Gnosticismo

O gnosticismo (do grego Γνωστικισμóς: gnostikismós; de Γνωσις: gnosis, «coñecemento») é un conxunto de correntes sincréticas filosófico-relixiosas que chegaron a mimetizarse co cristianismo nos tres primeiros séculos da nosa era.

Acabou por converterse nun pensamento declarado herético despois dunha etapa de certo prestixio entre as intelectuais cristiás. De feito, pode falarse dun gnosticismo pagán e dun cristián, aínda que o máis significativo acadouse como rama heterodoxa do cristianismo primitivo.

Gnosticismo
Evanxeo de María Madalena.

Teoloxía

A teoloxía gnóstica vén da palabra gnose, que procede á súa vez do verbo gignósko, que significa coñecer. Polo tanto, será coñecia como un coñecemento superior, interno, espiritual e iniciatico. No grego clásico e no popular, denominábase como koiné, o que na actualidade é coñecido como epísteme.

En filosofía, epísteme significa "coñecemento científico", o cal é oposto a "opinión". Pola contra, gnosis refírese ao coñecemento, en oposición á ignorancia ou agnose.

Ao contrario do coñecemento científico, a gnose é un coñecemento que nace no corazón de forma misteriosa e intuitiva.[Cómpre referencia] É pois a busca do coñecemento, non o intelectual, senón o que lle dá sentido á vida humana. Este vólvese pleno cando o home encontra a súa esencia eterna e marabillosa.[Cómpre referencia]

O obxecto do coñecemento da Gnose é Deus, ou todo aquilo que vén del. Toda gnose parte do punto de confirmación da existencia dun deus totalmente transcendente. "Coñecer" significa ser e actuar no ámbito divino, neste caso do ser humano. Por iso o termo coñecer implica a salvación de todo mal ou Ego, no cal poida estar a persoa que posúa ese coñecemento.

Isto é tanto un concepto relixioso e psicolóxico, como científico, filosófico e artístico. A partir da visión gnóstica, o significado da vida parece unha transformación e unha visión interior, o que hoxe en día coñecemos como psicoloxía profunda.

Pódese dicir que no ámbito relixioso, a gnose é unha sensación dolorosa que tanto mulleres como homes senten pola separación entre o humano e o ser divino.[Cómpre referencia] No fondo, tamén se cre que a pretensión é encontrar a relación entre os humanos e a divindade.

Para Carl Gustav Jung, moitos gnósticos só eran psicólogos. Pensaba que a gnose era un coñecemento psicolóxico, é dicir, que todo o que abarcaba proviña do subconsciente. Jung chegou a esta conclusión a través da concentración da atención sobre o chamado factor subxectivo, que consiste na acción de demostrar a influencia do subconsciente sobre a conciencia. Así pois, foi grazas a esta teoría como explicou o paralelismo entre a simboloxía gnóstica e a psicoloxía profunda.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Tags:

Gnosticismo TeoloxíaGnosticismo NotasGnosticismo Véxase taménGnosticismo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ShōgunTito ValdésArroazAguia imperial ibéricaRosalía de CastroVangardasMarcelo Rebelo de SousaISBNLisboaGheadaBucetaClint EastwoodPerífrases verbais galegasÁngel CarracedoBenito MussoliniIker MuniainLista de emperadores romanosGalaicosCastro de Punta do BicoCarballedo, Cerdedo-CotobadeMarcelo CaetanoCamilo Nogueira RománNacho CastañoManuel RicoPapuxa das amorasVox populiQuenllaRepública ChecaNightmare Alley (filme de 2021)Colocación do pronome átono en galegoMasculino e feminino en galegoPaparazziSri LankaRaffaella CarràLingua portuguesapxhj6Manuel Gago MariñoFiúnchoXestaCataluñaXurxo AyánDía das Letras GalegasLista de castelos de PortugalVómito (grupo musical)Rebel MoonO Barco de ValdeorrasSelección de fútbol de GaliciaJavier CasqueiroRamón Otero PedrayoHorteláCubaMadridCharles WhiteÁlvaro Porto DapenaFerrer BassaLArantzaPanteón de Galegos IlustresCorzoCatedral de Santiago de CompostelaA gaita gallega (libro)Hard GZCristina MaróAs leis de CelavellaTeixugoSegunda guerra mundialItxu DíazAmaia Martínez GrisaleñaMark Lewis JonesXabier DeiveGuerraSalgueiro🡆 More