Torre De Belén

9°12′57″O / 38.691388888889, -9.2158333333333

A Torre de Belén (en portugués "Torre de Belém") é un dos monumentos máis expresivos da cidade de Lisboa. Localízase na marxe dereita do río Texo, onde existiu outrora a praia de Belén. Inicialmente cercada polas augas en todo o seu perímetro, progresivamente foi envolvida pola praia, ata se incorporar hoxe á terra firme.

Torre de Belén
(clasificación conxunta
co Mosteiro dos Xerónimos)
Torre De Belén
Torre de Belém
Torre de Belen en Portugal
Torre de Belen
Torre de Belen
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísPortugal Portugal
TipoCultural
CriteriosIII, VI
Inscrición1983 (7ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador263

Clasificada como Patrimonio Mundial pola UNESCO, o 7 de xullo de 2007 foi elixida como unha das Sete marabillas de Portugal.

Historia

Orixinalmente baixo a invocación de San Vicente de Saragoça, patrón da cidade de Lisboa, designada no século XVI polo nome de Baluarte de san Vicente a par de Belén e por Baluarte do Restelo, esta fortificación integraba o plano defensivo da barra do río Texo proxectado á época de Xoán II (1481-1495), integrado na marxe dereita do río polo Baluarte de Cascais e, na esquerda, polo Baluarte da Caparica.

O cronista García de Resende foi o autor do seu risco inicial, tendo rexistrado:

E assim mandou fazer então a (...) torre e baluarte de Caparica, defronte de Belém, em que estava muita e grande artilharia; e tinha ordenado de fazer uma forte fortaleza onde ora está a formosa torre de Belém, que el-Rei D. Manuel, que santa glória haja, mandou fazer; para que a fortaleza de uma parte e a torre da outra tolhessem a entrada do rio. A qual fortaleza eu por seu mandado debuxei, e com ele ordenei a súa vontade; e tinha já dada a capitania dela [a] Álvaro da Cunha, seu estribeiro-mor, e pessoa de que muito confiava; e porque el-Rei João faleceu, não houve tempo para se fazer
Torre De Belén 

A estrutura comezaría a edificarse en 1514, baixo o reinado de Manuel I (1495-1521), tendo como arquitecto Francisco de Arruda. Localizábase sobre un afloramento rochoso nas augas do río, fronteiro á antiga praia de Belén, e destinábase a substituír a antiga nao artillada, ancorada naquel lugar, de onde partían as frotas para as indias. As súas obras ficaron a cargo de Diogo Boitaca, que nesa época tamén dirixía as xa adiantadas obras do veciño Mosteiro dos Xerónimos.

Concluída en 1520, foi o seu primeiro alcaide Gaspar de Paiva, nomeado para a función ao ano seguinte.

Coa evolución dos medios de ataque e defensa, a estrutura foi, gradualmente, perdendo a súa función defensiva orixinal. Ao longo dos séculos utilizouse como rexistro aduaneiro, posto de sinalización telegráfico, e farol. As súas polvoreiras foron usadas como alxubes para presos políticos durante o reinado de Filipe I (1580-98), e, máis tarde, por Xoán IV (1640-1656). O Arcebispo de Braga e Primado das Españas, Sebastião de Matos de Noronha (1636-1641), por coalición con España e facendo fronte a Xoán IV, foi preso e mandado recluso para a Torre de Belén.

Sufriu varias reformas ao longo dos séculos, principalmente a do século XVIII que privilexiou as ameas, o varandín do baluarte, e o recanto da Virxe cara ao río e o claustro.

Clasificada como Monumento Nacional por Decreto do 10 de xaneiro de 1907, foi declarada pola UNESCO como Patrimonio Cultural de toda a Humanidade no 1983.

Características

Torre De Belén 
A eterna Torre de Belén, o maior ex-libris de Lisboa.

O monumento reflicte influencias islámicas e orientais, que caracterizan o estilo manuelino e marca o fin da tradición medieval das torres da homenaxe, ensaiando un dos primeiros baluartes para artillaría en Portugal.

Parte da súa beleza reside na decoración exterior, adornada con cordas e nós esculpidas en pedra, galerías abertas, torres de vixía no estilo mourisco e ameas en forma de escudos decoradas con esferas armilares, a cruz da Orde de Cristo e elementos naturalistas, como un rinoceronte, alusivos ás navegacións. O interior gótico, por baixo da azotea, que serviu como armaría e prisión, é moi austero.

A súa estrutura componse de dous elementos principais: a torre e o baluarte. Nos ángulos da plataforma da torre e do baluarte, sobresaen garitas cilíndricas coroadas por cúpulas de gomos, ricamente decorada en cantaría de pedra.

A torre cuadrangular, de tradición medieval, érguese con cinco andares por riba do baluarte, a saber:

  • Primeiro andar - Sala do Gobernador.
  • Segundo andar - Sala dos Reis, con teito elíptico e fogón ornamentado con medias-esferas.
  • Terceiro andar - Sala de Audiencias.
  • Cuarto andar - Capela.
  • Quinto andar - Plataforma da torre.

A nave do baluarte poligonal, ventilada por un claustrín, abre 16 canoneiras para tiro rasante de artillaría. O terraplén, gornecido por ameas, constitúe unha segunda liña de lume, nel atópase o santuario da "Nossa Senhora do Bom Sucesso" co Neno, tamén coñecida como a Virxe do Restelo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Descubrimentos Portugueses
  • Lisboa
  • Estilo Manuelino

Ligazóns externas

Tags:

Torre De Belén HistoriaTorre De Belén CaracterísticasTorre De Belén NotasTorre De Belén Véxase taménTorre De BelénCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

MovementoAlberto García García1080° SnowboardingMoncha FuentesNarónCopa da CostaWorld Trade CenterCastro de Escuadro, MacedaJohn BalanNarfQFactor de virulenciaXestaNDía da NaiNava CastroVincent van GoghRick DangerousPaco LodeiroUnion List of Artist NamesAtaque EscampeEva Iglesias MiguénsO detective ConanUbisoftRevolución IndustrialHela1 de maioFringeEsqueletoÁ busca do tempo perdidoRaposo comúnPlateau de BeillePrimeiro ministro do Reino UnidoBeixoÁreas lingüísticas do galegoLáncaraTras da Feira, Galdo, ViveiroAs bestasVilardecás, MacedaOrosoAmigaArmando Requeixo7GameCubeTereixa NovoCLuz FandiñoHard GZVilagarcía de ArousaEscultura barrocaDaniel Carballo CodesidoUComarcas de GaliciaCastro CaldelasBotón direccionalManuel TurizoExaculaciónPrimeira guerra mundialBenito KamelasWikipedia en polacoLuxemburgoJoe DanteYRinoceronte de DürerEsponxaPaco SoutoWii UCitania de SanfinsLagarto das silvasBipartito galegoEscravitudeJulián BesteiroArabia SauditaGaio (ave)GatipedroBarbadás, BarbadásBillarda🡆 More