Epifanía

A Epifanía (do grego ἐπιφάνεια que significa 'manifestación, fenómeno milagroso') é unha festa relixiosa cristiá segundo a cal Xesús toma unha presenza humana na terra, é dicir Xesús dáse a coñecer.

Epifanía
Epifanía en pedra na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño.

Características

Epifanía 
Epifanía (cara 1589), de Roland de Mois.

O termo Epifanía é utilizado, segundo Giacomo Cannobio, na Biblia dos Setenta ou para traducir o concepto de "gloria de Deus" que indica as pegadas do seu paso ou, máis simplemente a súa presenza.

No Novo Testamento, nas cartas paulinas tardías, refírese á entrada de Cristo no mundo, presentada como a do emperador que vén tomar posesión do seu reino (latín adventus, de aí o tempo de advento como preparación ao Nadal). A partir deste significado, o termo usouse en Oriente para indicar a manifestación de Cristo na carne e a continuación, a partir do século IX, para designar a festa da revelación de Xesús ao mundo pagán. Esta é a festa que se segue celebrando o día 6 de xaneiro.

Na narración da Biblia Xesús deuse a coñecer a diferentes persoas e en diferentes momentos, pero o mundo cristián celebra como epifanías tres eventos, a saber: a Epifanía ante os Reis Magos (tal e como se relata en Mateo 2, 1-12) e que é celebrada o día 6 de xaneiro de cada ano; a Epifanía a san Xoán Bautista no Xordán; e a Epifanía aos seus discípulos e comezo da súa vida pública co milagre en Caná no que inicia a súa actuación pública.

En realidade a festa de epifanía que máis se celebra é a que corresponde ao día 6 de xaneiro de cada ano na que os tres Reis Magos, segundo a tradición (nas traducións de Biblias protestantes, e xa actualmente nas últimas traducións das biblias católicas, elaboradas en colaboración ecuménica e interconfesional, menciónase o adxectivo sabios) denominados: Melchor, Gaspar e Baltasar que aparecen do Oriente para adorar a primeira manifestación de Xesús como neno ofrecendo tres agasallos simbólicos: ouro, incenso e mirra. En realidade, a Biblia non fala do número dos magos, ou sabios, nin tampouco dos seus nomes. Foi a tradición posterior a que identificou o seu número e nomes.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Epifanía CaracterísticasEpifanía Galería de imaxesEpifanía Véxase taménEpifaníaCristiáLingua gregaXesucristo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

LeninPablo EcheniqueAliança CatalanaTECOR societarioCarlos CasaresSusana FortesBreogánDaniel BasteiroBenito KamelasLola FloresFlora invasora de GaliciaLista de episodios de Shin ChanEstadio de TammelaParroquias de GaliciaJosé SaramagoCamilo Nogueira RománLista de castelos de PortugalJordi PujolEsencia de trementinaMaruxa Mallo2024VigoXosé Luís Méndez Ferrín1915Fermin MuguruzaFrancisco PazosPontedeumeAmaia Martínez GrisaleñaHorteláArceAC-211Wayback MachinePalauHenrique VIII de InglaterraLista de exónimos en galegoNacho CastañoCubaRepública Democrática do CongoJosé Luís Valladares FernándezConceyu BableGame Boy Advance SPCohesiónTransformador MeteoGaliciaMúsica tradicional galegaSénecaPedro SánchezParafusoOrdesAna RomaníPontellaO divino saineteAC-312Pablo MartinezAmancio OrtegaLeopoldo RubidoGalego-portuguésJuan Jacobo Durán LorigaLista de estacións de tren de GaliciaSílvia OrriolsAlexander VórticeXXX edición dos Premios GoyaPovoaçãoLingua portuguesaRosalía de CastroVerónica ForquéXabier DeiveSalgueiro MaiaUniversidade de Santiago de CompostelaVoleibolEduardo MendozaCuruxa común🡆 More