Sapo Común

O sapo común (Bufo bufo) é un anuro moi habitual en toda clase de hábitats europeos, sobre todo naqueles con certo grao de contaminación, como balsas de rega, estanques etc.

Distribúese por toda Europa agás Irlanda e algunhas illas mediterráneas. É un dos anuros máis coñecidos, dada a súa distribución e requirimentos ecolóxicos laxos.

Sapo común
Sapo Común
Exemplar en Telč, República Checa
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Bufonidae
Xénero: Bufo
Especie: B. bufo
Nome binomial
'Bufo bufo'
(Linnaeus, 1758)
Distribución da especie
Distribución da especie

Distribución da especie
Sinonimia

Un feito curioso que poucos coñecen é a capacidade dos sapos de atraer presas movendo un dos dedos das súas patas traseiras coma se dunha miñoca se tratase.

    Artigo principal: O sapo na cultura popular galega.

Crese que o sapo é un animal pezoñento e que a mucosidade da súa pel, o seu cuspe e mesmo os ouriños son tóxicos para quen os toque. Dise que ese mexo pode cegar a quen o recibe ou provocarlle bochas na pel (mal do coxo ou mal do goxo).

Tamén é quen de botar un mal de aire denominado especificamente mal de sapo. O Domingo de Ramos era tradición bendici-las leiras cunha póla de oliveira e auga bendita, para expulsa-los posibles seres maléficos:

      Sapos e ratos,/ bruxas e meigas,/ fóra das miñas veigas.

Pero tamén entran na terapéutica popular, e así pretendíase cura-la reuma refregando cun sapo a articulación dorida. Colgando do pescozo dunha parturiente unha bulsa con dous sapos vivos, evitábanse as hemorraxias tralo parto. Para cura-las anxinas a un rapaz era bo colocarlle na gorxa un sapo aberto.

Os ollos dun sapo formaban parte do remedio para cura-lo tangaraño dos nenos (raquitismo):

      A nai unha bulsa/ colgoulle ó pescozo con escapularios,/ medallas e figos/ a pel dunha cobra e os ollos dun sapo.

Notas


Sapo Común 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

AnuroContaminaciónEuropaHábitat (ecoloxía)Irlanda

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xabier DíazRosalía (cantante)ValenciaFrei Basilio Río BrenllaISBNCarles PuigdemontSevillaMario Vargas LlosaCarqueixaBragaIrene VillaReloxoMarçal MolinéPartido Popular de GaliciaXúpiterXogoXoán Antón Pérez-LemaRío UllaMúsica das películas de Chano PiñeiroFroufe, O IrixoJoe LiebermanMosteiro de Santa María de OseiraUnión do Povo GalegoPireneosCatedral de Santiago de CompostelaDemocraciaTopónimos célticos en GaliciaRibadeoGina RodriguezMetabolismoBud SpencerPorto da LúaIgrexa ortodoxa coptaCamilo José CelaQEDComarcas de GaliciaRequintaGuepardoOleirosChorimaIgrexa de San Carlo alle Quattro Fontane2003Electronic Numerical Integrator And ComputerQuimera (mitoloxía)República ChecaAtlético de RiveiraMúsica tradicional galegaSindicatoJosé Pérez-ArdáLista de concellos de PontevedraOcéanoBenito KamelasZoroastrismoMesopotamiaPasaporte de FidxiTarazonaFonemaSobreiraGreta ThunbergSulfato de cobre (II)GmailFísica nuclearLiberalFianna FáilLontreiraChantadaIria SobradoManchester City F.C.Rachel WeiszForo do bo burgo de Castro CaldelasAdolf HitlerHeptosaAllariz🡆 More