Primeira Guerra Balcánica

A primeira guerra balcánica, tamén coñecida como primeira guerra dos Balcáns, foi un conflito militar que durou de outubro de 1912 a maio de 1913 e colocou a Liga Balcánica (Serbia, Montenegro, Grecia e Bulgaria) contra o Imperio Otomán.

As forzas combinadas dos Estados balcánicos conseguiron superar as forzas otomás, numericamente inferiores e en desvantaxe estratéxica, conseguindo unha rápida vitoria. Como resultado da guerra, case todos os territorios europeos do Imperio Otomán foron conquistados e divididos entre os aliados, e creouse un estado independente albanés, por presión de Austria-Hungría e de Italia. A pesar deste logro, as nacións balcánicas quedaron insatisfeitas co resultado da guerra, e as tensións internas que xurdiran coa retirada da ameaza otomá, que ata entón os unira, levounos á segunda guerra balcánica.

Primeira guerra balcánica
Primeira guerra dos Balcáns
Parte de a guerras balcánicas
Primeira Guerra Balcánica
Avanzada búlgara cara posicións turcas
Data 8 de outubro de 191230 de maio de 1913
(7 meses, 3 semanas e 1 día)
Lugar Península dos Balcáns e mar Exeo
Resultado Vitoria da Liga Balcánica
Cambios territoriais Tratado de Londres (1913):
Albania independízase, Turquía perde todos os seus territorios europeos salvo Constantinopla.
Belixerantes
Primeira Guerra Balcánica Imperio Otomán Liga Balcánica:
Líderes
Primeira Guerra Balcánica Nazim Pasha
Primeira Guerra BalcánicaEssad Bajá
Primeira Guerra Balcánica Ali Rizah Pasha
Primeira Guerra Balcánica Nicolao I
Primeira Guerra Balcánica Danilo Petrovic
Primeira Guerra Balcánica Radomir Putnik
Primeira Guerra Balcánica Petar Bojovic
Primeira Guerra BalcánicaStepa Stepanovic
Bulgaria Vladimir Vazov
Primeira Guerra Balcánica Constantino I
Primeira Guerra Balcánica Panagliotis Danglis
Primeira Guerra Balcánica Pavlos Kunturiotis
Forzas en combate
Primeira Guerra Balcánica
336.742 homes nun principio
Primeira Guerra Balcánica 44.500
Primeira Guerra Balcánica 230.000
Bulgaria 350.000
Primeira Guerra Balcánica 125.000
Total:749.500

Antecedentes

As tensións entre os estados balcánicos sobre as súas aspiracións ás provincias da Rumelia ocupadas polos otománs, como a Rumelia Oriental, Tracia e Macedonia, foron interrompidas pola intervención das grandes potencias nos Balcáns a mediados do século XIX, que querían garantir a protección das maiorías cristiás da rexión e o mantemento do statu quo. En 1867, Grecia, Serbia e Montenegro xa aseguraran as súas independencias, confirmadas polo Tratado de Berlín unha década máis tarde. Mais a cuestión da viabilidade do dominio otomán reaparecería coa Revolución dos Mozos Turcos en xullo de 1908, que obrigou ao sultán Abd-ul-Hamid II a restaurar a suspensa Constitución otomá.

As aspiracións serbias sobre o territorio da Bosnia-Hercegovina foron derrubadas por Austria-Hungría, que anexionou formalmente a provincia en outubro de 1908, polo que os serbios volveron a súa atención cara Kosovo, que consideraban un territorio histórico serbio, e para unha posíbel expansión cara ao sur.

Oficiais gregos, que se levantaran contra o goberno en agosto de 1909, aseguraran un goberno progresista liderado por Eleftherios Venizelos que, segundo esperaban, conseguiría resolver a cuestión da illa de Creta ao seu favor e vingar a derrota na guerra greco-turca de 1897.

Bulgaria, que gañou a súa independencia do Imperio Otomán en abril de 1909 e tiña a amizade do Imperio Ruso, tamén cobizaba territorios otománs na Tracia e na Macedonia, para garantir s súa expansión.

En marzo de 1910, estalou unha insurrección albanesa no Kosovo, e en agosto do mesmo ano Montenegro seguiu o precedente de Bulgaria e tornouse monarquía.

En 1911, Italia iniciou a invasión da Tripolitania, no norte da África, á cal seguiu a ocupación das illas do Dodecaneso. As decisivas vitorias militares italianas sobre o Imperio Otomán influenciaron aos Estados balcánicos a preparar unha guerra contra os otománs. Con ese fin, ocorreran diversos encontros entre os representantes das nacións balcánicas durante a primavera de 1912, que acadaron unha rede de alianzas militares que se converterían na coñecida como a Liga Balcánica.

As grandes potencias, sobre todo Francia e Austria-Hungría, reaccionaron a estas reunións diplomáticas tentando disuadir á Liga de provocar a guerra, mais fracasaron. Cara ao final de setembro, tanto os Estados da Liga coma o Imperio Otomán mobilizaron os seus exércitos. Montenegro foi o primeiro país en declarar a guerra ao Imperio, o 25 de setembro. Os outros tres membros da alianza enviaron un ultimato ao Imperio Otomán o 13 de outubro, e declaráronlle a guerra o día 17 do mesmo mes.

Planos de batalla

Os catro aliados non planearan un plano xeral de batalla, e non fixeron ningún esforzo para coordinar as súas forzas. Polo contrario, a guerra acabaría por ser conducida por cada estado individualmente, e sendo así, pode separarse en catro frontes de batalla xeograficamente definidas. Os Búlgaros enfrontáronse á maior parte das forzas otomás, que protexían as rutas cara Constantinopla, especialmente na Tracia e na Macedonia. Serbios e montenegrinos actuaron en Kosovo, en Sandjak, no norte da Macedonia e na rexión que viría a formar Albania. Os gregos concentraron os seus esforzos de guerra no sur da Macedonia e na zona de Salónica.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Erickson, Edward J. (2003). Defeat in Detail: The Ottoman Army in the Balkans, 1912-1913 (en inglés). Santa Barbara, CA: Praeger. ISBN 9780275978884. 

Outros artigos

Tags:

Primeira Guerra Balcánica AntecedentesPrimeira Guerra Balcánica Planos de batallaPrimeira Guerra Balcánica NotasPrimeira Guerra Balcánica Véxase taménPrimeira Guerra Balcánica19121913AlbaniaAustria-HungríaGuerraImperio OtománItaliaLiga BalcánicaMaioOutubroReino de GreciaReino de MontenegroReino de SerbiaSegunda guerra balcánica

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

VigoLingua galegaJosé Luis Iglesias LagoPedrafita do CebreiroBatalla de Medina de RiosecoAngkor WatReconquista de VigoCanle (comunicación)LeedsChorimaSexoAda NegriAndorraChile (pemento)LareiraMaría PitaSikhGoogleMarcos PereiroMasturbación coas mamasNacionalismo galegoISBNOleirosFernando AlonsoAustraliaWayback MachineDragon Ball ZSoberaníaLibertarioCloroformoLingua casteláJackie ChanPropagandaJorge C. AlonsoIndependenciaArenqueGustave MoreauBenito KamelasOcéanoCantiga de amigoRosalía (cantante)Oppenheimer (filme)BetanzosEurocopa de FútbolRobin WilliamsSaturnoAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoNewcastle upon TyneSão PauloAmancio López SeijasSanta CompañaAs NevesDavid BroncanoSergio DalmaTeixugoTarazonaVilaoudriz, A PontenovaGran Premio do Reino Unido de 2017Casa de BonaparteAtlético de RiveiraA VeigaPaz Lamela VilariñoImperialismoA Trabe, San Román de Montoxo, CedeiraLímite matemáticoPalas de ReiRaxáLudwig van BeethovenGrupo NósRonaldinhoComunismoPaspallásMaría JamardoSegunda República EspañolaBlottingGran Depresión🡆 More