Todo Sobre Eva: Filme de 1950 dirixido por Joseph L. Mankiewicz

Todo sobre Eva (en inglés, All About Eve) é un filme do director Joseph L.

Mankiewicz">Joseph L. Mankiewicz que conta a historia dunha recoñecida mais madura actriz de Broadway, Margo Channing, e a ambiciosa fan Eve Harrington.

Todo sobre Eva
Todo Sobre Eva: Argumento, Personaxes, Produción
Ficha técnica
Título orixinalAll About Eve
DirectorJoseph L. Mankiewicz
GuiónJoseph L. Mankiewicz
Baseado enThe Wisdom of Eve, de Mary Orr
IntérpretesBette Davis
Anne Baxter
George Sanders
Celeste Holm
MúsicaAlfred Newman
FotografíaMilton R. Krasner
MontaxeBarbara McLean
Estrea13 de outubro de 1950
Duración138 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$1 400 000
Recadación$8 400 000
Na rede
IMDB: tt0042192 Filmaffinity: 412657 Allocine: 1596 Rottentomatoes: m/1000626-all_about_eve Mojo: allabouteve Allmovie: v1546 TCM: 67044 Metacritic: movie/all-about-eve TV.com: movies/all-about-eve Netlix: 242142Editar o valor em Wikidata

Protagonizado por Bette Davis e Anne Baxter tamén lle deu a Marilyn Monroe un dos seus primeiros papeis de importancia.

Emitiuse en galego na TVG o 5 de maio de 2000.

Argumento

Nunha entrega de premios, Eve Harrington recibe o premio Sarah Siddons pola súa interpretación en Footsteps on the Ceiling. O crítico teatral Addison DeWitt observa o momento e cunha sarcástica voz en off conta o ascenso de Eve como actriz teatral.

Un ano antes Margo Channing é unha das maiores estrelas do teatro de Broadway, mais acaba de cumprir corenta anos e sabe que supón iso para a súa carreira. Tras unha función, Karen Richards, amiga íntima de Margo, coñece a súa fan Eve Harrington na porta do teatro. Karen lévaa a coñecer a Margo.

Personaxes

Produción

O argumento de Todo sobre Eva procede dunha anécdota que a actriz Elisabeth Bergner contou a Mary Orr e que esta converteu nun relato breve.

Mankiewicz buscaba unha historia sobre unha actriz que estaba a envellecer e tras ler "The Wisdom of Eve", informou a Darryl F. Zanuck que podía combinar as dúas historias, suxerindo a Susan Hayward como protagonista.

Finalmente Hayward foi descartada por Zanuck por ser "demasiado nova", Marlene Dietrich, por ser "demasiado alemá", e Gertrude Lawrence, porque o seu avogado insistiu en que non podía beber nin fumar no filme e que había que modificar o guión para que cantase unha canción. Zanuck pensou en Barbara Stanwyck, mais non estaba dispoñible. Tamén foron consideradas Tallulah Bankhead, Ingrid Bergman e Joan Crawford, que xa estaba traballando en The Damned Don't Cry.

O papel foi finalmente para Claudette Colbert, mais sufriu unha lesión grave no lombo e tivo que abandonar ao pouco tempo de comezar a rodaxe. Finalmente foi escollida Bette Davis, que aceptou inmediatamente. Tras contratar a Davis, Mankiewicz revisou o guión para converter a Margo nunha persoa máis abrasiva.

Anne Baxter, que gañara o Oscar á mellor actriz secundaria en 1946 conseguiu o papel de Eve Harrington despois de que a escollida, Jeanne Crain, quedase embarazada.

Crítica e premios

Todo sobre Eva recibiu críticas positivas desde a súa estrea en Nova York o 13 de outubro de 1950. O seu gran competidor ese ano foi o filme de Billy Wilder Sunset Boulevard.

Na 23ª edición dos Oscar, Todo sobre Eva conseguiu catorce candidaturas, récord que igualou Titanic corenta e sete anos máis tarde. Gañou os premios ao mellor filme, director, actor secundario, guión, vestiario e son. Ademais continúa a ser (no 2022) o único filme con catro actrices candidatas ao Óscar.

Gañou tamén o Globo de Ouro ao mellor guión e o BAFTA ao mellor filme. No Festival de Cannes gañou o Gran Premio do Xurado e o premio á mellor actriz para Bette Davis.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Todo Sobre Eva ArgumentoTodo Sobre Eva PersonaxesTodo Sobre Eva ProduciónTodo Sobre Eva Crítica e premiosTodo Sobre Eva NotasTodo Sobre Eva Véxase taménTodo Sobre Eva

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xogos Olímpicos de 2004Digital object identifierCAPTCHARocco SiffrediNee BarrosMaría Jesús MonteroA Mesa pola Normalización LingüísticaSanta CompañaDavid VillaBárbaroReal Academia GalegaO CarballiñoCuntisLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingManuel Lugrís FreireMickey Mouse ClubhouseJulio CambaMickey MouseAlcaldes da CoruñaXosé Luís Méndez FerrínAnxo AngueiraNintendo 64Jesús Hidalgo BermejoTorre de HérculesVictoria Núñez LópezPexegoOs demostrativos galegosNikola TeslaRocío LeiraPosición do coito lateralGame Boy ColorXogo da chaveRúa das Rodas (Santiago de Compostela)Copia por contactoLa Voz de GaliciaTigreO lobo da xenteCarles PuigdemontRefraneiro galego sobre o panLista de episodios de O detective ConanMan-in-the-middle attackAquí no hay quien vivaJohann Sebastian BachGrupo RompenteCantabriaFelix MendelssohnBarónBieito (nome)Aldous HuxleyGuillermo Alonso BarciaSevillaOvo (alimento)Emma WatsonAngelina MangoInditexPrimeira división española de fútbolTenda en liñaLucas VázquezPatricia Argerey VilarLingua casteláWikipediaNova narrativa galegaGalego-portuguésA EstradaPilar AbellaImmanuel KantCélula procariotaRomán Rodríguez GonzálezCarlos de Matos GomesRaquel AtanesNoelia ReyXosé FortesRamiro I de OviedoLista de voces dos animais🡆 More