República Democrática De Acerbaixán

A República Democrática de Acerbaixán (en azarí: Azərbaycan Xalq Cümhuriyyəti) foi o primeiro intento exitoso de estabelecer unha república democrática e secular no mundo musulmán (anterior á República de Turquía).

A República Democrática de Acerbaixán foi fundada o 28 de maio de 1918, despois do colapso do Imperio Ruso, que comezou coa Revolución Rusa de 1917 polo Consello Nacional de Acerbaixán en Tiflis. Os seus límites foron estabelecidos con Rusia ó norte, a República Democrática de Xeorxia, no noroeste, e a República Democrática de Armenia, ao oeste, e Persia, no sur. Posuía unha poboación de 2 millóns de persoas. Ganja foi a capital provisional da República, Bakú estivo baixo control bolxevique ata 1919.

Modelo:Xeografía políticaRepública Democrática de Acerbaixán

HimnoAzərbaycan marşı Editar o valor em Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 40°30′N 47°34′L / 40.5, 47.5647°34′L / 40.5, 47.56
CapitalGəncə (1918–1918)
Bakú (1918–1920) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.862.000 (1920) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficialLingua azerí Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación28 de maio de 1918 Editar o valor em Wikidata
Disolución28 de abril de 1920 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porRepública Socialista Soviética de Acerbaixán Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentaria Editar o valor em Wikidata
MoedaManat acerbaixano Editar o valor em Wikidata

A independencia declarouse o 28 de maio de 1918 en Tiflis polo Consello Nacional Acerbaixano. A República só existiu 23 meses pois o 27 de abril de 1920, o XI Exército Vermello entrou en Bakú e a República Democrática de Acerbaixán caeu sendo proclamada a República Socialista Soviética de Acerbaixán.

Historia e características

Baixo a República Democrática de Acerbaixán, un sistema de goberno foi desenvolvido no que o Parlamento elixido en función de representación universal, libre e proporcional, foi o órgano supremo da autoridade do Estado e do Consello de Ministros responsables ante el. Fatal Khan Khoyski tornouse o seu primeiro ministro. Alén da maioría de Musavat, Ehrar, Ittihad, os musulmáns socialdemócratas, así como representantes dos armenios (21 dos 120 lugares ), rusos, polacos, minorías xudías e alemáns gañaron asentos no parlamento. Algúns membros apoiaban o panislamismo e ideas do panturquismo.

Entre as importantes obras do Parlamento están a extensión do sufraxio para as mulleres, facendo que Acerbaixán fose a primeira nación musulmá a conceder ás mulleres dereitos políticos iguais aos homes. Neste feito, Acerbaixán tamén precedeu ó Reino Unido e ós Estados Unidos. Outro fito importante da República Democrática de Acerbaixán foi a creación da Universidade Estatal de Bakú, que foi a primeira universidade de tipo moderno fundada en Acerbaixán.

Tendo estabelecido un goberno estable, a República Democrática de Acerbaixán decidiu ter unha postura máis neutral fronte a guerra civil rusa e en 16 de xuño de 1916 asinou un tratado de defensa colectiva con Xeorxia contra o Exército Branco do xeneral Anton Denikin, que á súa vez, asinara un pacto militar con Armenia; logo, Armenia, iniciou unha guerra contra a República Democrática de Acerbaixán, para conquistar a rexión de Karabakh. Porén, a derrota de Denikin contra o Exército Vermello impediu a realización do plan de Armenia de por fin á guerra contra a República Democrática de Acerbaixán, poucos días antes da intervención do Exército Vermello en Acerbaixán. Ademais, a República enfrontouse moi rapidamente coa ameaza dos socialistas rusos. Rusia decidiu ocupar o territorio de Acerbaixán que deixara á súa sorte despois da Revolución de 1917. Finalmente, o exército ruso achegouse á fronteira da República e desmobilización do exército acerbaixano e permitiu que as tropas rusas ameazasen o país. A República Democrática de Acerbaixán estaba nunha situación difícil. As forzas de Denikin, o Exército Branco estaba achegándose cada vez máis ás fronteiras e que non pode contar coa axuda de Irán, que non quería un país independente, rico en petróleo nas súas veciñanzas e do Exército británico comandado polo Xeneral Thomson é indiferente o destino do país.

O 28 de abril de 1918, a República Democrática de Acerbaixán foi ocupada polas forzas tsarista e perde a súa independencia. En 1920, o país é ocupado polo Exército Vermello e incorporado en 1922 a República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica no seo da Unión Soviética e en 1936 e tornouse unha República Socialista Soviética de Acerbaixán.

Mapas

Notas

Tags:

191828 de maioBakúBolxeviqueDemocraciaImperio RusoLaicismoLingua azaríPersiaRepúblicaRepública de TurquíaRevolución Rusa de 1917RusiaTiflis

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CurtisWiki CommonsPropagandaDiáspora galegaSusana PedreiraThe ArtistForzas armadasMasculino e feminino en galegoMacizo GalaicoLuandaHeptosaEnciclopediaOviedoAníbal MalvarA.C. MilanManuel MongeSilvia SuperstarRepública Social ItalianaFernão de MagalhãesO IrixoCabana de BergantiñosVincent van GoghLista de concellos de PontevedraNatalia JunqueraMarcos PereiroEsvásticaComunismoPolíticaLeymaMalariaFlorentino PérezStellantisXabier DeiveMarylandCSSChâmoa Gomes de PombeiroÁngel Concheiro CoelloÁngel Alvariño SaavedraRío UllaSindicalismoRapa (serie de televisión)Distritos de PortugalAnuroExaculaciónPadroádego de Protección da MullerO PortughésAlcóntarJSONBarcelonaÁreas lingüísticas do galegoPalas de ReiLondresPrimeira guerra mundialPerúMarçal MolinéXunta de GaliciaCarcasonaNacionalsocialismoPortela da CandaXapónCongresoCarlismoPocholo Martínez-BordiúFrei Basilio Río BrenllaEstado de emerxenciaLista de episodios de Sakura, cazadora de cartasVladimir PutinConcellos de GaliciaVilagarcía de ArousaBenito Vicetto🡆 More