Theodor Wolfgang Hänsch, nado o 30 de outubro de 1941 en Heidelberg, é un físico alemán.
Foi galardoado cun Premio Nobel de Física en 2005, compartido con John L. Hall, polas súas contribucións no desenvolvemento da espectroscopia baseada no láser. Tamén ese ano o premio foi para Roy J. Glauber.
Estudou física na Universidade de Heidelberg, onde fixo o seu doutoramento en 1969. Máis tarde realizou estudos post-doutorais nos Estados Unidos, e foi profesor de física na Universidade Stanford de 1975 a 1986. Dende 1986 foi director no Instituto Max Planck de Óptica Cuántica e profesor de Física Experimental na Universidade Ludwig Maximilians de Múnic. Os seus principais campos de investigación son as de alta precisión láser de espectroscopia de hidróxeno e elementos similares e a investigación dos gases cuánticos ultrafríos.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Theodor W. Hänsch, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.