Vostok 6

Vostok 6 foi o nome da sexta misión tripulada da Historia e na que voou a primeira muller no espazo, Valentina Tereshkova.

Foi lanzada pola Unión Soviética o 16 de xuño de 1963 mediante un foguete Vostok 8K72K desde o cosmódromo de Baikonur. Foi tamén o último voo dunha nave Vostok.

Vostok 6
Vostok 6
Cápsula de retorno da Vostok 6
TipoTripulada
Data de lanzamento16 de xuño de 1963, 9:29 GMT
Foguete portadorVostok 8K72K
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur
Duración da misión2,95 días
Obxectivo da misiónVoo en formación coa Vostok 5, primeira muller no espazo.
Regreso19 de xuño de 1963
NSSDC ID1963-023A
Masa4713,0 kg

Características

A misión de Vostok 6 foi realizar a sexta misión orbital tripulada da Historia, coa primeira muller en viaxar ao espazo, e o segundo voo en formación xunto coa Vostok 5. A Vostok 5 foi lanzada en primeiro lugar, e a 6 dous días máis tarde para atoparse en órbita e achegarse a tan só uns quilómetros unha da outra. Os obxectivos da misión foron estudar a capacidade do corpo humano para traballar en microgravedade e as diferentes respostas dos corpos masculino e feminino á falta de gravidade, facer experimentos científicos e mellorar os sistemas das naves espaciais. No momento da inserción orbital da Vostok 6 as naves estaban a menos de 5 km de distancia. Os dous cosmonautas, Bykovskiy na Vostok 5 e Tereshkova na 6, chegaron a contactar por radio, pero dado que as naves Vostok non tiñan capacidade de manobra, empezaron a alonxarse sen posibilidade de reunirse de novo. A nave regresou á Terra o 19 de xuño de 1963 ás 8:20 GMT, na rexión de Karaganda. Ningunha outra muller soviética viaxaría ao espazo nos 19 anos seguintes, ata o voo de Svetlana Savitskaya.

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

Tags:

Vostok 6 CaracterísticasVostok 6 Véxase taménVostok 6 NotasVostok 616 de xuño1963Cosmódromo de BaikonurUnión SoviéticaValentina TereshkovaVostok (nave espacial)Vostok 8K72K

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Juana AcostaMichael JacksonDeportivo da CoruñaEsperantoVangardasMaría JamardoRoberto VerinoGoogleBolboretaCaso Asunta BasterraWikipediaRamón María del Valle-InclánLista de deuses celtasBenito KamelasSuízaTransformador (modelo de aprendizaxe automática)Daniel de la Torre2003Garbiñe MuguruzaComarcas de GaliciaDavid BeckhamGuerraO porco de péMiro CasabellaPortadaLista de castelos de PortugalPablo Iglesias TurriónSénecaGabriel AlénRoko (actriz)LalínLisboa25 de abrilBandeira de GaliciaMecanismo de AnticiteraCessna T-37 TweetDelfínMark WahlbergImmanuel KantLandraSobreiraLipoproteína de BraunAlexander VórticeGuillermo Alonso BarciaCohesiónDorothé SchubarthReino UnidoLontreiraManuel RivasGran Guerra IrmandiñaFerroAtlánticaBeteluValentín García GómezMilánCarlos de Matos GomesDiglosiaPemento de PadrónNordés (vento)Ricardo BeirasEcce HomoPosición do misioneiro invertidaCarrasco (planta)O CarballiñoPardo de CelaMauro ScaloniRusiaCalorCarlos CasaresAmy WinehouseRamón Otero PedrayoBispo🡆 More