 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Uppsala Cathedral Assembly, Suecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio vello de Uppsala, Kvarter: 13 Gravplats: 0666 59°51′20″N 17°37′37″L / 59.855523, 17.626852 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Uppsala Editar o valor em Wikidata
Director de teseHenrik Falck (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico , astrónomo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorObservatório Astronômico de Uppsala (pt) Traducir
Universidade de Uppsala Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enAnaliza spektralna Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sueca Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoCarl Gustaf Lundquist (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAugusta Carolina Bedoire
FillosKnut Ångström (pt) Traducir, Anna Augusta Ångström (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJohan Ångström (pt) Traducir e Carl Arendt Ångström (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Ångström-20 Find a Grave: 188119324 Editar o valor em Wikidata
Anders Jonas Ångström: Físico sueco
Anders Jonas Ångström.

Traxectoria

Estudos e formación

Educado na Universidade de Uppsala, onde en 1839 comeza a dar clases de física. En 1842 trasládase ao Observatorio de Estocolmo para adquirir práctica en astronomía, ao seu regreso a Uppsala dirixe o Observatorio astronómico da cidade. Interesado no magnetismo terrestre fixo moitas observacións da intensidade e declinación magnética en varias zonas de Suecia, e a Academia de Estocolmo encargoulle o traballo de investigar as observacións magnéticas obtidas pola fragata sueca Eugénie na súa viaxe arredor do mundo en 1851-1853. En 1858 foi nomeado catedrático de física de Uppsala.

Actividades

O seu traballo máis importante ten relación coa condución da calor e coa espectroscopia. No seu traballo sobre óptica Optiska Undersökningar, presentado diante a Real Academia das Ciencias de Suecia en 1853, non só indicou que unha faísca eléctrica produce dous espectros superpostos, un do metal do eléctrodo e outro polo gas no que ocorre, senón que deduciu a partir da teoría da resonancia de Leonhard Euler que un gas incandescente emite raios luminosos coa mesma capacidade refracción que os que pode absorber. Esta afirmación constitúe o principio fundamental da análise espectral, o que o coloca como un dos fundadores da espectroscopia.

A partir de 1861 dedicouse a investigar o espectro solar. A súa combinación do espectroscopio coa fotografía para o estudo do sistema solar resultou no descubrimento de que a atmosfera solar contiña hidróxeno (1862), e en 1868 publicou o seu gran mapa do espectro solar normal en Recherches sur le spectre solaire, incluíndo medicións detalladas de máis de 1000 liñas espectrais.

En 1867 foi o primeiro en examinar o espectro da aurora boreal.

Para expresar as lonxitudes de onda utilizou como unidade de medida a 10−10 m (dezmillonésima parte dun milímetro) e na súa honra coñécese como Ángstrom (Å), empregado para expresar lonxitudes de onda das radiacións e dimensións atómicas.

O seu fillo Knut Ångström investigou a radiación solar.

Tags:

13 de agosto1814187421 de xuñoAstrónomoFísicoMedelpadSueciaUppsala

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Iria MorgadeXosé Ramón Fernández-OxeaMamen MendizábalConcellos de GaliciaCrime de honraCanle (enxeñaría)Galería de imaxes de arañas de GaliciaPoboMarina CastañoLiga Feminina de BaloncestoAntón FraguasTito AsoreyArredor de siAntolín FaraldoDies iraeCopia por contactoLista de castelos de PortugalHeviRoberto SalgueiroCastro de Punta do BicoRevolución dos caraveisSete Sabios da Fraga de BambúAna María Fernández MartínezISBNDiego Rivas RegoDía das Letras GalegasDaniel BasteiroMarta Fernández-TapiasFebreiroIrúnProvincia da CoruñaJuan Carlos Rodríguez CebriánAC-960Silvia SuperstarPeníscolaCuruxa comúnÁngel CarracedoTeixeiro, Curtis, CurtisSistema solarMaría a BalteiraOrraca de Galicia, Castela e LeónElena CandiaMustafa Kemal AtatürkPonte das PíasBerrogüettoHistoria dos eslavos do surXosé Luís Méndez FerrínThibaut CourtoisGuerras púnicasAcademia Chinesa de CienciasLuís MenorMoinantePobo galegoXHamsterMaría do Socorro Ortega RomeroMela CasalMontse DopicoCastañolaVladimir PutinDonicelaAccidente de ChernóbilCódigo QRRexionalismo galegoMarçal MolinéRaoul VázquezApóutegaPonteareasDiego Martínez PenasErros e TánatosSalvador García-BodañoEduardo Blanco AmorCharles MansonIrene FerrerasTráfico de influenciasC++NerónInstagramReal Federación Española de Fútbol🡆 More