Tratado De Edimburgo-Northampton

O Tratado de Edimburgo-Northampton foi un tratado de paz, asinado en 1328 polos reinos de Inglaterra e Escocia.

Supuxo fin á Primeira Guerra de Independencia de Escocia que comezara coa invasión inglesa de Escocia en 1296. O tratado foi asinado en Edimburgo por Roberto I, Rei de Escocia, o 17 de marzo de 1328, e foi ratificado polo Parlamento inglés en Northampton o 1 de maio. O documento foi escrito en francés e está en poder do "National Archives of Scotland" en Edimburgo.

Os termos do tratado establecían que, en troques de £20,000 libras, a Coroa Inglesa recoñecería:

  • O Reino de Escocia como unha nación totalmente independente;
  • A Robert the Bruce, e os seus herdeiros e sucesores, como os gobernantes lexítimos;
  • A fronteira entre Escocia e Inglaterra como fora durante o reinado de Alexandre III (1249-1286).

A guerra

A causa das Guerras de independencia de Escocia foi motivada pola incerteza da sucesión na Coroa Escocesa despois da morte de Alexandre III en 1286. Eduardo I de Inglaterra apoiou inicialmente a candidatura de John Balliol, quen foi coroado como Rei dos Escoceses en 1292, pero finalmente expresou o seu propio reclamo de soberanía sobre Escocia. Despois do exilio de Balliol, Robert the Bruce reclamou tamén o seu dereito á coroa, ofrecendo unha resistencia a Eduardo. Roberto I declarouse a si mesmo Rei, e coroouse en 1306. Logo diso inflixiu unha derrota decisiva ós ingleses, que estaban baixo o mando de Eduardo II, na Batalla de Bannockburn en 1314.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

1 de maio132817 de marzoEdimburgoLingua francesaPrimeira Guerra de Independencia de EscociaReino de EscociaReino de InglaterraRoberto I de Escocia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Illas BalearesJosé Luis GilDodroOs posesivos galegosMeigaPanteón de Galegos IlustresLista das aves de GaliciaJ. R. R. TolkienManuel MurguíaViveiroToledoMaría do Socorro Ortega RomeroCopia por contactoMomia de ManchesterComarcas de GaliciaNino BravoManuel María Puga PargaMickey MouseEva CárdenasDavid PerdomoAda LovelaceMiguel de CervantesCohesiónGheadaNoelia ReyCesc FàbregasCristovo ColónAlfonso Basterra CamporroO incerto señor Don HamletConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesMaría Xosé QueizánPaleolíticoInformation Technology Infrastructure LibraryFísicaJulián ElviraConcellos de GaliciaAdolph von MenzelSonia MéndezHLA-DRJoan Manuel SerratTeoría de gruposAntonio López DíazJude BellinghamProvincia de OurenseAires da miña terraJosé Luis Rodríguez ZapateroA PontenovaRomán Rodríguez GonzálezRúa das Rodas (Santiago de Compostela)Diáspora galegaLince (zooloxía)Colocación do pronome átono en galegoVisigodosXabier P. DoCampoConcha BuikaOcéano ÍndicoPaís VascoCaralloLonga distancia RenfeXogo da chaveRías Baixas (serie de televisión)Fauna de GaliciaZeca AfonsoAmorodeiraXosé Luís Franco GrandeLeire MartínezFachada do ObradoiroProsobranquiosFerrolVerínParáfrase🡆 More