Siro: Debuxante e caricaturista galego

Siro López Lorenzo, máis coñecido como Siro, nado en Ferrol o 19 de xaneiro de 1943, é un recoñecido humorista gráfico, caricaturista e ensaísta galego.

Infotaula de personaSiro
Siro: Obra, Obras en galego, Obra en castelán
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1943 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante , caricaturista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Facebook: siropintor AELG: 31 Dialnet: 1992857 Editar o valor em Wikidata

Obra

Profesionalmente, comezou como delineante na empresa metalúrxica Bazán, e publicou os seus primeiros debuxos en 1970, na revista Chan (dirixida por Raimundo García Domínguez Borobó). Axiña se especializou na caricatura e o humor e colaborou asiduamente en diferentes xornais galegos, como Ferrol Diario (en 1971), El Ideal Gallego (1972), La Región (1973), El Norte de Galicia (1980) e, especialmente, La Voz de Galicia, xornal co que traballou desde 1985 ata 2006 como caricaturista político, fundamentalmente. Desde o 2000 coordinou o suplemento de humor de La Voz titulado Xatentendo.com.

Entre 1997 e 1999 colaborou en Diario 16 no espazo "Almas del nueve largo", con Xosé Luis Alvite.

Tamén apareceron debuxos seus en distintas revistas (Grial, Teima, Vagalume, Can sen Dono, Encrucillada e outras) e ilustrando numerosos libros de diferentes autores (Neira Vilas, Chao Rego, Manolo Rivas, Xavier Alcalá, Barreiro Rivas, Helena Villar etc.).

É o autor das ilustracións dos sete volumes dedicados á antropoloxía dentro do Proxecto Galicia, de Hércules Edicións , e os cinco volumes da serie Mitoloxía editada por Ediciones de la Torre. Realizou as medallas das coleccións Letras Galegas e Xacobeo 99, en colaboración co escultor Manuel Ferreiro Badía. En 1997 deseñou o selo conmemorativo do Día das Letras Galegas dedicado a Ánxel Fole.

Co tempo, publicou máis de 15 álbums, desde aqueles primeiros "Humor 71" (1971) ou "Probes homes" (1975) ata os últimos, como "Siro 30 anos despois" (2000) ou "Xente na brétema" (2003), á vez que presentou numerosas exposicións, monográficas ou non, dos seus traballos de caricaturas, retratos e o que deu en chamar "figuracións". Co gallo do Día das Letras Galegas 2009, outorgado a Ramón Piñeiro, presentou a exposición Ramón Piñeiro na lembranza.

Xunto con Xaquín Marín impulsou un manifesto en defensa do humor, do que naceu a idea do que hoxe é o Museo do Humor de Fene. Neste mesmo sentido cómpre lembrar que foi o deseñador do proxecto da Praza do Humor, na Coruña, en 1990.

Tamén colaborou desde o principio na radio e na televisión como guionista, realizador ou locutor. Na COPE de Ferrol foi guionista e director do programa "O espello", entre 1970 e 1985; en Radio Voz realizou "Corre Carmela, que chove", entre 1993 e 1999 ; na Televisión de Galicia colaborou en programas como Mosteiros ou lendas, "Riscos" (con 50 entrevistas a artistas plásticos galegos) e, en 1990, dirixindo ¿Imos aló?, o primeiro curso de galego neste medio .

Obras en galego

Ensaio

Teatro

  • Hai que confiar na esperanza, 2003.

Literatura infanto-xuvenil

  • Sorrir en Frades, 1994.

Obras colectivas

Artigos

  • Simplicissimus, Gulbransson e Castelao, 1979, Grial, onde desenvolve a influencia do humorista alemán Gulbransson sobre Castelao.

Obra en castelán

Ensaio

  • Castelao en el arte europeo, 2016, Real Academia Galega de Belas Artes.

Recoñecementos

Recibiu, entre outros, os premios Merlín (por dúas ocasións: El Progreso, 1980, e Museo do Humor de Fene, 1996), a Vieira do Humor Gráfico (Enxebre Orde da Vieira, 1982), o Premio Fernández Latorre (La Voz de Galicia, 1986 Fundación Fernández Latorre), Ferrolán do ano (1991), o Premio Xornalismo (Xunta de Galicia, 1991), a Medalla da Prata de Galicia (Xunta de Galicia, 1997) e o Premio Galicia Comunicación (2001), ademais do xa citado Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro en 2003.

A súa obra está exposta en diferentes centros como por exemplo no Museo Carlos Maside (Sada), no Museo do Humor (Fene), no Museo Municipal de Ferrol ou no propio Centro Ramón Piñeiro. Tamén forma parte das coleccións de Caixa Galicia, Caixanova, Universidade de Santiago de Compostela ou do Parlamento Galego.

Outros premios

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Siro ObraSiro Obras en galegoSiro Obra en castelánSiro RecoñecementosSiro NotasSiro Véxase taménSiro19 de xaneiro1943CaricaturaFerrolGalicia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Francisco Vázquez VázquezXogo de apostaIntegralurlMichael JacksonPegada ecolóxicaCuac FMCalcioTahuataRamón Pardo AriasLingua castelá2008NadalMaría PitaJosé CoronadoLista das aves de GaliciaLista de etimoloxías dos concellos de GaliciaArroazIntelixencia artificialFútbol americanoLeonarda de TalloWMarc Márquez4Elvis PresleyVíctor DupláQuecemento global1917XornalismoMartiño de DumioRapa das bestasDígocho euReino de Galicia99Aníbal MalvarMaría López SándezCristina VillóSenén PousaSubdivisións da IndiaAmesMarge SimpsonFerroAtlántica27 de marzoXiros idiomáticos galegosDavid HarperManuel FragaYouTubeSPaulino VázquezPsicoloxíaPedro Barrié de la MazaFauna de GaliciaShinovaMaría JamardoEtiopíaSabugueiroIrene GonzálezCondónForxásChaira abisalWayback MachineJesús Vázquez AlmuíñaRulaPatacas frixidasLista de xentilicios de concellos galegos1985Tom HanksNanina SantosEuromillónsXohana TorresFernando Abreu🡆 More