Río Escalda

O río Escalda (en neerlandés Schelde, en francés Escaut, en alemán Schelde, en inglés Scheldt) é un río que nace en Francia, atravesa Bélxica e desemboca no mar do Norte, en territorio dos Países Baixos.

Escalda
Río Escalda
PaísRío Escalda Francia
Países Baixos Países Baixos
Bélxica Bélxica
Lonxitude350
Conca21.860
Caudal medio102 - 120
DesembocaduraMar do Norte
Río Escalda
O Escalda ao seu paso por Antuerpen

O río desempeñou un papel determinante no desenvolvemento político e económico da zona, no que hoxe é Flandres, Brabante e Hainaut.

Orixínase en Gouy, no departamento de Aisne, no norte de Francia. Diríxese cara ao noroeste e pasa polas cidades de Cambrai e Valenciennes; máis abaixo atravesa a fronteira con Bélxica e baña as cidades de Tournai e Gante. En Gante úneselle o río Lys, o seu principal afluente pola esquerda. Desde aquí diríxese cara ao leste. Preto de Antuerpen, a maior das cidades no seu curso, o Escalda diríxese cara ao oeste, penetra nos Países Baixos e finalmente desemboca no mar do Norte. Ten unha lonxitude de 355 km.

A súa desembocadura mariña ábrese nun amplo estuario de varios quilómetros de anchura, onde os seus depósitos sedimentarios deron orixe a unha riqueza ecolóxica pouco común.

O Escalda, polo seu escaso desnivel, é un río lento, de pouca potencia de fluxo. Por iso as mareas fanse sentir ata unha distancia de 160 km desde a súa desembocadura no mar. Son moi importantes os diques realizados en Zelandia (Países Baixos) para protexer as terras das inundacións das mareas e dos temporais.

Ao longo do seu curso e o dos seus principais afluentes construíronse uns 250 diques e esclusas, entre os que podemos citar a Scarpe, a Lys e a Sensée.

O río Escalda é navegable desde a cidade francesa de Cambrai e constitúe unha importante vía de navegación, sendo o porto de Antuerpen o segundo en importancia de Europa. Varias canles, incluído o canle Alberto, conectan o Escalda coas concas dos ríos Rin, Mosa e Sena, e coas áreas industriais de Bruxelas, Liexa, Lille e Mons.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

BélxicaFranciaMar do NortePaíses BaixosWikipedia:Cómpre referencia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Universidade de Santiago de CompostelaCobreEduardo de Almeida NavarroMario ObreroMaría PitaEleccións municipais de 2015 en GaliciaRebentaboisInternet Movie DatabaseRafael Hernanz AnguloEstrutura terciaria dos ácidos nucleicos1917José CoronadoPetínÁ lus do candilGuerra de CoreaPortadaAlexandra Fernández GómezLimoeiroRamón Otero PedrayoGrecia antigaLe MondeMaría MariñoBAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoEscherichia coliCaixa de HockettSantoalla, Santoalla do Monte, Petín26Diana AguavilDíptico dos Nicómaco e dos SímacoJules VerneOríxenesCLuísa MerelasSocioloxíaGloteXabier MaceirasFroila VermúdezTeatroPorscheFoliadaParísA Pobra do CaramiñalMaría VázquezXogos popularesHeorhiy NarbutTiburónsPortugalDigital object identifierMaría I de EscociaRoko (actriz)Illas Baleares5Arcos de ValdevezA CoruñaFestas MinervaisSeoAlfabeto galegoEstrutura terciaria das proteínasGmailEl Correo GallegoAbraham BobaBarbadosAna María Fernández MartínezLGoretti SanmartínFacultade de Ciencias da CoruñaDSayenEstrutura primaria das proteínasAmesM🡆 More