Yu-Gi-Oh!: Manga e anime xaponés

Yu-Gi-Oh! (遊☆戯☆王, Yū-Gi-Ō!?, lit.

"Rei dos Xogos") é un manga xaponés escrito e ilustrado por Kazuki Takahashi. Foi publicado pola revista Weekly Shōnen Jump de Shueisha entre o 30 de setembro de 1996 e o 8 de marzo de 2004. Conta a historia dun rapaz chamado Yugi Mutou, quen resolve o antigo Millennium Puzzle. Yugi esperta un alter-ego no seu corpo que lle axuda a resolver conflitos nos duelos de cartas.

Yu-Gi-Oh!: Manga e anime xaponés
Logotipo de Yu-Gi-Oh!.

Producíronse dúas adaptacións de anime; unha realizada por Toei Animation, que se estreou dende o 4 de abril de 1998 até o 10 de outubro de 1998, e outra producida por NAS e animada por Studio Gallop título Yu-Gi-Oh! Duel Monsters, que se estreou entre abril de 2000 e setembro de 2004. A serie manga ampliouse en numerosos manga spin-off e serie de anime, un xogo de cartas e varios videoxogos. A maioría das recreacións da franquía implican un xogo de intercambio e duelo de cartas coñecido como Duel Monsters, onde cada xogador emprega as súas cartas para loitar en batallas de "monstros" de fantasía. Isto é a base do xogo real Yu-Gi-Oh! Trading Card Game. No ano 2018, Yu-Gi-Oh era unha das franquías de maior recadación de tódolos tempos.

Notas

Tags:

1996200430 de setembro8 de marzoAxuda:XaponésMangaXapón

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Javier LosadaFerroAtlánticaFGoretti SanmartínOrquídeaMoecheHattusilis IIES PerdouroForxás1917Espazo ComúnPioverdinaCarolina DariasAmesJosé Luis VergaraXogo da chaveMarta Fernández-TapiasPicapeixe54Feliciano RolánGaliciaFabiola GarcíaDiana AguavilLisboaPilar de LaraContactJEfecto FöhnCalorXosé Luís Franco GrandeMadridLingua casteláGolfiño común1961XestaLeymaNanina SantosFestas MinervaisUCastros da provincia de Ourense97Alberte MománPazos, VerínEstripeiroXabier MaceirasSuso DíazLa Voz de GaliciaSantiago de CompostelaManuel MurguíaISBNÁcido fólicoAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoLlerena Perozo PorteiroCalendario persaPenerbosa, Negrelos, Rodeiro7Jaime Fraiz FernándezCarcinoma lobular in situLingua árabePsicoloxíaCelso Emilio FerreiroEscáncerLugoProxyArtistaArnold SchwarzeneggerDécimas ao Apóstolo SantiagoXacioÁreas lingüísticas do galegoMarga PazosLoxosceles reclusaRamón CabanillasMarge SimpsonLista de nomes femininos en galego🡆 More