Ás veces, os wikipedistas ven os seus niveis de tensión aumentar porque determinados temas, que para eles son particularmente importantes, se tratan cunha perspectiva coa que eles non concordan.
Esta páxina é un ensaio, non se trata dunha política ou guía oficial. Contén recomendacións ou opinións dun ou máis usuarios da Wiki Galego. Algúns ensaios representan normas e usos amplamente aceptados pola comunidade, mentres que outros só representan puntos de vista minoritarios. Os ensaios teñen unha función orientativa e informativa, mais en ningún caso normativa. |
Esta páxina en resumo: Se cre ter un argumento interesante, sabotar a Wikipedia é probablemente o sistema menos efectivo de sacalo adiante, e ademais pode ser que acabe vostede bloqueado |
O que deciden é tentar demostrar o erro, e para iso moitas veces acoden a exemplos doutros artigos onde aparentemente se tomou unha decisión distinta.
Nestes casos, é bastante tentador usar a parodia ou experimentos de enxeñería social para conseguir levar a auga ao muíño. Estas actividades, como provocar votacións sobre exemplos xa demostrados noutros puntos, ou promover conflitos en paralelo a decisións xa tomadas, considéranse que rompen a edición. En xeral, estas técnicas son bastante pouco enciclopédicas, e dan lugar a debates onde non se presupón boa fe, onde o ambiente se tensa e de onde non se tiran máis ca aldraxes. Como norma xeral, as opinións deben expresarse con normalidade, directamente, sen ironía nin chiscadelas. As opinións directas e declarativas son a mellor forma de conseguir respecto, acordos e consenso.
Xogar co sistema é usar as normas e políticas da Wikipedia con malicia, para trampear á mantenta os obxectivos da Wikipedia e o proceso de edición comunal. Xogar co sistema é subversivo, e en moitos casos, unha forma de romper a edición. Adoito contén un uso impropio dunha norma, ou toma o texto da propia norma para ir en contra dela, co fin de rachar os procesos de edición, de solicitar apoio ara un punto de vista que claramente vai contra desas normas ou para atacar unha actuación que se fixera dentro desas pautas.
Entre os exemplos de xogar co sistema atópanse entre outros:
Ás veces, algúns editores eternizan disputas retomando os mesmos argumentos tempo despois de que fosen desacreditados, reitéranos sen fin, rexeitan completamente as propostas dos demais ou a posibilidade de estaren errados. A miúdo estes editores, que actúan de mala fe, utilizan precisamente estes debates inconclusos para apoiaren outras discusións semellantes noutros puntos da Wiki Galego.
A Wikipedia baséase no traballo en colaboración, na boa fe e no consenso. Cando unha argumentación cruza o limiar do razoable, e parece claro que hai un rexeitamento claro a atopar un acordo a pesar do que marcan as normas e de que se presentaron abondas opinións experimentadas de editores e administradores independentes, proseguir o debate sexa como for é un modelo de práctica que sabota a Wikipedia co fin de que un punto de vista sexa apoiado.
As prácticas consistentes en incluír á mantenta información falsa na Galipedia para ver canto tempo tarda a comunidade en detectar o erro e en amañalo son claramente sabotadoras.
Sabotar a Wikipedia, do xeito que for, é unha actuación bloqueable por calquera administrador, con sancións de ata un mes en caso de ofensas repetidas que causaron moito dano.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Wiki:Non sabote a Wikipedia para apoiar o seu punto de vista, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.