Replacer é unha ferramenta en liña, cuxo obxectivo é proporcionar unha interface simple para revisar e corrixir os erros ortográficos ou de estilo máis comúns na Wiki Galego.
A ferramenta foi desenvolvida (e é mantida) por benjavalero. Está despregada nos servidores de Wiki Toolforge, e dispoñible en:
Para utilizar a ferramenta, basta iniciar sesión cun usuario da Wikipedia dando permiso con OAuth, e logo para traballar na Galipedia hai que escoller esa wiki na parte superior dereita.
As edicións que se realicen serán rexistradas nas contribucións do usuario.
O código fonte da ferramenta está dispoñible en GitHub.
Polo momento a visualización da páxina e das mensaxes é en castelán, pero todas as modificacións fanse na Wikipedia en galego.
A ferramenta facilita a revisión manual das substitucións suxeridas para certos erros ortográficos típicos. Este tipo de substitucións non poden corrixirse de maneira automatizada debido a que moitos son falsos positivos.
Exemplo: a palabra
geografia
é incorrecta en galego pero é correcta en catalán ou portugués.
Ao editar un artigo, a ferramenta permite corrixir cada unha das substitucións de maneira independente, proporcionando ademais un botón ao final para gardar sen cambios, no caso de que ningunha das substitucións deba ser corrixida (todas son falsos positivos).
En caso de dúbida, recoméndase usar o botón de «Gardar sen cambios» e pasar á seguinte revisión.
aínda así
. Estas expresións extráense dunha lista de erros compostos.07 de agosto de 2018
7 de Agosto de 2018
Desde Agosto de 2018
habia
. Estes termos extráense da listaxe da Wiki.Hai certas partes dun texto que queremos ignorar pois adoitan detectarse moitos falsos positivos, por exemplo unha cita en galego antigo ou un parámetro propio da Wikipedia que non acepta diacríticos. Entre outros:
[[File:españa.png|España]]
{{Cita|Texto}}
«In Paris»
''online''
{{... | índice = españa | ...}}
[[Categoría:Jennifer Lopez]]
ou
{{*Album|...}}
{{...| pais = España | ...}}
http://www.monografias.com
[[brasil]]eño
[[Taiwan|Taiwán]]
Tamén se teñen en conta falsos positivos moi comúns, e. x. Los Angeles Lakers
, que se extraen dunha lista de falsos positivos.
A ferramenta indexa periodicamente o contido da Wikipedia para buscar substitucións nas novas edicións. Baséase nuns dumps xerados mensualmente, polo que os contadores de substitucións poden non estar actualizados.
Para cada páxina atopada:
Se unha páxina é modificada despois da súa última revisión na ferramenta, esta volverá a indexarse, polo que é posible que algúns falsos positivos xa revisados volvan aparecer na listaxe, no caso en que a súa localización no texto cambiase e por tanto a ferramenta non teña forma de saber se é unha substitución nova ou non.
Pode resultar rechamante que o nome da ferramenta estea en inglés. Debe entenderse que inicialmente a ferramenta expúxose para usarse con distintos idiomas, e de feito segue manténdose con ese propósito (non sería moi complicada adaptala a outra lingua). Ademais, WikiReemplazador facíaseme demasiado longo.
A ferramenta está en constante mantemento. Xa non tanto en erros (afortunadamente) pero si en optimización, e inclusión de novas substitucións e falsos positivos, que faciliten aínda máis a revisión.
Calquera suxestión e corrección é benvida, especialmente en termos de usabilidade, tanto na propia páxina de conversa como no xestor de incidencias en GitHub.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Wiki:Replacer, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.