Trapecio De Orión

O Trapecio, Cúmulo do Trapecio ou O Trapecio do Cúmulo de Orión é un pequeno cúmulo estelar no corazón da Nebulosa de Orión, a cal pertence á constelación de Orión.

Foi descuberto por Galileo Galilei. O 4 de febreiro de 1617, Galileo puido esbozar tres das estrelas (A, C, D), pero o resto de estrelas estaban confundidas entre a nebulosidade circundante. A cuarta compoñente (B) foi identificada por varios observadores no ano 1673, e varias compoñentes máis foron descubertas máis tarde, para un total de oito estrelas confirmadas, ala polo ano 1888. Posteriormente varias das estrelas foron confirmadas coma binarias. Os telescopios dos astrónomos afeccionados de preto de 5 cm de apertura pode resolver seis estrelas en boas condicións de visibilidade.

Cúmulo do Trapecio
Trapecio De Orión
Imaxe óptica do Trapecio (na esquerda) e no infravermello próximo (na dereita), tomada polo Telescopio Espacial Hubble. Créditos: Nasa
Descubrimento
Descubridor Galileo Galilei
Data do descubrimento ?
Observación
Época= X.2000
Constelación de Orión (constelación)
Pertence á Nebulosa de Orión
Ascensión recta 05h 35,4m
Declinación −05° 27′
Características
Distancia 1,6 KAl (490 pc)
Tamaño angular 47 segundos de arco
Magnitude aparente 4,0
Masa ?
Raio estimado 10 anos luz
Idade estimada 3 × 105 anos

O trapecio é un cúmulo relativamente novo que se formou directamente da nebulosa nai. As cinco estrelas máis brillantes son da orde de entre 15 a 30 masas solares de tamaño. Elas están separadas entre si dentro dun diámetro de 1,5 anos luz e son responsables de boa parte da iluminación da nebulosa. O Trapecio podería ser un sub-compoñente do Cúmulo da Nebulosa de Orión, un grupo de preto de 2.000 estrelas dentro dun diámetro duns 20 anos luz.

Identificación

É máis facilmente identificable polo asterismo das catro estrelas relativamente máis brillantes. As catro son moitas veces identificadas coma A, B, C, e D, en orde crecente respecto da súa ascensión recta. A máis brillante das catro estrelas é C, ou Theta1 Orionis C, cunha magnitude aparente de 5,13. Tanto A coma B foron identificadas coma binarias eclípsantes.

As imaxes no infravermello do Trapecio son as que foron capaces de penetrar mellor entre as nubes de po, e grazas a elas detectáronse moitas máis compoñentes estelares. Preto da metade das estrelas dentro do cúmulo posúen discos circumestelares que se están disipando, moi posiblemente unha condición precursora da formación planetaria. Ademais, tamén foron identificadas varias ananas marróns e varias estrelas fuxitivas de baixa masa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lecturas recomendadas

Ligazóns externas

Tags:

Trapecio De Orión IdentificaciónTrapecio De Orión NotasTrapecio De Orión Véxase taménTrapecio De OriónConstelaciónCúmulo estelarNebulosa de Orión

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

DiteaAnguíaMachu PicchuProvincias de EspañaEscitasWikipedia en waray-warayCentral térmica das PontesÁcido cápricoISBNBicogrosoPalabraToledoCrimeaArma nuclearMétopaHindemburg Melão Jr.GlobósidoMasturbación coas mamasCasa de PlantagenetPortadaFernando AlonsoLingua checaArgos, GreciaCarles PuigdemontIndonesiaCanle (comunicación)Álex FidalgoPulqueriaOcéano AtlánticoSangueAnxo (cristianismo)ActinopterygiiMaruca do MediterráneoGran Premio de Australia de 2018ErgocalciferolMuxe'Antilope cervicapraMaría JamardoFátima PegoBaltimoreSteven AdamsGuepardoTeleósteosElena RybakinaCameloLobeiraMercedes-Benz C112AnxiospermasThe Chronicles of NarniaCidade de MéxicoEd O'BrienMarineraDune (filme de 2021)PlebePorto, PortugalFinancial TimesPontevedraFrancisco Porto MellaBrendon HartleyAlexander MostovoiFuso horarioIsidoro de KíivElemento nuclear intercalado longoAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoLareiraBalthasar GérardTerceira dinastía de ExiptoArnold SchwarzeneggerIntrónO Canon da MedicinaCarlito syrichtaCastro de BorneiroSongkickOurenseLleida🡆 More