procurar

A Wikipedia posúe un potente motor de procuras integrado na súa interface, que serve para localizar contidos nas páxinas da enciclopedia dun xeito máis doado e preciso ca mediante buscadores externos coma Google ou Yahoo!.

A caixa de procuras atópase na parte superior de todas as páxinas. Se escribes o título exacto dun artigo, a procura conducirate ata el; se non fose así, verás unha lista cos resultados máis relevantes de acordo coas palabras clave que escribises.

A ligazón directa ata a interface avanzada é Especial:Procurar.

Características do motor de procuras

O motor de procuras interno é capaz de procurar nos títulos de páxinas e contidos e categorías e espazos de nomes específicos. Tamén podes limitar unha procura a páxina con palabras en concreto; ademais, o motor soporta a busca de palabras por aproximación. Ao presentar os resultados, aparecerán as ligazóns máis relevantes segundo as palabras clave empregadas.

A procura non diferenza entre maiúsculas e minúsculas e non hai problema por esquecer os acentos gráficos, as diéreses e outros caracteres especiais á hora de que o motor de procuras mostre os resultados.

Ademais, tamén existen estoutras características para refinar as procuras:

  • Frases entre aspas: Podes realizar procuras de frases encerradas entre aspas para restrinxir máis a busca.
  • Procura booleana: Por defecto, aplícase "AND" a todos os termos de busca, como en todos os buscadores. Tamén se poden empregar parénteses e "OR". Por exemplo, windows OR sistema, e a combinación, microsoft (windows OR sistema) (cómpre ter en conta as maiúsculas).
  • Exclusión: Pódense excluír termos co símbolo "-". Este xeito de pescuda é útil para atopar palabras con faltas de ortografía. Por exemplo, xuizo -xuízo (non hai espazo entre "-" e o termo a excluír).
  • Procuras comodín: Os comodíns (caracteres que ocupan a posición doutros descoñecidos ou que non se especifican) pódense empregar como prefixos ou sufixos. Por exemplo, a pescuda "*stán" dará como resultados artigos como Casaquistán e Afganistán.
  • Procura por aproximación: Se engades un til (~) ao final dunha palabra da procura, o motor de buscas tratará de atopar palabras cunha ortografía semellante. Por exemplo, se buscas james~ watt~ a pescuda identifica a James Watt, a James Wyatt e mais a James Watts como os primeiros tres resultados.

Notas


procurar  Volver á páxina de axuda.

Tags:

GoogleYahoo!

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Luís Pérez BarralIsaac NewtonMalena MieresLugares de TaboadaWikipedia en malaioArgimiro Marnotes FernándezVehículo aéreo non tripuladoPXulloDaniel DigesXabier DíazBlanca RomeroMiguel Primo de RiveraMondoñedoXela AriasOleirosMediaWikiYouTube2004Benedicto García VillarPaulino PereiroFrancisco Porto MellaNuno García PicoLista das árbores de GaliciaRefraneiro galego sobre o porcoAermacchi MB-326Lista de siglas e acrónimosLos ChichosErros e TánatosToledoMarta DoviroAgnosticismoEva MejutoEstatuto de autonomía de Galicia de 1981Infinitivo conxugadoIemenFC Bayern MünchenPrehistoriaVilanova de ArousaCarles PuigdemontSonataTanxugueirasRevolución dos CaraveisSalvador DalíAlfabeto galegoFaiaPepe CarreiroMouro (mitoloxía)ArxentinaRafael NadalLugares de PantónRoberto BaggioEurasiaPrimeira división española de fútbolTaylor SwiftHong KongPatricia Argerey VilarUniversidade de Santiago de CompostelaA Illa, EntrimoCarlos III de EspañaPili PampínVilar de Infesta, RedondelaCabo TouriñánPartido Nacionalista VascoHorteláLa Libertad (Betanzos)Tom CruiseCopretérito de indicativoVilalba, Vilalba, VilalbaLedicia CostasLouis ArmstrongFrancisco López BarxasHLA-CIsabel PantojaHórreo galego🡆 More