Gramática Translación

A translación é a relación entre dúas palabras ou secuencias de palabras de natureza diferente (clase de palabra) mais coa mesma función gramatical.

Foi Lucien Tesnière o primeiro en falar de translación. Para el, na translación unha palabra plena dunha clase gramatical pasa a outra clase gramatical. Así, azul en azul do ceo foi transferido da clase dos adxectivos á clase dos substantivos. A terminoloxía que Tesnière utiliza é a seguinte:

      • A translación é o cambio de categoría gramatical dunha palabra: a preposición permite que un substantivo actúe como adxectivo (de Roma = romano).
      • Transferendo é a palabra tal e como se presenta antes de sufrir a translación.
      • O marcante morfolóxico (a preposición no exemplo anterior) recibe a denominación de translativo.
      • A palabra unha vez sufrida xa a translación é o transferido.

Dous tipos de translación:

      • Hai translación de primeiro grao cando o transferendo é unha palabra: de Paris e parisiense.
      • Hai translación de segundo grao cando o transferendo é unha frase enteira (A translación de segundo grao é recoñecida pola gramática tradicional co nome de subordinación): (O rapaz) que traballa e traballador.

Os marcantes de translación de primeiro grao son as preposicións. Mentres que os translativos de segundo grao son as conxuncións de subordinación. Así pois fronte a terminoloxía tradicional, que distingue entre conxuncións e preposicións, a terminoloxía adoptada por Tesniere distingue xuntivos (conxuncións de coordinación), translativos de primeiro grao (preposicións) e translativos de segundo grao (conxuncións de subordinación).

A noción de translación debe permitir que non haxa ambigüidade, como en de París e de Pedro en O tren de París e O can de Pedro, as dúas coa preposición de. neste caso, de París e de Pedro compórtanse sintacticamente como adxectivos pois, como estes últimos, son precedidos por un substantivo.

As translacións poden ser adxectivais, verbais, substantivas ou adverbiais cando o substantivo tórnase adxectivo, verbo, substantivo ou adverbio. Son desubstantivais, deadxectivais, deadverbiais ou deverbais cando a palabra transferida deixa de ter esas funcións.

Tags:

Palabra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

GalipediaMarcos PereiroDecembroExaculaciónLuísa VillaltaFilipe V de EspañaWinston ChurchillEstadio Municipal de BalaídosFran AlonsoLista de cidades de IsraelTereixa ConstenlaPampallínMondraCariorrexeIris Gey LópezCatedral de la Seu d'UrgellRaquel AtanesRosario FloresHannah ArendtDinís de PortugalEmilia Pardo BazánBandeira de GaliciaA CañizaLa RegiónDaniel BasteiroMarie CurieEl laberinto del faunoAterínidosCarlos CuerpoVerbos galegos facer, dicir e haberPublicacións impresas da diáspora galegaA memoria da choivaMamen MendizábalLogroñoPaís neutralManuel OuteiriñoMika1890Eduardo Paredes RodríguezPosición aconchegadaTristán UlloaHeraldo de Galicia (A Habana)María del MontePeer-to-peerRamón María del Valle-InclánMillie Bobby BrownAsunta Basterra PortoTuiCantinflasAdolfo GacioMasturbación coas mamasVulvaBurroAbraham PérezBloque Nacionalista GalegoMitoloxía galegaXabier DíazMarina CastañoPilar Vázquez CuestaMáquina comecartosMichael JacksonDavid SilvaSátrapaAna Belén FortesMartiño de DumioBieito RubidoSegunda guerra mundialWill SmithXosé Ramón GayosoDolores IbárruriWikipediaJosé Manuel LageA Habana🡆 More