Valerii Karpin

Valerii Georgievich Karpin, nado en Narva o 2 de febreiro de 1969, é un exfutbolista estoniano con nacionalidade rusa.

Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección rusa. Actualmente adestra o FC Rostov da Liga Premier de Rusia e a selección rusa.

Infotaula de personaValerii Karpin
Valerii Karpin
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Валерий Карпин Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1969 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Narva, Estonia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Estonia
Rusia
España Editar o valor em Wikidata
Altura185 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol , empresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaUnión Soviética
Rusia Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1986-1988 SK Tallinna Sport (pt) Traducir 25(1)
1988-1988 PFC CSKA Moscova 3(0)
1989-1989 FC Fakel Voronej (pt) Traducir 25(7)
1990-1994 Spartak Moscova 116(29)
1994-1996 Real Sociedad de Fútbol 72(16)
1996-1997 Valencia Club de Fútbol 36(6)
1997-2002 Real Club Celta de Vigo 168(26)
2002-2005 Real Sociedad de Fútbol 107(20)
2007-2007 Coruxo Fútbol Club Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1992-1992 Valerii Karpin  Selección de fútbol da Unión Soviética 1(0)
1992-1992 Valerii Karpin  Selección de fútbol da Comunidade de Estados Independentes 1(0)
1992-2003 Valerii Karpin  Rusia 72(17) Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
- Spartak Moscova Editar o valor em Wikidata
Participou en
2002Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002
xuño de 1996Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996
1994Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994 Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
Papeis de Panamá Editar o valor em Wikidata

Instagram: vgkarpin VK: id665469132 FIFA: 77516 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Karpin comezou a xogar nas ringleiras do Sport Tallinn, o conxunto da súa localidade de nacemento, no que xogou entre os anos 1986 e 1987. Máis adiante xogou no CSKA de Moscova, ao que chegou con 18 anos. Despois de 2 anos sen sobresaír especialmente marchou ao Fakel Voronez, un conxunto de menor nivel onde sobresaíu entre o resto. Isto fixo que o Spartak de Moscova se fixese cos seus servizos en 1990. Neste club gañou tres Campionatos de liga e unha Copa de Rusia.

As boas actuacións de Karpin non pasaron desapercibidas para a Real Sociedad que o contratou en 1994. A súa estrea na Real Sociedad e na liga española foi o 4 de setembro de 1994 fronte á SD Compostela, con vitoria do equipo galego. Nas dúas tempadas que estivo no club xogou máis de 70 encontros e converteuse nunha das pezas básicas do conxunto donostiarra. As dúas boas tempadas de Karpin na Real Sociedad e os éxitos acadados en Rusia convenceron ao Valencia para pagar a cifra de 6 millóns de euros pola súa fichaxe, pero o paso por terras valencianas non foi ningún éxito e non conseguiu a regularidade que tivo nos anteriores conxuntos.

Karpin procurou unha saída do club "che" e apareceu o Celta polo que ficharía por un ano, que finalmente se converterían en 4. Nas ringleiras do Celta coincidiu co seu compatriota Mostovoi, co que fixo unha das duplas máis brillantes da liga e a vez máis polémicas, xa que ambos xogadores contaban cun forte carácter que os levaba a rifar de seguido con árbitros, xogadores rivais e mesmo cos propios compañeiros e adestradores. Con todo, a dupla rusa do club vigués contribuíu enormemente a consecución do sexto posto de liga e a conseguinte segunda clasificación da historia do equipo para a UEFA, na tempada 1997/98, tras 27 anos de ausencia. O longo da súa estadía no club olívico, Karpin foi titular indiscutíbel. Forxou unha moi boa compenetración con Míchel Salgado que faría da banda dereita a máis efectiva do Celta.

Na tempada 2002/03 e tras 214 encontros e 36 goles como celeste quedou ceibe, posto que o adestrador Miguel Ángel Lotina non contaba con el. Así pois, o xogador retornou ao club que o trouxo á liga, a Real Sociedad. De volta en Donostia o seu primeiro ano foi todo un éxito, pois contribuíu enormemente cos seus 36 partidos e 8 goles á consecución do subcampionato de liga da tempada 2003/04. Xogou a Liga de Campións e dúas tempadas máis de liga deica a súa retirada no ano 2005.

Os éxitos de Karpin levárono a estrearse coa Selección da CEI, composta polas ex-repúblicas soviéticas (xa que esta acadara a clasificación denantes da súa disolución en 1991 para a Eurocopa de 1992), o 12 de abril de 1992 fronte a selección inglesa. En agosto do mesmo ano estreouse coa Selección rusa, en Moscova, nun encontro que gañarían contra a Selección mexicana. Dende entón converteríase nun habitual do combinado ruso, participando no mundial de 1994, a eurocopa de 1996 e o mundial de 2002, ata o seu derradeiro encontro o día 12 de febreiro de 2003 nunha derrota por 1-0 fronte a Selección de Chipre.

En total disputou 72 encontros coa selección rusa e 1 co combinado da CEI.

Palmarés

Club

Negocios

Valerii Karpin 
Karpin en 2009.

Trala súa retirada do fútbol volveu a Vigo, onde desenvolveu un plan de urbanización en varios barrios da cidade xunto con outros proxectos en diversas localizacións. A diferenza doutros proxectos, como a dunha urbanización no Brasil e outras obras puntuais en varias cidades de España, en Vigo adicouse a labores de patrocinio de diversos clubs de deporte da cidade e diversos actos públicos. A pesar da súa boa labor de cara á cidade, os esforzos do ex-celeste por obter o prace do concello para os dous macro-proxectos no Barrio do Cura e no antigo colexio Cluny non deron resultado. No ano 2008 abandonou a cidade rumbo a Moscova para comezar como director xeral do Spartak, equipo no que militou coma xogador dende 1990 ata 1994.

Durante o seu último ano de estancia en Vigo foi acusado de ser unha das caras máis visibles da corrupción urbanística e a especulación inmobiliaria da cidade durante as mobilizacións polo dereito á vivenda que se deron en todo o estado. Chegaron a aparecer pancartas no antigo convento dás Hermanitas, comprado polo grupo de Karpin, no que se denunciaba a súa relación coa especulación inmobiliaria na cidade, así como tamén pintadas con lemas como Karpin = Mafia, Karpin mafioso ou Karpin ladrón por toda a cidade. Á súa marcha, Karpin emitiu un comunicado ós medios amosando a súa frustración de cara ós poderes políticos da cidade, á que o concello de Vigo respondeu que Valeri marcha por interese propio.

Ao pouco tempo de comezar a desenvolver o seu novo cargo, o entón adestrador Michael Laudrup foi destituído. De maneira provisional, Karpin abandonou a dirección do club e comezou a exercer a función de adestrador.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Valerii Karpin TraxectoriaValerii Karpin PalmarésValerii Karpin NegociosValerii Karpin Galería de imaxesValerii Karpin NotasValerii Karpin Véxase taménValerii Karpin19692 de febreiroEstoniaFutbolistaLiga Premier de RusiaNacionalidadeNarvaPosicións no fútbolRusiaSelección de fútbol de Rusia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xosé FortesCarlos CasaresDaniel Castro GarcíaJoseba ApaolazaCinema pornográficoCanle (comunicación)Asalto do bou EvaDía do LibroO sabor das margaridasEstadio Jan BreydelXosé RepresasIdade MediaCristovo ColónJordi Sierra i FabraCantares gallegosSete Sabios da Fraga de BambúBubelaBreixoYolanda DíazA Mesa pola Normalización LingüísticaHeredeiros da CrusO sol do veránIgnacio GarrigaLince (zooloxía)Arte posmodernaLingua kusaalBreogánA rendición de BredaAníbal MalvarJorge PeteiroMarcos PereiroWikiLapa (molusco)MexacánMario CaneiroNatalia OreiroMazáAlba ManceboLingua éuscaraAcrofiliaBloque Nacionalista GalegoTeodorico II, rei visigodoFala de EstremaduraNeolíticoPedro J. RamírezFrancisco Castro VelosoIker MuniainEstadio Municipal de RiazorVasoiraGheadaIrene FerrerasCanle (enxeñaría)SetaJosé Antonio ArmadaPexegoÁlex FidalgoAgustina de AragónTrevo brancoRosario Porto OrtegaElena RivoSegunda guerra mundialEleccións ao Parlamento de Galicia de 2020Célula amácrinaNocelloLista de castelos de PortugalAntía OteroQuímicaSalgueiro MaiaMickey MouseMoreira (árbore)Brad PittCesc FàbregasJesús Hidalgo BermejoAndrés Martínez Salazar🡆 More