Psicoloxía Cognitiva

A psicoloxía cognitiva ou cognitivismo é a psicoloxía que se encarga do estudo da cognición; é dicir, dos procesos mentais implicados no coñecemento.

Ten como obxecto de estudo os mecanismos básicos e profundos polos que se elabora o coñecemento, dende a percepción, a memoria e a aprendizaxe, até a formación de conceptos e razoamento lóxico. Por cognitivo entendemos o acto de coñecemento, nas súas accións de almacenar, recuperar, recoñecer, comprender, organizar e usar a información recibida a través dos sentidos.

Psicoloxía Cognitiva
Psicoloxía.

Está situada dentro do que se denomina o hexágono cognitivo, formado pola interrelación entre neurociencia, intelixencia artificial, psicoloxía, lingüística, antropoloxía e filosofía. Recibe influencias de disciplinas e teorías afíns, como o tratamento da información, a intelixencia artificial, a ciencia da linguaxe e o enfoque holístico da Gestalt.

O interese da psicoloxía cognitiva é dobre. O primeiro interese é estudar como as persoas entenden o mundo no que viven e tamén se abordan as cuestións de como os seres humanos toman a información sensorial entrante e a transforman, sintetizan, elaboran, almacenan, recuperan e finalmente fan uso dela. O resultado de todo este procesamento activo da información é o coñecemento funcional no sentido de que a segunda vez que a persoa se atopa cun acontecemento da contorna igual ou semellante está máis segura do que pode ocorrer comparado coa primeira vez.

O segundo interese da psicoloxía cognitiva é como a cognición leva á conduta. Dende un enfoque motivacional, a cognición é un "trampolín á acción". Para os teóricos cognitivistas, a acción está principalmente en función dos pensamentos da persoa e non dalgún instinto, necesidade, pulsión ou estado de activación (arousal).

Notas

Tags:

AprendizaxeCogniciónCoñecementoMemoriaPsicoloxíaRazoamento

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Panteón Real da Catedral de SantiagoOs pronomes persoais galegosNanina SantosRoko (actriz)Ramón Vilas GonzálezA Ponte Maceira, Portor, NegreiraAntía OteroSerbiaU1985Ismael RamosAngkor WatGalaicosLeonarda de TalloAuto de feJusto González BallestaRetour à Séoul446Verónica Martínez DelgadoAndrea MaceirasCarrachaFacultade de Socioloxía da Universidade da CoruñaVogais da lingua galega1963Guadi GalegoSobreiraLedicia CostasRMS TitanicCasinoDiálogoMaioPortugalBodeng sarLamento da FrouseiraPremio Burnett Anderson MemorialJRebentaboisChairaSexoXogos OlímpicosHarvard University PressModo gramaticalXordaniaChus PatoXogo da chaveConsellería de Presidencia, Administracións Públicas e XustizaMarzo na cultura popular galegaAlemañaMuimenta, Carballeda de AviaCampo da RataAmieiroRosalía de CastroSubdivisións da IndiaChinche das camasRaposo comúnBirimbao (instrumento musical)María CanosaXosé Ramón Gómez BesteiroCañita BravaLeymaJuan Almeida de Sousa e SaaYouTubeDios ke te crewIslandiaBorja VereaLingua galegaEduardo Sanches MaragotoGalego-portuguésXabier DíazMaría I de Escocia79Estrutura secundaria das proteínasRastroDemocracia GalegaManuel Fraga🡆 More