Acordo Haavara

O Acordo Haavara (en hebreo, העברה הסכם, transliterado como «heskem haavara» e traducíbel literalmente como «acordo de traslado») foi asinado o 25 de agosto de 1933, tras tres meses de conversacións, pola Federación Sionista de Alemaña (Zionistische Vereinigung für Deutschland), o Banco Anglo-Palestino (baixo as ordes da Axencia Xudía para Israel, unha axencia executiva oficial na entón Palestina) e as autoridades económicas da Alemaña nazi.

O acordo pretendía axudar a facilitar a emigración dos xudeus alemáns a Palestina.

Características

O pacto de colaboración entre as autoridades nazis e a principal organización sionista mundial comprometía aos segundos a colaborar cos nazis a cambio de permitir a saída do país dos xudeus, sempre que fora con destino a Palestina. Aínda que axudou efectivamente aos xudeus a emigrar, forzounos tamén a deixar a maior parte das súas posesións en Alemaña iñantes de partir. Estipulouse, no entanto, que as mesmas poderían recuperarse transferíndoos a Palestina como bens de exportación alemáns. Aproximadamente, 60 000 xudeus emigraron a Palestina baixo este acordo, levándose con eles 100 millóns de dólares (case 1,7 mil millóns en dólares de 2009). O principal propoñente do Acordo de Haavara foi Haim Arlosoroff pero o acordo non foi apoiado por moitos dos líderes xudeus, dentro e fóra do movemento sionista. Tamén foi criticado polo público alemán e membros do NSDAP.

En compensación polo seu recoñecemento oficial como únicos representantes da comunidade xudía, os dirixentes sionistas ofrecéronse para romper o boicot que organizaran todas as organizacións xudías do mundo, lideradas polas poderosas asociacións dos EE. UU. e que estaba a afectar moi directamente ao nacente Reich. Tamén foron moi activos nos Judenrat, os comités que controlaban os guetos e decidían quen debía ser deportado. Todas as cuestións foron negociadas por Eichmann, e probáronse no xuízo ao que foi sometido en Xerusalén.

O polémico acordo incluía que os nazis organizasen as viaxes, de modo que os xudeus alemáns chegaban a Palestina en barcos que ondeaban a bandeira coa esvástica. As SA organizaron campos de adestramento para preparar ás mocidades sionistas na súa emigración, ademais de imprimir a súa propaganda e contribuír á difusión do proxecto e á organización dos actos.

Hanotea

Acordo Haavara 
Acordo de transferencia de xudeus que emigraron á Palestina (datado en 27 de abril de 1939).

Hanotea (en hebreo, הנוטע), unha compañía sionista de plantacións de cítricos, interesouse en maio de 1933 pola posibilidade de transferir capital de Alemaña a Palestina. Hanotea serviu para axudar aos xudeus alemáns inmigrados a Palestina como parte do movemento sionista. Por un acordo estabelecido co goberno alemán, Hanotea faríase con diñeiro dos futuros inmigrantes, e entón logo usaría este diñeiro para comprar bens alemáns. Estes bens, xunto cos inmigrantes, serían entón enviados a Palestina. En Palestina, os comerciantes de importacións comprarían os bens dos inmigrantes, liquidando os seus investimentos. Relacionado con Hanotea estaba un xudeu sionista polaco, Sam Cohen. Representou os intereses sionistas nas negociacións directas cos nazis estabelecidas dende marzo de 1933. En maio de 1933, Hanotea aplicou un permiso para transferir o capital de Alemaña a Palestina. Este acordo pareceu funcionar ben, e marcou o camiño para o posterior Acordo de Haavara.

O Acordo Haavara

O Acordo de Haavara, negociado por Eliezer Hoofien, director do Banco Anglo-Palestino, foi creado polo Ministerio de Economía do Reich en 1933 e continuou até 1939 aínda que foi con menos apoio cada ano. Baixo este acordo, os emigrantes xudeus de Alemaña poderían usar os seus bens para comprar mercadorías alemás para exportación, e así, eles podían salvar os seus bens persoais durante a emigración. Este trato creou un mercado substancial para fábricas alemás na Palestina gobernada polos ingleses. Entre novembro de 1933 e o 31 de decembro de 1937, o equivalente de 77.800.000 Reichmarks, ou $22.500.000 (ao cambio en 1938) en mercadorías foron exportadas a negocios xudeus en Palestina baixo este programa. En 1939, cando o programa acabou, o total era de 105.000.000 Reichmarks (aproximadamente $35.000.000 ao cambio en 1939).

Emigrantes con capital de £1.000 (aproximadamente $5.000 ao cambio nos anos 1930) poderían mudarse a Palestina malia as estritas restricións dos británicos cara aos inmigrantes xudeus, baixo un programa para inmigrantes investidores similar á visa EB-5. Baixo este trato, aproximadamente o 39% dos bens dun emigrante ían a proxectos de desenvolvemento económico para a comunidade xudía.

O Acordo de Haavara foi considerado unha maneira de resolver o "problema xudeu" polos alemáns. O director da división do Medio Oriente do Ministerio de Exteriores, un político anti-NSDAP chamado Werner Otto von Hentig, apoiaba a política de recolocar aos xudeus en Palestina. Hentig cría que se a poboación estaba concentrada nun lugar estranxeiro, as políticas da diplomacia internacional e contención dos xudeus serían máis fáciles. A cantidade de respaldo de Hitler non era clara e cambiou moito nos anos 1930. Hitler parecía ser indiferente aos detalles económicos pero con todo apoiouno dende setembro de 1937 até 1939.

O programa chegou ao seu fin despois da invasión alemá de Polonia en setembro de 1939.

A Trust and Transfer Office "Haavara" Ltd. pon a disposición dos bancos de Palestina sumas en Reichmarks que foron postas á súa disposición polos xudeus emigrantes de Alemaña. Os bancos sérvense destas cantidades en Reichmarks para facer pagamentos, en nome dos comerciantes palestinos, das mercadorías importadas por eles dende Alemaña. Os comerciantes pagan co valor dos bens aos bancos e a "Haavara" Ltd. paga en efectivo aos emigrantes xudeus de Alemaña. No mesmo sentido en que os comerciantes locais farán uso deste acordo, a importación de bens alemáns servirá para retirar capital xudeu de Alemaña. A Trust and Transfer Office, HAAVARA, LTD (exemplo do certificado expedido por Haavara aos xudeus que emigraban a Palestina).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Nicosia, Francis R. (2000). The Third Reich and the Palestine Question (en inglés). Piscataway, Nova Jersey: Transaction Publishers. ISBN 978-0-7658-0624-6. 

Tags:

Acordo Haavara CaracterísticasAcordo Haavara HanoteaAcordo Haavara O Acordo Haavara NotasAcordo Haavara Véxase taménAcordo Haavara193325 de agostoAlemaña naziLingua hebreaPalestina (rexión)Pobo xudeu

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Carlos GardelCarballeda de ValdeorrasLingua latinaArco de TitoIstambulEdicto de MilánCallosobruchus chinensisPlayoffs NBA 2021Walt WhitmanToni AcostaBalea vascaBacteria gramnegativaLeón, EspañaVilamartín de ValdeorrasCaviarGran Premio de Australia de 2018Coreano (peixe)Día Internacional dos TraballadoresÁcido palmíticoPresidenciaGuepardoMaroon 5Melbourne Grand Prix CircuitLingua islandesaArcade, SoutomaiorColectivizaciónInstagramFerraraCancro colorrectalOs ÁnxelesMosteiro de Santa María de OseiraTeatro de EpidauroChamaeleo chamaeleonMaría I de InglaterraElena RybakinaComunicación celularTangoInlativoKiribatiOranjestad, ArubaEnemaAntonio BanderasSueciaEnciclopediaThe BeatlesClasificación de BaltimoreISBNLepraCB San Pablo Burgos1869PreposicionalThe ArtistYouTubeReconquista de VigoJan Baptista van HelmontARN mensaxeiroIllas CookLexión EspañolaPárkinsonMarylandQuiralidade (química)SelenaCastro de San Cibrao de LasBacillus thuringiensisGuerra civil rusa1789St. LouisElemento nuclear intercalado longoGran Premio de Bahrain de 2018Matrimonio entre persoas do mesmo sexoFalco peregrinusAsemblea Xeral de IowaMetabolismoMétopaIllas Virxes Estadounidenses🡆 More