Verso: Conxunto de palabras suxeitas a medida, ritmo e cadencia

Un verso (do latín versus, que significa volto, por oposición a prorsus, de onde vén prosa, que significa todo seguido) é un conxunto de palabras suxeitas a medida, ritmo e cadencia, ou só a cadencia, en contraposición á prosa, que non está sometida habitualmente a estes procedementos.

Adoita ser a canle formal habitual de expresión da poesía lírica.

Convén distinguir claramente entre verso, que é unha forma literaria, e poesía lírica, que é un xénero literario. Se temos clara esta definición, entenderemos por que pode haber e hai, por exemplo, obras narrativas, dramáticas e didácticas escritas en verso e, inversamente, que existan poemas escritos en prosa no canto de en verso.

Compuxéronse versos en distintas culturas sempre en torno a un recurso literario concreto: así, a poesía hebrea compuxo versos fundándose só no paralelismo semántico. A poesía xermánica medieval, pola contra, fundábase na aliteración de polo menos tres palabras por cada verso e a poesía grecolatina clásica na repetición dunhas secuencias determinadas de sílabas longas e breves e a poesía europea tradicional na rima e o ritmo acentual. Por outra banda, o rexeitamento que as vangardas europeas do século XX, especialmente o Surrealismo, experimentaron pola tradición literaria, ata a métrica, introduciu un tipo de verso máis extenso, o versículo, que non rima nin posúe ritmo acentual, senón que funda a súa poeticidade en repeticións de motivos e campos semánticos.

Fernando Pessoa dicía no seu Libro do desasosego que a poesía se atopaba entre a prosa e a música. É así en tanto que o verso é unha prosa provista dalgúns dos elementos que forman a música, grazas ao cal toda canción con letra ha de estar escrita en verso para poderse adaptar á música instrumental. Eses elementos que adquire o verso da música son o tempo, o ritmo, o compás e a melodía. O tempo vén dado por unha velocidade de enunciación marcada polo número fixo de sílabas da recitación, o ritmo pola colocación ou situación fixa de determinados acentos, o compás pola alternancia de diferentes tipos de versos e estrofas e a melodía pola repetición dunha rima ou un refrán ou bordón concreto.

O verso adoita darse dentro dunha estrutura literaria fixa que se compón dunha métrica definida, un ritmo conseguido pola colocación das sílabas tónicas e átonas e unha rima recorrente; a estas secuencias fixas chámaselles estrofas. A disciplina que estuda as clases de versos e estrofas denomínase métrica.

Existe unha gran variedade de estruturas no verso, comezando por unha división inicial entre verso rimado ou con rima e o verso solto ou verso branco sen rima, pero cun número fixo de sílabas e cuns acentos concretos. Por outra banda, o verso libre é un verso sen rima nin cantidade preestablecida de sílabas.

A creación do verso remóntase cara ás composicións gregas clásicas, en que o verso non era rimado, senón que consistía na repetición de determinada secuencia de sílabas longas e breves e o compás acentual ou ictus.

O verso rimado ten unha orixe probable na rexión da Península Itálica no medievo, onde nacen composicións versificadas que persisten ata hoxe en día como no soneto, a canción ou o madrigal. Do latín vulgar, o seu paso ás linguas romances é sinxelo e atópanse composicións versificadas en rima e con metro dende o principio do idioma galego.

Composicións en verso

  • Verso acataléctico: verso grego ou latino que ten cabais tódolos seus pés.
  • Verso adónico: verso da poesía grega e latina, que consta dun dáctilo e un espondeo, e úsase xeralmente en combinación cos sáficos, de tres dos cales vai precedido en cada unha das estrofas de que forma parte.
  • Verso agudo: Verso da poesía española, que consta de cinco sílabas, a primeira e a cuarta longas, e breves as demais, e ten o mesmo emprego que o adónico antigo e que termina en palabra aguda.
  • Verso alcaico: verso da poesía grega e latina, que se compón dun espondeo, ou ás veces dun iambo, doutro iambo, dunha cesura e dos dáctilos. Outro verso do mesmo nome consta de dous dáctilos e dous troqueos.
  • Alexandrino: de catorce sílabas, dividido en dous hemistiquios.
  • Verso amebeo: Cada un dos de igual clase, con que falan ou cantan a competencia e alternativamente os pastores que se introducen nalgunhas églogas, como na terceira de Virxilio.
  • Verso amétrico: non se suxeita a unha medida fixa de sílabas.
  • Verso anapéstico: poesía grega e latina, verso composto de anapestos ou análogos.
  • Verso asclepiadeo: verso da poesía grega e latina, que se compón dun espondeo, dous coriambos e un pirriquio. Mídese tamén contando un espondeo, un dáctilo, unha cesura e outros dous dáctilos.
  • Verso asclepiadeo maior: que acaba con dous dáctilos e consta ademais dun espondeo e dous coriambos, ou sexa dun espondeo, un dáctilo, outro espondeo e un anapesto, e asclepiadeo menor.
  • Verso cataléctico: verso da poesía grega e latina, ao que lle falta unha sílaba ao fin, ou no cal é imperfecto algún dos pés.
  • Verso coriámbico: consta de coriambos.
  • Verso dactílico: consta de dáctilos. Verso de arte maior, de doce sílabas, que consta de dou hemistiquios.

Máis de oito sílabas:

  • De arte maior castelán normalmente dodecasílabo, con dous hemistiquios, en cada un dos cales dáse a combinación de dúas sílabas átonas entre outras dúas tónicas.
  • De arte menor, redondilla maior ou menor.

Menos de oito sílabas:

  • Verso de cabo roto, suprimida ou cortada a sílaba ou sílabas que seguen á última acentuada.
  • Redondilla maior, de oito sílabas ou octosílabo.
  • Redondilla menor, de seis sílabas ou hexasílabo.
  • Verso ecoico ,cuxas dúas últimas sílabas son iguais.
  • Verso esdrúxulo finaliza en voz esdrúxula.
  • Verso espondaico, hexámetro que ten espondeos en determinados lugares.
  • Falecio hendecasílabo que se compón de cinco pés. O primeiro espondeo, o segundo dáctilo, e troqueos os demais.
  • Ferecracio verso composto de tres pés, espondeos o primeiro e terceiro, e dáctilo o segundo.
  • Gliconio, composto de tres pés, un espondeo e dous dáctilos. O primeiro é tamén ás veces iambo ou coreo.
  • Verso heroico. En cada idioma tense por máis á mantenta para ser empregado na poesía desta clase; p. ex., na lingua latina o hexámetro e na española o hendecasílabo.
  • Hexámetro consta de seis pés, cada un dos catro primeiros espondeo, ou dáctilo, dáctilo o quinto, e o sexto espondeo.
  • Hiante, contén hiatos.
  • Leonino. 1. m. verso latino usado na Idade Media, cuxas sílabas finais forman consonancia coas últimas do seu primeiro hemistiquio.
  • Verso libre, non está suxeito a rima nin a metro fixo e determinado.
  • Verso femia, termina en palabra grave.
  • Verso macho ou oxítono: verso agudo.
  • Verso paroxítono verso chan.
  • Pentámetro, composto dun dáctilo ou un espondeo, doutro dáctilo ou outro espondeo, dunha cesura, de dúas dáctilos e doutra cesura. Mídese tamén contando logo dos dous primeiros pés un espondeo e dous anapestos.
  • Proparoxítono, esdrúxulo.
  • Verso crebado de catro sílabas cando alterna con outros máis longos.
  • Verso ropálico, cada palabra ten unha sílaba máis que a precedente.
  • Verso sáfico composto de once sílabas distribuídas en cinco pés, dos cales son, por regra xeral, troqueos o primeiro e os dous últimos, espondeo o segundo, e dáctilo o terceiro. Na poesía española, verso que consta de once sílabas, como o grego e latino, e cuxos acentos métricos estriban na cuarta e a oitava. É máis cadencioso e ten maior semellanza co sáfico antigo cando a súa primeira sílaba é longa.
  • Verso senario de seis pés, e especialmente o iámbico desta medida.
  • Verso solto, non forma con outro rima perfecta nin imperfecta.
  • Trímetro verso composto de tres pés, e tamén o composto de tres dipodias, ou sexa de seis pés, como o trímetro iámbico ou senario.
  • Trocaico verso que consta de sete pés, dos cales os uns son troqueos e os demais espondeos ou iambos, ao arbitrio.
  • Iámbico verso en que entran iambos, ou que se compón exclusivamente deles.
  • Fesceninos, versos obscenos inventados na cidade de Fescenio e que adoitaban cantarse na antiga Roma.
  • pareados os dous versos que van unidos e aconsonantados, coma os dous últimos da oitava.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Lingua latinaPalabraPoesíaProsaRitmo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Antón Villar PonteLuisa CarnésSonDeSeuPablo MartinezLingua galegaJosé López CamposHard GZRebeliom do InframundoDodroAs Pontes de García RodríguezSerés, Serés, CastroverdeCambadosLista de filmes coas maiores recadaciónsFrancisco PazosMarçal MolinéFernando AlonsoFran AlonsoConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades2015HSanta CompañaGonzalo LouzaoVilagarcía de ArousaCarlos CasaresDía das Letras GalegasDistritos de PortugalPosición do misioneiro invertidaIrmandiñosLista de castelos de PortugalXosé Manuel PiñeiroPemento de PadrónEstanislao FiguerasMovimento das Forças ArmadasVila de CrucesPalauPosición do misioneiroGerardo Pardo de VeraCharles DarwinRaffaella CarràWayback MachineBolboretaO incerto señor Don HamletFingeringUniversidade de Santiago de CompostelaYouTubeChatGPTDavid MellaFederico Jiménez LosantosYolanda CastañoFrida KahloÁlex FidalgoBibTeXJosé María Barreiro GómezAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoFrancisco Castro VelosoCinema pornográficoCaraveleiraCarballedo, Cerdedo-CotobadeFerroAtlánticaViacrucisLista de voces dos animaisGabriel RufiánLista de paísesUcraínaRicardo BeirasImmanuel KantLondresPontellaMasculino e feminino en galegoEduardo Inda🡆 More