Amoeba

Amoeba (ameba) é un xénero de protozoos sen forma definida formadores de pseudópodos e uninucleados da familia Amoebidae.

    Este artigo trata das amebas do xénero Amoeba, para as células con forma de ameba en xeral ver ameboide.
Amoeba
Amoeba
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Amoebozoa
Filo: Tubulinea
Orde: Tubulinida
Familia: Amoebidae
Xénero: Amoeba
Bory de Saint-Vincent, 1822
Especies
  • Amoeba gorgonia Pen.
  • Amoeba limicola Rhumb.
  • Amoeba proteus Pal.
  • Amoeba vespertilio Pen.

Actualmente comprende a especie Amoeba proteus (antes chamada Chaos diffluens e Amoeba diffluens) e outras tres especies.

Outra especie que antes se clasificaba neste xénero é Amoeba dubia, que actualmente se clasifica como Polychaos dubium.

O xénero Amoeba está moi relacionado co xénero Chaos, pero este é multinucleado.

Historia

As amebas foron descubertas por August Johann Rösel von Rosenhof en 1757. Os primeiros naturalistas denominaban ás amebas animálculos de Proteo polo deus grego Proteo, que podía cambiar de forma, igual que estes microorganismos. O nome "amiba" foille dado por Bory de Saint-Vincent, procedente do grego amoibè (αμοιβή), que significa cambio.

Características

Amoeba 
Anatomía dunha ameba.

O citoplasma divídese en ectoplasma e endoplasma. Son células heterótrofas que capturan o alimento cos seus pseudópodos por fagocitose, e almacenan a comida nun vacúolo dixestivo. As Amoeba teñen un só pseudópodo grande en posición anterior (no sentido do avance), e varios secundarios nos lados. Cando se move a masa celular flúe cara ao pseudópodo anterior e retráese dos outros, o que se chama movemento ameboide. A especie Amoeba proteus en movemento ten un tamaño entre 220 e 740 μm, o que a converte nunha das células ameboideas máis grandes.

Debido á presenza de fitocromos, Amoeba proteus pode ter diversas cores (xeralmente, amarelo, verde, púrpura) vista ao microscopio.

Reprodúcense asexualmente por mitose e citocinese. En ambientes desfavorables as amebas poden segregar unha membrana protectora e formar quistes nos que están en estado dormente agardando a que melloren as condicións.

A Amoeba proteus ten un xenoma de gran tamaño de 290.000 Mb (100 veces maior que o humano).

Osmorregulación

Amoeba proteus é unha especie de vida libre de auga doce, que se osmorregula mediante vacúolos contráctiles. Ten un só vacúolo contráctil que expulsa auga para manter o equilibrio osmótico. O exceso de auga do citoplasma entra no vacúolo, e este ao fusionarse coa membrana plasmática, contráese rapidamente liberando a auga no exterior. O vacúolo está rodeado de pequenas vesículas, van aumentando de tamaño e parece que son as que traen a auga. Cando se baleira queda enrugada e pouco despois aparecen as pequenas vesículas arredor, que se suxeriu que proceden da propia membrana do vacúolo contráctil. As membranas do vacúolo e das pequenas vesículas teñen a proteína acuaporina, que facilita o paso de auga. Como as vesículas entre todas teñen unha gran superficie, recollen máis rápido a auga que un vacúolo grande só.

Na membrana das pequenas vesículas hai tamén ATPase vacuolar, que bombea H+ ao interior das vesículas, acidificando o seu pH, creando un gradiente para facilitar o transporte de ións (seguramente K+ e Cl-), o que crea un gradiente osmótico que favorece a entrada de auga nas vesículas. Se a célula non expulsa o exceso de auga, incha e pode chegar a rebentar.

Vídeos

Amoeba proteus en movemento
Amoeba fagocitando unha diatomea.

Notas

Véxase tamén

Tags:

Amoeba HistoriaAmoeba CaracterísticasAmoeba VídeosAmoeba NotasAmoeba Véxase taménAmoeba

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

EminemRubén RiveraGran Premio de Mónaco de 2014Adolf HitlerTamara CanosaLista de deuses celtasLista de palabras galegas de orixe celtaEl tiempo entre costuras (serie de televisión)Democracia OurensanaVacaJagoba ArrasateCreative CommonsÁngel Alvariño SaavedraConcellos de GaliciaMichelangelo AntonioniRastro2004Lucas TorreiraLuís Espada RecareyPío XIIBermudasPaspallásGran Premio do Canadá de 2014Alcaldes da CoruñaBDSMLalínWiki CommonsTeobrominaCulturaLista de filmes con versión en galego/CGod Save the KingThe WireNapoleón I de FranciaRosendo SalvadoDMC DeLoreanLondresHTML5De catro a catroYan GeNoite de San Xoán (Fonoteca 92)AdánLisboaWorld Wide WebLucía VeigaO IrixoVilariño de ConsoPortela da CandaSevillaAristocraciaIsabel PerónJosé Pablo del Bado RivasXosé Manuel PiñeiroRaxáCarlos VII de FranciaTomás IribarrenCaliforniaPedro RieloPartido Comunista pola República GalegaTratado internacionalYouTubeManuel Gago MariñoTom HanksCitroën 2CVFillas de CassandraReloxoXosé Ramón Fernández-OxeaÁngel LlanosPortadaVolta ao País Vasco 2018Ramón CabanillasDeputación da CoruñaDallas MavericksAutoritarismo🡆 More