Alí Bey

Domènec Francesc Jordi Badia i Leblich, nado en Barcelona o 1 de abril 1766 e finado en Damasco en 1818, foi un espía, arabista e aventureiro catalán, coñecido tamén como Alí Bey el-Abbassi.

Infotaula de personaAlí Bey
Alí Bey
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Domingo Francisco Jorge Badía y Leblich Editar o valor em Wikidata
1 de abril de 1767 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de agosto de 1818 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Damasco Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDisentería Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador , espía , político , escritor , arabista , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua catalá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Traxectoria

Fillo de Pedro Badía e Catalina Leblich. En 1778 trasladouse a Cuevas de Almanzora (Vera, provincia de Almería) a causa do nomeamento do seu pai como contador de guerra e tesoureiro do partido xudicial de Vera. Alí, comeza a interesarse polo mundo musulmán debido ao ambiente mourisco que predominaba por aquel entón naquela comarca. En 1792 múdase, xunto á súa esposa Mariquita, a Córdoba para desenvolver o seu traballo como Administrador de Rendas de Tabaco. En Córdoba estuda árabe e interésase pola aerostación. Esta última levouno á bancarrota e, en 1793, decide marchar á Corte con toda a súa familia.

No ano 1803, por encargo de Manuel Godoy (Primeiro Ministro de Carlos IV), emprendeu unha longa viaxe por territorios musulmáns, facéndoo camuflado como notable musulmán descendente dos Abbasíes e baixo o nome de "Ali Bey el-Abbasí". As súas viaxes levárono a Marrocos, Alxeria, Libia e diversas rexións do Imperio Otomán (Exipto, Arabia, Siria, Turquía e Grecia), visitando rexións nas que nunca antes estivera un occidental.

En 1808, en plena guerra de independencia despois dunha conversación con Carlos IV que o decepciona profundamente, preséntase a Napoleón para prestarlle os seus servizos. Este desconfía ao comezo, porén máis tarde envíao xunto cunha carta de recomendación ao seu irmán José I.

O 5 de abril de 1810, é nomeado prefecto da cidade de Córdoba por José I, ostentando este cargo por espazo de 15 meses ata o 14 de xullo de 1811.

En 1818, tras cambiar o seu antigo nome polo de "Alí Othman" diríxese a Damasco. Con todo é descuberto polos servizos de intelixencia ingleses que o envelenan.

Home dunha ampla cultura, deixou escrita unha narración das súas viaxes e magníficos debuxos titulada Viaxes en Marrocos, Trípoli, Chipre, Arabia,Siria e Turquía, nos que xunto con descricións pormenorizadas das cidades que visitou, plasmou as súas observacións sobre xeografía, botánica, zooloxía, entomoloxía, xeoloxía e meteoroloxía. Un dos episodios máis destacables da súa viaxe é a peregrinación a A Meca, sendo o primeiro europeo en pisar estas rexións e en entrar no santuario da Kaaba.

As súas viaxes foron lidas en toda Europa e promoveron a curiosidade pola cultura islámica. Admirárono, aínda que con certas reticencias, Sir Richard Francis Burton, quen realizou unha proeza semellante, e Alexander von Humboldt.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Simón de Rojas Clemente e Rubio

Ligazóns externas


Alí Bey 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Alí Bey TraxectoriaAlí Bey Véxase taménAlí Bey1 de abril17661818BarcelonaCataluñaDamasco

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xosé Manuel PiñeiroTanxugueirasGuillermo VicenteMaría PitaLista de presidentes da República PortuguesaBloque Nacionalista GalegoCantiga de amigoManuel Fernández DoalloBelugaFernando Grande-MarlaskaTito AsoreyPedro ChoscoProvincia da CoruñaCurmánOs vellos non deben de namorarseSátrapaGrândola, Vila MorenaEdward John SmithMasculino e feminino en galegoRosalía de CastroSalvador García-BodañoPaula CarballeiraAldaoladoMelgachoHeraldo de Galicia (A Habana)App Store (iOS)Helia GonzálezRomárioApóutegaHaxixBambú ProduccionesJuan Jacobo Durán LorigaLista de xentilicios de concellos galegosMártires de CarralRepública ChecaSistema solarLos MotoresÁnxel CasalJude BellinghamEstados Unidos de AméricaAC-413Rede privada virtualOs ÁnxelesTelevisión de GaliciaLupus eritematoso sistémicoGoogleAlejandra MurguíaAlfredo Pérez RubalcabaTina TurnerReal Sociedad de FútbolAfganistánBenedicto García VillarXabarín ClubJosé Pablo del Bado RivasReal Academia GalegaAccidente de ChernóbilPilar Vázquez CuestaÁlbum de la CaridadTea Rooms. Mujeres obrerasGalernaAWStatsZakat al-FitrGame Boy Advance SPJosé Galera MorenoXurxo SoutoPremios Follas Novas do Libro GalegoMichael DouglasVillarmentero de CamposDavid PerdomoRicardo BeirasSelena GomezChorimaMartiño de Dumio🡆 More