preguntas Máis Frecuentes/Lectores

Volver á páxina de axuda.


Preguntas máis frecuentes dos lectores

Como se fan as procuras na Wikipedia?

    Debería haber unha pequena caixa de procuras no recuncho superior dereito da pantalla, coa palabra "Procurar" en gris. Escribe o que desexes buscar nesa caixa e preme a tecla Intro.
    Tamén podes empregar o Google para procurar na Wikipedia desde esta ligazón. Ás veces, poida que os índices do Google estean desactualizados, e non inclúan as últimas edicións feitas.
    A medida que vaias escribindo na caixa de procuras, aparecerán algunhas suxestións. Isto pódeo facer tanto a Wikipedia como o propio navegador. Por defecto, a Wikipedia dará unha lista de suxestións baseada no texto inserido. Para desactivar isto debes ter unha conta e acceder ao sistema. Vai a Especial:Preferencias, selecciona a lapela "Opcións de procura", marca a caixa "Deshabilitar as suxestións AJAX" e preme sobre o botón "Gardar" ao final da páxina.
      As suxestións AJAX poden desactivarse temporalmente se os servidores experimentan problemas de rendemento.

Cal é o acordo de licenza dos contidos da Wikipedia?

Podo copiar seccións enteiras da Wikipedia no meu sitio? Canto podo citar?

    Podes copiar ou citar todo canto queiras, sempre que manteñas o texto baixo as licenzas CC-BY-SA ou GFDL.

Se ligo unha palabra desde o meu sitio cara á Wikipedia, estou obrigado a usar a licenza GFDL no meu sitio?

    Non. Incluír ligazóns non é un acto regulado polas leis de dereitos de autor, de modo que as licenzas CC-BY-SA e GFDL non se aplican.

Que pasa se tomo unha pequena cita (tres ou catro frases)?

Que pasa se cito artigos enteiros?

    Simplemente pon o teu sitio baixo a licenza CC-BY-SA ou GFDL.

Como cito un artigo da Wikipedia nalgunha publicación en papel?

    Cítao como faría calquera outra páxina web de acordo coa práctica de citas normal que siga a publicación. Non é necesario citar os autores individuais, pero deberías incluír como mínimo a data na que visitaches o artigo (o ideal é dar a data e hora ao completo presentes no historial).
    Hai dispoñibles citas xeradas automaticamente en diferentes estilos estándar a través da páxina especial Especial:Cita.

Por que os fondos dalgunhas páxinas son dunhas cores e outros son brancos?

    As páxinas de artigos da enciclopedia (presentes no espazo de nomes principal) teñen o fondo branco, mentres que as páxinas especiais, páxinas de conversa, páxinas de usuario e do espazo de nomes do proxecto poden ter diferentes cores de fondo. O propósito é diferenciar visualmente as páxinas da enciclopedia das que non o son.

Que debo facer cando dou cun erro factual na Wikipedia?

    Debes corrixilo. A Wikipedia está escrita por voluntarios que cren no coñecemento libre para todos, e a comunidade está sempre preparada para dar a benvida aos novos.
    Dada a natureza colaborativa do proxecto, este pode conter erros ou omisións. Isto é algo que cómpre ter claro ao lelo; o seu sistema onde calquera pode contribuír significa que non se debe confiar nel por completo. O máis habitual é que os artigos conteñan citas de obras fiables nas que o lector pode verificar a información escrita na Wiki Galego.

Tags:

preguntas Máis Frecuentes/Lectores Como se fan as procuras na Wikipedia?preguntas Máis Frecuentes/Lectores Cal é o acordo de licenza dos contidos da Wikipedia?preguntas Máis Frecuentes/Lectores Podo copiar seccións enteiras da Wikipedia no meu sitio? Canto podo citar?preguntas Máis Frecuentes/Lectores Se ligo unha palabra desde o meu sitio cara á Wikipedia, estou obrigado a usar a licenza GFDL no meu sitio?preguntas Máis Frecuentes/Lectores Como cito un artigo da Wikipedia nalgunha publicación en papel?preguntas Máis Frecuentes/Lectores Por que os fondos dalgunhas páxinas son dunhas cores e outros son brancos?preguntas Máis Frecuentes/Lectores Que debo facer cando dou cun erro factual na Wikipedia?preguntas Máis Frecuentes/LectoresFrecha.Wikipedia:Axuda

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Aeroporto de Newark LibertyRegina García GarcíaPoloniaHeptosaMandiocaZendayaCatedral de MilánEurocopa de FútbolDecímetroPúrpuraMosteiro de Santa María de OseiraJagoba ArrasateAníbal MalvarLuís TosarSimón BolívarO IrixoNós (revista)PediastrumXúpiterO Barco de ValdeorrasPropagandaAlfonso SotoSelena GomezEmilia Pardo BazánTerence HillÁngel Alvariño SaavedraCreative CommonsMarta DarribaXXX edición dos Premios GoyaAdolf HitlerMasturbación coas mamasJSONAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoRamón CabanillasRenda básica universalSantiago GenovésLerma, BurgosPosición aconchegadaAmérica do NorteCorea do NorteAlcaldes da CoruñaExaculaciónAs NevesQuimera (mitoloxía)Viggo MortensenCopia por contactoCaptain Fantastic (filme)Amancio OrtegaSikhMela CasalFlorentino PérezPaz Lamela VilariñoTom HanksListenbourgLista de concellos de PontevedraAutoritarismoPerúDaniel BasteiroDavid HarperGrupo NósDeputación da CoruñaMadagascarEdiciones AgoeiroPierre Simon LaplaceAno (astronomía)Conil de la FronteraVicente RiscoPortomarínWiki CommonsImperio RomanoPortugal🡆 More