Waterworld é un filme pos-apocalíptico de ciencia ficción.
Foi dirixido por Kevin Reynolds e escrito conxuntamente entre Peter Rader e David Twohy. Foi estreado en 1995.
Waterworld | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Waterworld |
Director | Kevin Reynolds |
Produtor | Kevin Costner John Davis Charles Gordon Lawrence Gordon Andrew Licht |
Guión | David Twohy Peter Rader |
Intérpretes | Kevin Costner Jeanne Tripplehorn Dennis Hopper Gerard Murphy Tina Majorino Chaim Girafi Michael Jeter R.D. Call Kim Coates |
Música | James Newton Howard Henry Mancini |
Fotografía | Scott Fuller Dean Semler |
Montaxe | Peter Boyle |
Estudio | Davis Entertainment |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 1995 |
Duración | 135 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ciencia ficción |
Orzamento | $175 000 000 |
Recadación | $264 218 220 |
Na rede | |
O filme está ambientado nun futuro distante. A pesar de que non se cita unha data exacta no filme, crese que podería ser o ano 2500. Os casquetes polares están completamente derretidos e o nivel do mar incrementouse centos de metros, cubrindo case toda a superficie da terra. O filme ilustra isto cunha variación do logo de Universal Pictures, que comeza de forma corrente coa imaxe da Terra, pero logo vese como a auga vai cubrindo gradualmente o planeta ata que a terra queda totalmente somerxida. O argumento do filme xira arredor dun anti-heroe sen nome, "O Mariñeiro", un viaxeiro que navega a Terra no seu trimarán.
No futuro os casquetes polares derreteron e a auga cobre a total superficie do planeta. Por este motivo, a auga doce é o ben máis prezado que existe, e os seres humanos sobreviven en plataformas flotantes na busca incesante de auga potable e lembrando unha lenda, segundo a cal nalgún lugar existe terra seca. O Mariñeiro (Kevin Costner) é un viaxeiro solitario que vive do comercio de obxectos. Un día chega a un atol de chatarra e vende terra ós seus habitantes, pero eles, ó decatarse de que é un mutante (metade peixe, metade humano), condénano a morte.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Waterworld, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.