1946-1974 Provincia Autónoma De Kosovo E Metohija

A Provincia Autónoma de Kosovo e Metohija (serbio, croata, serbocroata: Autonomna Pokrajina Kosovo i Metohija, serbio cirílico: Аутономна Покрајина Косово и Метохија) foi unha provincia autónoma da República Socialista de Serbia, (República Federal Socialista de Iugoslavia) entre 1946 e 1974, ano en que foi substituída pola denominación de Provincia Autónoma Socialista de Kosovo (1974-1990).

Modelo:Xeografía políticaProvincia Autónoma de Kosovo e Metohija

Localización
 42°40′37″N 21°10′05″L / 42.677, 21.16821°10′05″L / 42.677, 21.168

Historia

Durante o período de entreguerras, o nome de Kosovo asociouse cunha rexión específica, aínda que non existía como subdivisión política. O seu recoñecemento xurdiu despois do final da segunda guerra mundial e o establecemento do réxime comunista do Mariscal Tito.

A entidade de Kosovo existira como unha provincia otomá (Vilaiato de Kosovo). Parte do territorio da provincia otomá de Kosovo pasou a formar parte de Albania desde o Tratado de Londres de 1913.

En 1946, o que quedaba da provincia otomá dividiuse en partes, pasando unha delas para a nova República Socialista de Macedonia, mentres que outro fragmento pasou á República Socialista de Montenegro, tamén unha nova entidade, quedando a maior parte do seu territorio na República de Serbia, onde Kosovo estaba considerada como unha rexión histórica.

Kosovo converteuse oficialmente nunha provincia autónoma en 1963, aínda que o goberno comunista non permitiu o regreso de moitos dos refuxiados serbios. A Provincia Autónoma de Kosovo e Metohija foi recibindo cada vez máis autonomía para satisfacer á súa crecente poboación albanesa e, en 1974 se lle concedeu un goberno autónomo, pasando a denominarse Provincia Autónoma Socialista de Kosovo, dentro da República Socialista de Serbia, até 1990, en que volveu perder a autonomía, cando empezaron as guerras iugoslavas.

Tags:

CirílicoLingua croataLingua serbiaProvincia Autónoma Socialista de KosovoRepública Federal Socialista de IugoslaviaRepública Socialista de SerbiaSerbocroata

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

MontederramoBantengPessachSistema Internacional de UnidadesThe Eyes of the DragonLingua erzyaLinguas de EuropaAviónArco da vellaXoves SantoPadrendaShin ChanLuísa VillaltaArvicola amphibiusTom HanksFrank SinatraXunta de GaliciaBudapestIllas CookCarlito syrichtaProvincia de OurenseIsambard Kingdom BrunelMatrimonio entre persoas do mesmo sexoLista de reis de BabiloniaBadalonaCaso Asunta BasterraFlorencia PeñaMukhannathunEdward R. MurrowCosta da MorteCarmen Rodríguez DacostaDistritos de PortugalGalipediaSistema nervioso somáticoTranscrición xenéticaAntonio BanderasLepraLisboaLeicesterEucaliptoGerardo Pardo de VeraHibernia (personificación)GuepardoGrammy á carreira artísticaFrancisco Porto MellaSanta Lucía, CaribeVilamartín de ValdeorrasSan Martiño, FranciaRío LimiaMúsicaLingua inuktitutCélula naiTimothée ChalametBananaManuel JaboisCaralloAnimalParque nacionalARN mensaxeiroBalsa (árbore)LunfardoWilliams Grand Prix EngineeringMaría Jamardo1789Martin ScorseseForcareiCinema pornográficoApp Store (iOS)Ácido nervónicoArianna d'OttonePobo xudeuDon't ask, don't tellPosicións sexuaisXamaicaCervo virxinianoWorld Trade Center (1973–2001)🡆 More