Santoral

O santoral é a listaxe dos santos admitidos por unha confesión relixiosa, principalmente falando das cristiás, extensible tamén ó calendario litúrxico no que se indica a data na que se celebra a festividade en honor dun santo ou outra figura relixiosa.

O calendario actualmente usado pola Igrexa católica, o calendario romano xeral, é unha versión modificada do costume paleocristián de conmemorar a morte dos mártires no seu aniversario. Coa continua canonización de crentes ó longo dos séculos, tódolos días do ano se conmemora polo menos a algún santo. Isto faise non só coa morte dos mártires: hoxe en día tamén se lembra a data da morte natural dos santos (os antigamente chamados confesores, en contraposición ós testemuños ou μαρτυρες—), que tamén son incluídos no calendario xunto con festividades coma a Pascua, o Pentecoste ou a Epifanía, relacionadas con eventos da vida de Xesús e a historia eclesiástica.

Santoral
San Martiño, patrón de Ourense

Na época medieval era costume indicar as datas dos eventos en relación ó calendario eclesiástico, datándoos ó estilo de "terceiro día de Advento" ou "noite de san Xoán". Do mesmo xeito, o nome de pía dos infantes adoitaba ser o da festividade que se celebrase no día dos seu nacemento ou bautismo. Aínda que menos frecuente na actualidade, nalgúns países de tradición católica ou ortodoxa, consérvase o costume de saudar e felicitar ás persoas polo día do seu santo ou onomástica.

A lista mencionada no santoral da Igrexa católica non presenta necesariamente coincidencia coas das outras cristiás, en concreto das do anglicanismo, calvinismo, luteranismo, presbiterianismo e en xeral das igrexas da Reforma, e proceden fundamental e inicialmente do chamado Martiroloxio. O santoral comprende diversos tipos ou niveis de santidade: beatos, mártires, santos, anxos, arcanxos etc.

Condicións para entrar no santoral

Avogacías

Ben sabido é que san Francisco de Asís protexe os animais, que santa Icía (santa Cecilia) a música, santa Bárbara os artilleiros e san Xoán Bosco o cinema. Trátase dunha asociación pagá, utilizada pola Igrexa para cristianizar os cultos antigos ou para fomentar o culto católico. Moitas destas avogacías reflíctense na representación habitual do santo, e unha posible clasificación dividiría entre as proteccións físicas (mesmo partes do corpo) e as abstractas.

Outras imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Santoral Condicións para entrar no santoralSantoral AvogacíasSantoral Véxase taménSantoralCalendarioCalendario romano xeralCanonizaciónCristianismoEpifaníaIgrexa católicaLiturxiaMártirPascua cristiáPentecosteRelixiónSantoXesús

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Democracia OurensanaLeymaXosefina de BeauharnaisMandiocaQandeel BalochSevillaHTML5Jesús Vázquez MartínezImperio RomanoThe WireLeedsChorimaQuim BarreirosLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingSalviaCarlismoSemana Santa de ViveiroCabana de BergantiñosRobert OppenheimerClase (bioloxía)ArzúaDeclaración BalfourA CoruñaGalileo GalileiLareiraIdade MediaLavandeira brancaDragon Ball ZDiáspora galegaMúsica das películas de Chano PiñeiroDeputación da CoruñaÁngel Pardo PuzoEsvásticaPorto da LúaGmailPartido políticoMarianneLSDEnciclopediaAníbal MalvarCarlos II de InglaterraMaría JamardoATrahamundaHoratio NelsonTeixugoCaptain Fantastic (filme)José Manuel LageUniversidade de Roma La SapienzaAraceli GestidoLionel MessiMarylandFestival de Bandas de música Meaño'92 (Fonoteca 92)Biblioteca Básica SalvatO IrixoAlfonso MolinaHenrique VIII de InglaterraHenrique DacostaIndependentismoMichelle ObamaO PortughésParroquias de GaliciaAngelina JolieAmancio López SeijasHard GZGuepardoEivisaLatitudeMacizo GalaicoDaniel de la TorreSegunda República EspañolaFonoteca 92CarcasonaFútbol americanoRamón Cabanillas🡆 More