Solenogastro

Epimenia verrucosa

Solenogastros
Solenogastro

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Sen rango: Bilateria
Superfilo: Lophotrochozoa
Filo: Mollusca
Clase: Solenogastres
Ordes
  • Cavibelonia
  • Neomeniamorpha
  • Pholidoskepia
  • Sterrofustia

Os Solenogastros (Solenogastres), Solenogástreos (Solenogastrea) ou Neomeniomorfos (Neomeniomorpha) son unha clase moluscos vermiformes exclusivamente mariños que viven e se alimentan sobre cnidarios a grandes profundidades (por debaixo dos 200 m). Son epifaunais, a diferenza dos caudofoveados que viven baixo o substrato (infaunais). Coñécense unhas 250 especies.

Como os caudofoveados, carecen de cuncha e por isto antes agrupábanse con eles na clase dos aplacóforos, hoxe considerada por moitos autores como parafilética debido a existencia de novas probas moleculares, fundamentalmente .

Características

Os solenogastros son moluscos pequenos (en xeral de menos de 5 cm). Carecen de cuncha, ollos e tentáculos. A epiderme presenta na súa parte máis externa unha cutícula quitinosa e espículas de calcita e aragoníticas. Presentan un que esvara atravesado por un suco lonxitudinal ventral chamado suco pedal ou pedio. A cavidade paleal está moi modificada e non amosan ctenidios (branquias). Presentan unha boca anterior con cirros ou papilas sensoriais. O aparato dixestivo presenta divertículos intestinais que maximizan a superficie de absorción de nutrientes. Presentan glándulas salivares moi elaboradas utilizadas para a clasificación taxonómica e algunhas especies teñen rádula.

Son hermafroditas (monoicos) con fecundación cruzada; os gametos saen á cavidade paleal polos gonoductos a través da cavidade pericárdica. Presentan unha endolarva lecitotrófica (aliméntase do vitelo do ovo), ou unha larva trocófora planctotrófica (aliméntase de plancto) nalgunhas especies.

Clasificación

Dentro dos solenogastros coñécense os seguintes Ordes:

Clase SOLENOGASTRES

  • PHOLIDOSKEPIA
    • Dondersiidae
    • Sandalomeniidae
    • Gymnomeniidae [+Wireniidae]
    • Lepidomeniidae
    • Macellomeniidae
  • NEOMENIAMORPHA
    • Neomeniidae
    • Hemimeniidae
  • STERROFUSTIA
    • Phyllomeniidae
    • Imeroherbiidae
    • Heteroherbiidae
  • CAVIBELONIA
    • Pararrhopaliidae
    • Acanthomeniidae
    • Amphimeniidae
    • Simrothiellidae
    • Drepanomeniidae
    • Strophomeniidae
    • Proneomeniidae
    • Epimeniidae
    • Syngenoherbiidae
    • Rhipidoherpiidae

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Solenogastro CaracterísticasSolenogastro ClasificaciónSolenogastro NotasSolenogastro Véxase taménSolenogastro

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CornizóMiguel de MiguelLontreiraIlyushin Il-76Greta ThunbergParroquias de GaliciaGlicerolKarl MarxPropagandaDodecágonoDeclaración BalfourBenito SotoBaltimoreGuerra civil españolaOs camiños da vidaMasturbación coas mamasJSONReino de GaliciaAlbert CamusSionismoMadagascarImperio SelxúcidaCarballoBob MarleyRedondelaPortomarínEzio Flavio BazzoNarónMacedonia do Nortei0tj9UltradereitaShinovaSantuario do Bom Jesus do MonteRachel WeiszEstrella GaliciaReal Academia GalegaCasa BaillyZendayaSloganPosición do canTopónimos célticos en GaliciaHuelvaPasaporte de FidxiGalego-portuguésAraceli GestidoSelección de fútbol do CamerúnRefraneiro galego sobre o panÁreas lingüísticas do galegoBenito VicettoBoyanka Kostova (grupo musical)PonferradaEscultura barrocaMaribel VerdúAna BucetaC. TanganaCastro CaldelasLuís Pérez BarralTorre EiffelPobo triquiCarcasonaJorge C. AlonsoBarcelonaZoroastrismoAlpesChâmoa Gomes de PombeiroFillas de CassandraComarcas de GaliciaLista de deuses celtasSegar's RollBorja Fernández Fernández (1981)Matriz identidadeStephen HawkingAirbus A350🡆 More