Simboloxía Comunista

O simbolismo comunista abrangue unha gran diversidade de temas, como poden ser a revolución, o proletariado, os campesiños, a agricultura ou a solidariedade internacional.

Os estados, partidos e movementos comunistas utilizan estes símbolos para a súa identificación.

Simboloxía Comunista
Estrela comunista.

É moi común que estes símbolos, xunto co pentagrama (unha estrela de cinco puntas) que representa os cinco continentes habitados ou os cinco compoñentes da sociedade comunista (campesiños, obreiros, exército, intelectuais e mozos), aparezan en amarelo sobre un fondo vermello que representa a revolución socialista. A bandeira da Unión Soviética incorporaba unha estrela vermella bordeada en amarelo xunto coa fouce e o martelo sobre o típico fondo vermello. As bandeiras de Vietnam, China, Corea do Norte, Angola e Mozambique incorporaron símbolos similares baixo os gobernos comunistas.

A fouce e o martelo tornáronse en símbolo do comunismo, e aparecen nas bandeiras da maioría dos partidos comunistas do mundo. Así e todo, a bandeira do Partido dos Traballadores de Corea incorpora un pincel que representa os intelectuais, a maiores do martelo que representa os obreiros industriais e a fouce que representa os traballadores agrícolas.

En Hungría, Lituania, Letonia, Polonia, Ucraína e Indonesia está prohibido o uso de símbolos comunistas en público, e a súa exhibición con fins non educativos considérase unha infracción penal.

A fouce e o martelo

Simboloxía Comunista 
Fouce e martelo.

O martelo representa a clase obreira industrial e a fouce os traballadores agrícolas. Xuntos, simbolizan a unidade entre estes dous grupos sociais.

O emblema da fouce e o martelo utilizouse por primeira vez durante a revolución rusa de 1917, pero non se converteu no símbolo oficial da RSFS de Rusia até 1924. Dende a devandita revolución, este emblema pasou a ser o símbolo de varios países socialistas e partidos comunistas.

Estrela vermella

Simboloxía Comunista 
Estrela vermella.

A estrela vermella de cinco puntas é un símbolo do comunismo e do socialismo en xeral. Foi un símbolo revolucionario tras a Revolución de Outubro e a subsecuente Guerra Civil. Foi longamente utilizada polos partidos da resistencia antifascista e as organizacións clandestinas de toda Europa antes e durante a segunda guerra mundial. Nesa época usouse sobre todo como símbolo do exército vermello dos obreiros e campesiños da Unión Soviética, que liberou o país das forzas invasoras da Alemaña nazi, axudou o resto da Europa do Leste a derrotar os exércitos fascistas e supuxo un dos maiores puntos de inflexión para a derrota do fascismo en Europa. No que despois se denominou Bloque do Leste, as ditaduras fascistas foron derrocadas polo exército vermello e substituídas por estados socialistas politicamente leais á Unión Soviética. Moitos destes países incorporaron a estrela vermella aos seus símbolos estatais para evidenciar a súa natureza socialista.

Aínda que non existe ningunha alegoría orixinal coñecida da estrela vermella máis aló de ser un símbolo político universal, na Unión Soviética asignóuselle un simbolismo máis preciso como representación do Partido Comunista, e a súa posición na bandeira, sobre a fouce e o martelo, simboliza o partido dirixindo o proletariado soviético na construción do estado comunista. Na actualidade, numerosos partidos socialistas e comunistas de todo o mundo usan a estrela vermella.

Bandeira vermella

Simboloxía Comunista 
Bandeira vermella.
    Artigo principal: Bandeira Vermella.

A bandeira vermella adóitase combinar con outros símbolos comunistas. Utilízase en concentracións e celebracións de ideoloxía socialista e comunista, como o 1 de maio.

A bandeira vermella tivo diversos significados ao longo da historia. Utilizouse por primeira vez como unha bandeira de desafío. O seu significado político na era moderna provén do seu uso na Comuna de París. Tras a Revolución de Outubro, o goberno soviético adoptou a bandeira vermella coa fouce e o martelo sobreimpresos como insignia nacional.

Bandeira vermella e negra

Simboloxía Comunista 
Bandeira vermella e negra.

A bandeira vermella e negra foi símbolo dos movementos comunistas de índole anarquista. Foi a bandeira que usaron os grupos anarcosindicalistas durante a guerra civil española. O negro representa o anarquismo, e o vermello, os ideais esquerdistas. Ao longo de anos de historia, esta bandeira introduciuse en numerosos movementos estadistas de esquerda como a Fronte Sandinista ou o Movemento 26 de xullo (impulsor da Revolución Cubana), nos que as cores non están divididos en diagonal, senón horizontalmente. Algúns destes movementos adoptaron esta insignia debido ás súas raíces anarquistas.

«A Internacional»

A Internacional é o himno do movemento socialista. É unha das cancións máis universais do mundo e a súa letra foi traducida practicamente a todas as linguas do mundo. O seu refrán orixinal en francés di: « C'est a lutte finale / Groupons-nous et demain / L'Internationale / Sera le genre humain» (en galego: ‘É a loita final / Agrupémonos todos e mañá / A Internacional / Será o xénero humano’). Con frecuencia cántase co puño no alto.

Esta música foi utilizada por comunistas de todo o mundo dende que foi composta no século XIX e adoptada como himno oficial da Segunda Internacional. No 1918 converteuse no himno da Rusia soviética e da Unión Soviética en 1922, aínda que foi substituída en 1944 polo himno da Unión Soviética, que incide máis no patriotismo. Tamén se cantou como desafío ante gobernos socialistas autoproclamados, como sucedeu en 1989 na República Democrática Alemá, antes da reunificación ou na China ese mesmo ano, durante protestas da praza de Tiananmén.

Arado ou arado estrelado

Simboloxía Comunista 

Aínda que non é un símbolo exclusivamente comunista, é o emblema do socialismo irlandés, e probablemente ten as mesmas raíces que o martelo e o arado orixinal que foi substituído pola fouce e o martelo. A insignia simbolizaba a vontade de que unha República Obreira de Irlanda libre controlase o seu propio destino dende o arado até as estrelas, e a espada unida ao arado significaba a redundancia da guerra tras o establecemento dunha Internacional Socialista. A bandeira representa o Carro, parte da constelación da Osa Maior, que se coñece como «o arado» en Irlanda e Gran Bretaña. O arado é un dos entes máis visibles do ceo irlandés durante todo o ano.

Este emblema, presentado no 1914, foi utilizado pola Milicia de Obreiros Socialistas, o Exército Cidadán Irlandés, durante o Alzamento de Pascua de 1916.

Simboloxía Comunista 

Na China, a bandeira do arado (犁头旗 en chinés simplificado), unha bandeira vermella cun arado amarelo, foi moi empregada durante o período da Primeira Guerra Civil Revolucionaria como insignia das asociacións chinesas de campesiños, organizacións lideradas polo Partido Comunista da China.

Crese que o primeiro usuario foi o activista Peng Pai en 1923, na asociación de campesiños do sóviet de Hailufeng. A bandeira do arado ten numerosas versións distintas, algunhas combinadas coa bandeira do ceo azul, o sol branco ou o campo vermello, e outras con arados de distintas formas.

Heráldica socialista

    Artigo principal: Heráldica socialista.
Simboloxía Comunista 
Os líderes soviéticos procuraban distinguir as súas insignias dos emblemas utilizados polo emperador e a aristocracia rusa. Así, substituíron e omitieron os elementos heráldicos tradicionais, cambiando os emblemas que non satisfacían as prácticas europeas tradicionais.

Moitos gobernos comunistas distanciáronse á mantenta das formas tradicionais da heráldica europea co fin de marcar diferenzas coas monarquías que a maioría substituíron, e que adoitaban ter escudos de armas como símbolos. No seu lugar, seguiron o patrón dos emblemas nacionais adoptados entre as décadas de 1910 e 1920 na Rusia Soviética e a Unión Soviética.

A denominación de heráldica socialista ou heráldica comunista é un nome coloquial para os deseños habituais dos emblemas nacionais adoptados polos estados comunistas. Aínda que se adoitan chamar escudos, moitos destes elementos non o son no sentido estrito da heráldica, pero os patróns recoñecibles conduciron ao uso dese termo oficioso.

Outros símbolos comunistas

Os elementos gráficos seguintes, aínda que non necesariamente comunistas, utilizáronse con frecuencia en bandeiras, selos e propaganda dos movementos e países comunistas.

  • Utensilios proletarios cruzados, que inclúen picos, aixadas, gadañas, e no caso do Partido do Traballo de Corea, un pincel que representa os intelectuais. O ubicuo símbolo da fouce e o martelo entra nesta categoría
  • O Sol nacente, que aparece nos escudos da Unión Soviética, Turkmenistán, Croacia, Romanía e PASOK
  • As rodas dentadas, que aparecen nos emblemas de Afganistán, Angola e China
  • A imaxe do Che Guevara, símbolo habitual do castrismo e o guevarismo
  • Coroas de trigo, algodón, millo e outros cultivos, presentes nos emblemas de case todos os estados de goberno comunista histórico
  • Armas, como o AK-47 da bandeira de Mozambique ou o Mosin-Nagant dos billetes do lek albanés
  • Estandartes vermellos con lendas en amarelo, como nos emblemas de Vietnam e da Unión Soviética
  • Estrelas vermellas ou amarelas, quizais o símbolo comunista máis común tras a fouce e o martelo
  • Libros abertos, como nos emblemas estatais de Mozambique, Angola e Afganistán, así como nas insignias dos partidos comunistas de Rusia e Ucraína e a bandeira das FARC-EP.
  • Fábricas ou equipos industriais, como nos emblemas de Corea do Norte, Bosnia-Herzegovina, Kampuchea Democrática e Acerbaixán
  • Paisaxes naturais, como nos emblemas de Macedonia, Romanía e a RSS Carelo-Finesa
  • Fachos, como no emblema de Iugoslavia
  • Escudo e espada, como na insignia do KGB e na representación da Nai Patria
  • A cruz e a fouce, símbolo do comunismo cristián
  • Retratos de Enver Hoxha, símbolo habitual do hoxhaísmo.
  • Retratos de Iosif Stalin, símbolo habitual do estalinismo.
  • Retratos de Mao Zedong, símbolo habitual do maoísmo.

Dous importantes exemplos de estados comunistas que non utilizan imaxinaría comunista nas súas bandeiras, emblemas ou outras representacións gráficas son Cuba e a antiga República Popular de Polonia.

Galería

A fouce e o martelo en bandeiras e logotipos

Estrela vermella en bandeiras

Bandeira vermella e negra

Outros símbolos

Simboloxía Comunista 
Un tableau vivant nunha concentración comunista en Kerala (India), con dous agricultores formando a fouce e o martelo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Simboloxía Comunista A fouce e o marteloSimboloxía Comunista Estrela vermellaSimboloxía Comunista Bandeira vermellaSimboloxía Comunista Bandeira vermella e negraSimboloxía Comunista «A Internacional»Simboloxía Comunista Arado ou arado estreladoSimboloxía Comunista Heráldica socialistaSimboloxía Comunista Outros símbolos comunistasSimboloxía Comunista GaleríaSimboloxía Comunista NotasSimboloxía Comunista Véxase taménSimboloxía ComunistaAgriculturaComunismoEstadoPartido políticoProletariadoRevoluciónSímbolo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Nordés (vento)Real Club Celta de VigoAntonio MingoteRafael NadalGata CattanaStellantisCarlos CallónAntonio Posse RoybanesDavid VillaLeire MartínezAciñeiraThe Times of IndiaBreogánMexacánVicente RiscoContactGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981Couto MixtoPili PampínHLA-DRFrancisco Castro VelosoJulia OteroSólido platónicoMonomitoNetiquetaIrmandiñosBillardaGerardo Pardo de VeraLedicia CostasTAna Rosa QuintanaOlga NovoAsturiasCota lácteaXacioJoan Manuel SerratÁlvaro MorataFiúnchoDoenza de Paget de mamaVilagarcía de ArousaCuntisLista de voces dos animaisPontedeumeCorea do NorteEscudo de GaliciaÑIslandiaKeanu ReevesA Muraza, Trasmonte, FriolLoeweItxu DíazRomán Rodríguez GonzálezGlobo aerostáticoCáceresBilbaoWikiPremio Nacional de Literatura de EspañaLeninismoSabela (Operación Triunfo)Camilo Díaz BaliñoCela 211Río UllaRenfe OperadoraEva Iglesias MiguénsPosición do coito lateralMargarita Ledo AndiónWikipedia en kusaalFísicaPartido PopularProvincia da CoruñaFrancisco FumegaDeus, porque es tan fato!Jorge Sanz MirandaVictoria Núñez López🡆 More