Ángstrom: Unidade de lonxitude; equivale a 0,1 nanómetros

O ángstrom (ångström) é unha unidade de lonxitude equivalente a 10−10m.

Utilízase principalmente para expresar a lonxitude de onda das radiacións e o tamaño dos átomos. A súa abreviatura é Å.

Ángstrom: Unidade de lonxitude; equivale a 0,1 nanómetros
Anders Ångström

O seu nome é en honra do físico sueco Anders Jonas Ångström, un dos fundadores da espectroscopía.

O ángstrom non é unha unidade do sistema internacional de medidas. Porén, é considerada unha das unidades útiles para responder a necesidades específicas de certos campos científico-técnicos. A publicación El Sistema Internacional de Unidades SI da Oficina Internacional de Pesos e Medidas, editada polo Centro Español de Metroloxía e dispoñible en formato dixital, inclúeo na Táboa 8 (Outras unidades non pertencentes ao SI), e di:

O ångström utilízase amplamente na cristalografía de raios X e en química estrutural porque todos os enlaces químicos se encontran no rango de 1 a 3 ångströms. Con todo, o ångström non foi sancionado oficialmente polo CIPM nin pola CGPM.

Advirte que certas unidade de medida non pertencentes ao SI aínda aparecen en publicacións científicas, técnicas e comerciais , e que continuarán en uso durante moitos anos. Porén, tamén sinala que na ciencia débese ter a liberdade de utilizar ás veces ditas unidades se se considerase conveniente, aínda que a inclusión de tales unidades nos seus textos non implica a recomendación do seu uso.

Equivalencias

  • 1 Å= 1 x 10−10 m = 0,1 nm
  • 1 nm = 10 Å
  • 1 Å = 100 pm

Notas

Tags:

Lonxitude de ondaMetroRadiaciónÁtomo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingCory DoctorowToxo arnalPortugalIlyushin Il-76Partido políticoMichelle ObamaJosé Sueiro LópezBud SpencerTapa (peixe)HototogisuTerence HillRefreyJosé Manuel Lage1401Michael Jackson1917Daniel de la SotaFrancisco Llanos MasEspañaRoscón de CaldasAnxo ArcaAdolf HitlerBenito KamelasEdiciones AgoeiroNarónHindemburg Melão Jr.A.C. MilanGmailXabier DíazXogoAníbal MalvarHargeisaNewcastle upon TyneCandela PeñaAlicúnExaculaciónBenito SotoArvo PärtTamara CanosaGoogleRaposo comúnGlenn Research CenterNoite de San Xoán (Fonoteca 92)Clara AndradaGerardo Pardo de VeraLista de castelos de PortugalEurocopa de FútbolTratado internacionalTom HanksDiáspora galegaDavid HarperPortomarínQandeel BalochLista de palabras galegas de orixe celtaFútbol gaélicoCanle (comunicación)David BroncanoTeobrominaÁreas lingüísticas do galegoSanxenxoPanteón de Roma2024Primeira guerra mundialSexo analLucas TorreiraGrupo NósArzúa🡆 More