Metropolitan Opera

73°59′03″O / 40.7727216, -73.9841644

A Ópera do Metropolitan (tamén coñecido simplemente como o Metropolitan, o Met ou o Metropolitan Opera House) é un teatro de ópera situado no Lincoln Center de Nova York, e é un dos máis coñecidos do mundo, famoso polas súas producións fastuosas, detallistas. É toda unha institución no mundo da ópera, xunto a A Scala de Milán, Ópera Garnier de París, o Teatro Colón de Buenos Aires ou o Gran Teatre del Liceu de Barcelona. Foi fundado en abril de 1880.

Metropolitan Opera
Metropolitan Opera
A Ópera do Metropolitan no Lincoln Center for the Performing Arts

O teatro estivo situado antes noutra área da cidade, nun edificio deseñado por J. Cleveland Cady. Foi destruído por un incendio o 27 de agosto de 1892. Logo de ser renovado, seguiu funcionando alí ata 1966, cando se mudou á localización actual no Lincoln Center. O edificio orixinal foi demolido en 1967.

O actual teatro de ópera do Metropolitan foi deseñado polo arquitecto Wallace K. Harrison. Foi inaugurado o 16 de setembro de 1966, coa estrea da ópera Anthony and Cleopatra de Samuel Barber. No recibidor exhíbense dous inmensos murais creados especialmente para o espazo por Marc Chagall. A capacidade do edificio é de case catro mil persoas. O teatro ten a tecnoloxía necesaria para substituír diariamente o escenario da ópera que se representa, utilizando un complexo sistema de escenarios, tremoias e cicloramas. Esta calidade permite que no Metropolitan haxa funcións case todos os días do ano.

Metropolitan Opera
Teatro co aforao completo o 28 de novembro de 1937

O Met ofrece un servizo de transmisión radiofónica en directo. A primeira transmisión realizouse o 25 de decembro de 1931, cunha produción da ópera Hänsel und Gretel de Engelbert Humperdinck.

Véxase tamén


Tags:

Coordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Certame de Narración Curta Ánxel Fole8XordaniaCasto Sampedro Folgar1957XentilicioJuan Miguel Diz GuedesRamón Otero PedrayoJosé Cornide SaavedraCarlos Fernández CastroWGoretti SanmartínA Pobra do CaramiñalParísMasculino e feminino en galegoNúmero ePablo Iglesias PosseEvencio FerreroDaniel de la TorreLiechtenstein1953Rubén Fernández GarcíaKoulukarun lassikkoXosé Antonio TouriñánGuerra civil españolaCando petan na porta pola noitePedro ChoscoÁnxel CasalCarbúnculoChimpínCarcinoma lobular in situMaría Antonieta de AustriaCaxade (grupo)XSisteloMeat Is MurderRuxe RuxeManuel CabezasAutismoMesopotamiaGazpachoHistoria do CairoAndoriñaDeportivo da CoruñaRamón Nicolás7Vilamaior do Val, VerínPartido dos Socialistas de GaliciaDígocho euXenebra, SuízaPenafielSaramagoAlexandra Fernández GómezFerroAtlánticaVogais da lingua galegaXoán Manuel PintosChanfaina galegaMaría CanosaXosé Ramón Gómez BesteiroLista das aves de GaliciaAcademia Chinesa de CienciasCanadáVigoAgustín Fernández Paz2Ministerio de Sanidade de EspañaEleccións municipais de 2015 en GaliciaJosé Antonio Rueda CrespoCachotaría77WikipediaIllas Baleares86🡆 More