Spaceshipone

SpaceShipOne foi un avión espacial suborbital deseñado pola compañía Scaled Composites, propiedade de Burt Rutan, para gañar o premio X de Ansari.

Spaceshipone
A SpaceShipOne en terra.

Características

Considerada unha nave experimental, a SpaceShipOne lanzábase desde a aeronave White Knight e propulsábase mediante un foguete con motor híbrido desenvolvido por SpaceDev alimentado por óxido nitroso e HTBD. Na cabina presurizada había espazo para tres tripulantes e a nave podía chegar aos 100 km de altura. Para a reentrada as súas alas inclinábanse cara a arriba para estabilizar a nave e reentrar coa parte inferior da nave por diante. Para a aterraxe as ás volvían á configuración inicial, como nunha aeronave convencional.

A finalidade da nave era abrir o camiño ao turismo espacial con voos suborbitais, aínda que ela mesma nunca transportou turistas e tódolos voos adicáronse a probar os sistema da nave e novas técnicas. O primeiro voo, sen propulsión, tivo lugar o 8 de agosto de 2003. A nave chegou ao límite do espazo, a 100 km de altura, por primeira vez o 21 de xuño de 2004, co piloto Mike Melvill aos mandos, convertendo a SpaceShipOne no primeiro voo suborbital privado en chegar a esa altura. A nave gañou o Premio X ao facer un voo 29 de setembro de 2004 seguido doutro o 4 de outubro, dentro das dúas semanas estipuladas nas condicións para conseguir o premio. En total a nave voou con propulsión seis veces, todas lanzada desde o espazoporto de Mojave, en California. Sucedeuna a SpaceShipTwo, propiedade de Virgin Galaxy, para comezar os voos espaciais suborbitais comerciais.

Historial de lanzamentos

Voo Data Resultado Notas
1 17 de decembro de 2003 Éxito Altura de 20,7 km, velocidade de 1,2 Mach.
2 8 de abril de 2004 Éxito Altura de 32,0 km, velocidade de 1,6 Mach.
3 13 de maio de 2004 Éxito Altura de 64,4 km, velocidade de 2,5 Mach.
4 21 de xuño de 2004 Éxito Altura de 100,1 km, velocidade de 2,9 Mach.
5 29 de setembro de 2004 Éxito Altura de 102,9 km, velocidade de 2,9 Mach.
6 4 de outubro de 2004 Éxito Altura de 111,9 km, velocidade de 3,1 Mach.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Spaceshipone CaracterísticasSpaceshipone Historial de lanzamentosSpaceshipone NotasSpaceshipone Véxase taménSpaceshipone

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pigmento biolóxicoGuerra de CroaciaLleidaOscar RobertsonTimothée ChalametSangueIllas SalomónMitocondriaCalvos de RandínPobo xudeuTurboventiladorHoratio NelsonBrasilGotemburgoCarmen Rodríguez DacostaLinguas de EuropaDamascoEspañaLexión EspañolaÁcido heptatriacontanoicoRamiro CarregalConcellos de GaliciaUapitíLingua osetaÁcido cápricoExército Guerrilheiro do Povo Galego CeiveFalco peregrinusLuísa VillaltaCentral térmica das PontesWillie ColónXabier DeiveLingua islandesaNeornithesHonoluluDistritos de PortugalDobre héliceGuamErgocalciferolAvea comúnBill CosbyQuenllaPresidente de SomaliaCoreano (peixe)TinamidaeWikipedia en waray-warayProvincia da CoruñaFosfatidiletanolaminaNova ZelandiaCloroformoA Dictionary of Greek and Roman AntiquitiesNoelia ReyMarçal MolinéRío AmazonasTranslocase da membrana internaGuepardoVilla MediciLugoEleccións presidenciais dos Estados Unidos de 20161789EucaliptoGripeBearizBaton Rouge, LuisianaÁlex FidalgoContactorMosteiro de Santa María de OseiraLista de concellos de OurenseTermodinámica dos ácidos nucleicosHistoria dos eslavos do surFauna de GaliciaCervo virxinianoDinastía MingVilar de SantosAntioquíaSupernovaÁcido sapiénico🡆 More